Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 24 de setembro de 2010





Todo segue igual , nada é diferente...

FLCL (フリクリ Furi Kuri) é un anime de seis episodios/OVAs do ano 2000 que analizo aquí.Creo que probábelmente sexa do mellor que levo visto, non hai que velo fixándose só no evidente, senón que ten múltiples metáforas e interpretacións posíbeis .Vamos co argumento

ARGUMENTO
Basicamente Furi Kuri é un anime que conta a historia que lle acontece a Naota, un rapaz que un día é atropelado por un muller que vai nunha moto similar a unha vespa .A raíz do atropelo saélle un croque na fronte, e ata ahí conto, logo segue a historia ao longo de seis frenéticos capítulos nos que fundiron o presuposto dun anime duns 16 caps, así que xa se pode imaxinar.
A parte do que é a historia xeral, a definición de Furi Kuri para facerse unha idea é WTF!?, isto é intentar comprender porque pasan algunhas cousas en determinados momentos é utópico, aínda que iso no né malo, ten centos de escenas brilantes que en realidade están vacías de contido, paradoxicamente.Tamén hai que dicir que en conxunto é un xigantesca metáfora do paso de ser un neno a ser un adulto , con tódalas cousas que iso conleva.
Son seis episodios, non se pode esperar un desenvolvemento da trama extensísimo, pero iso non quere dicir que se quede vacía ou inacabada, pola contra séntese bastante finalizada ao rematar os seis episodios a pesar de ser un final no que se resolve o conflicto principal pero non se ve como continúa a vida dos personaxes, recurso moi común no mundo do anime.


PERSONAXES
Aquí comento un pouco os tres personaxes máis importantes segundo a miña opinión, aínda que cómpre salientar que hai moitos máis o que pasa é que non inflúen demasiado.
Naota: o protagonista masculino. É un rapaz que a pesar de que xa vai comezar o Istituto aínda é un neno e actúa como tal por momentos, ignorando asuntos coma o amor .A súa personalidade é bastante seria, intentado actuar do xeito máis responsábel posíbel áinda que no fondo segue sendo u neno.
Mamimi: é unha rapaza de 17 anos ex-moza do irmán de Naota e que sempre se pon moi cariñosa con este último xa que lle recorda ao seu ex-mozo. É unha estudante universitaria despreocupada que aínda non madurou o suficiente .Fuma cigarros nos que sempre escribe a frase"nunca coñeces o mellor".
Haruko: di ser unha rapaza de 19 anos que acaba de chegar á cidade.É a que atropela a Naota coa súa vespa amarela .A súa personalidade é moi extrvertida e sempre fai tolerías.Leva unha guitarra que pode usar cmoo arma.É unha personaxe que ao principio é moi misteriosa e que a medida que descubrimos quen é realmente cecáis levemos unha sorpresa.




ANIMACIÓN e BSO
Sobresaínte, sublime, e iso que fai xa dez anos da estres deste anime.A nivel cinematográfico .
A min recordoume en certo modo á película "The girl who leapt throught time".Ademáis, no nusa só o estilo HD, senón que usa estilos innovadores tipo contar algunhas esceas con viñetas de manga pero con voces dos seiyuus ou animación estilo series coma South Park ou calquera cartoon americano por momentos, o que lle da unha variedade que a fai seimplemente espectacultar.
Non se pode dicir menos da BSO, pétaaa e moito, está chea de temas rock dun grupo que se fixo famoso a raíz disto chamado The Pillows.Aquí un exemplo en forma de AMV.

CONCLUSIÓN
Aínda que penses que en seis caps non da tempo a facer unha historia, aquí rebátese iso , é máis, cecáis máis caps sería demasiado. Ten unsublime nivel de animación e BSO, que máis queres que che diga para vela?E iso que é do ano 2000....Vamos, que eu recoméndoa


Nota: 8.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //