Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 3 de xuño de 2012
Kami korosu!-Apaleareite ata a morte
Se teño que observar morrer aos meus compañeiros diante dos meus ollos...Non podería soportalo, sen importar cantas veces tivese que morrer.
Gustaríame que vivises co pensamento de que é xenial estar vivo
Somos xefes da mafia. Non podemos discriminar a ninguén pola apariencia, o que importa é o que hai dentro.
Hoxe , levántome pra facer despois unha reverencia porque este anime meréceo.
Ocúpanos un shonen que leva xa bastante tempo de publicación na jump e que incluso lle chegou a facer pé a Naruto , One Piece ou Bleach por momentos e que na miña opinión é de gran calidade. Imos!
ARGUMENTO
Antes de comezar a falar de que vai, un consello: comezade a ver o animexusto despois da saga do diario vivir. Ou vede o primeiro capítulo do anime e despois vede todo despois desa primeira saga. Por que? Bueno, na miña opinión o primeiro arco argumental non lle fai ningún ben á trama e apenas aporta contido argumental válido , parece máis recheo que outra cousa, pra que nos entendamos.O curioso é que no manga a historia tamén foi así, este manga evolucionaou dun gag manga sen demasiadas pretensións a un shonen de batallas con toques de comedia. Pero non nos extendamos máis, de que vai?
É un historia de mafiosos. Pero non estamos a falar da típica historia de xente despiadada, de sangue a raudais e de minis que se meten por estreitas rúas na bela Italia. Non XD .
A historia comeza cando un pequeno personaxe de apariencia infantil chamado Reborn aparece na vida de Tsuna(A quen apodan No good Tsuna(Dame Tsuna en xaponés)) pra ser o seu tutor e que mellores tanto as súas notas como a súa actitude en xeral. Así, ao comezo a historia poderíase describir como "gag", sen demsaida carga argumental . A trama é basicamente un slice of life cómico, pero logo evoluciona cando Tsuna ten que afrontar diferentes desafíos cando Rebonr lle comunica que é o elexido pra ser o próximo xefe dunha familia mafiosa italiana.
O anime ten varios arcos argumentais:
-Arco do diario vivir(Capíutlos 1-33,66-73)
Este é o arco co que comeza a historia, onde se nos presenta a tódolos personaxes e realmente non pasan demasiadas cousas interesantes. Así, case tódolos capítulos teñen a mesma estrutura: hai un problema, ninguén pode resolvelo, Reborn dispáralle a Tsuna coa bala da última vontade(bala que non ten mata se te arrepintes de algo antes de morrer) polo que Tsuna consegue ser moito máis forte , rápido e ter unha chama na cabeza, o que fai que saia airoso da situación en cuestión.Ao final do arco hai unha batalla contra Mukuro onde Tsuna usa os seus poderes seriamente por primeira vez
Aquí comeza o interesante. Móntase unha guerra polo control do seno dos Vongola entre os Varia(esquadrón de asasinato dos Vongola) e o equipo de Tsuna. Así, xóganse os aneis, certos ítems que teñen poderes extraordinarios polo que podemos ver batallas bastante molonas neste arco.
De socato, Tsuna atópase nunha caixa funeraria nun lugar que non coñece. A súa sorpresa é maíuscula cando ve a Gokudera, un dos seus subordinados, con pinta de ter moitos máis anos ca el. Este explícalle que se atopa no futuro e que o Tsuna do futuro morreu e mandou destruír os aneis Vongola antes de facelo. Por culpa diso , continúa Gokudera, os Vongola están a ter moitas dificultades pra loitar contra o tirano Biakuyan e os subordinados deste, moi poderosos.
Así,pouco a pouco tódolos amigos de Tsuna rematan no futuro e teñen que entrenarse moi duro pra conseguir ser o suficientemente poderosos pra salvar o mund ode Biakuyan.
Este arco é moito mellor que o anterior, hai moitas novas técnicas e os efectos especiais están ben feitos.
Pasan varias cousas interesantes: Tsuna convírtese oficialmente no sucesor dos Vongola(pasa unha ceremonia de suesión) e descubrimos un novo ítem usado nas batallas mafiosas: a caixa. Dita caixa ábrese co anel e normalmente contén un animal, que pode transformarse en diversas armas a petición do usuario.
