Newest Post
Hoxe falaremos dun mana shonen de romance e comedia, cunha duración de 85 capítulos e que ten un anime homónimo de 13 episodios. Foi pubricado na revista Shonen Sunday e foi creado por Kazoru Inoue.
Neste manga cóntase a historia de certo yankee(recordo que en xapón un yankee no se refire só a unha persoa dos Estados Unidos, senón a un delincuente co pelo loiro(tinguido) e con actitude pasota ) que é o rei da escola, ten tanto poder no seu brazo dereito que é capaz de derrotar a "hordas" de inimigos sen apenas esforzo. o que poucos sospeitan é que ese rapaz desexaría nonter unha apriencia que impuxese tanto respeito e ser tan poderoso , dado que isto dificulta moito que poida conseguir unha moza. Ao comezo do manga , dsepois da súa enésima confesión fallida, está moi deprimido e quere buscar unha maneira de cambiar a súa personalidade.
Por outra banda está certa rapaza calada e tremendamente tímida, que está namorada secretamente do yankee pero que nunca se atreve a falar con el. Sempre está ao asexo pero nunca consegue achegarse pra falar con el.
Os destinos dos dous entrelázanse cando o yankee desperta un día coa súa man dereita substituída polo corpo da rapaza namorada del en miniatura, provocando un enorme shock pra ambos.
Así, comeza unha historia chea de tribulacións na que teñen que atopar modos de que o seu segredo non se descobra mentres non atopan unha solución ao problema.
O manga está ben e déixase ler. A pesar de que a súa arte non me acabou de convencer(non digo que sexa mala, simplemente non me gustou o seu estilo) ten un argumento innnovador en premiso(aínda que non tanto en execución) e creo que é unha obra recomendábel.
Nota: 7
- Back to Home »
- comedia , Manga , Midori no Hibi , Nota entre 7 e 8 , romance , shonen »
- Recomendación: Midori no Hibi
Hai moitos anos vin o anime, e a verdade é que me encantou.
ResponderEliminarA miña escena favorita é esta : http://www.youtube.com/watch?v=ZGHO79cBhvM
O manga remata de maneira distinta ao anime? porque o final deste último non me gustou nada. Recoméndasme lelo? Son de moi pouco ler.
Si, o manga remata de maneira bastante diferente(mellor na miña opinión) así que creo que é mellor ler o manga que o anime, dado que ademáis o manga é relativamente curto en comparación con outros.
Eliminar