Arco de recheo no que aparecen tódolos Arcobaleno e n oque loitan eles contra Tsuna compaña. Pasábel.
Continúa a batalla co malvado, esta vez a través dunha especia de torneo n oque se Biakuyan galña Yuni seráselle entregada(Yuni é unha arcobaleno, aínda que non ten corpo de bebé, i é chave pra que Biakuyan conquiste o mundo). Tsuna e compaña perden a batalla pero non entregan a Yuni, así que todo decídese nunha confrontación final no arco seguinte
Isto é case coma un recheo, onde o resto de membros da familia de Tsuna son postos a proba polo familia de Vongola primo pra saber se son dignos de pertencer á mafia.
Este arco é realtivamente curto xa que técnicamente é o mesmo que o arco do futuro , é a batalla final onde Tsuna derrota ao malvado e volve ao seu mundo
Primeiro ven un arco no que Tsuna decide finalmente non aceptar a súa obrigación de ser xefe dos Vongola, pero na ceremonia aparece unha familia rival que ten aneis de terra e paliza a Tuna & Company. Evidentemente ao final Tsuna gaña , pero grazas a que descobre como poder fusionar aneis.
Tamén é importante salientar que se enfrentan a Daemon Spade, un membro da primeira xeración dos Vongola.
Logo ven o arco no que está agora, o da batalla do arcoiris. Nesa batalla os arcobalenos e os seus represetnates loitan , o que gañe será liberado da maldición. Sen embargo, todo é un plan malvado dunha terceira persoa pra destruílos. Moitos secretos revelados neste arco.
PERSONAXES
Hai un número importante de personaxes, así que só falarei dalgúns:-Tsuna: protagonista ha historia. Ao comezo é un "malo pra todo ou bo pra nada " (dame Tsuna) pero a medida que avanza a historia vólvese máis responsábel e confiábel, aínda que as súas notas escolares seguen sendo igual de malas.
Ten un carácter bastante risoño e non ten demasiadas capacidades de liderazgo pero sempre da arranaxado as cousas. É bastante cagainas.
-Reborn: o tutor de Tsuna. É un arcobaleno, polo que ten a apariencia dun bebé con traxe .
usa un camaleón que podo transformarse en calquera cousa como arma e ten excelentes habilidades nos tiroteos.
Ten unha actitude que se move entre o despreocupado e o serio por momentos.
-Gokudera: membro da mafia de Tsuna , que quere ser a súa man dereita. Especialízase no manexo de explosivos i é moi cabezón.
-Yamamoto: rapaz que excede nos deportes da clase de Tsuna que é membro da mafia. Usa unha katana como arma e ataques con auga. Ten unha actidude moi despreocupada.
-Riohei: definido pola frase EXTREMO! , este persoaxe é un dos últimos membros en incorporarse á mafia de Tsuna. É un boxeador e pode usar diferentes técnicas relacionadas con boxeo. Sempre está alegre.
-Kyoko: irmá de Riohei e amor platónico de Tsuna, aínda que esta non o sabe. Axúdao en todo o que pode.
-Haru: está namorada de Tsuna e intenta facer todo o que pode pra satisfacelo, polo que compite con Kyoko constantemente. Tsuna pasa dela XD.
-Rokudo Mukurou : ao comezo un vilán da serie, logo un membro da mafia de Tsuna. Pode facer ilusións e ten unha habilidade que lle permite usar diferentes tipos de poderes. Persoa moi reservada e fría que soa axuda cando a el lle convén.
-Chrome: Rapaza sen órganos que vive grazas a que Rokudo substituiu os seus órganos por ilusións. É membra da mafia de Tsuna, tendo habilidades similares ás de Rokudo Mukuro.
ANIMACIÓN E BSO
No primeiro arco non se aprecia o boa que pode chegar a ser a animación, que creo que acada o seu punto álxido coa batalla final, onde os modelados dos personaxes e as explosións vense como deberían. Aquí poño un par de vídeos que creo que captura bastante ben o que é a esencia da animación do show:Respeito da banda sonora ten temas moi bos, especialmente un que é unha versión da canción de Rocky .Aquí poño os meus dous temas favoritos:
CONCLUSIÓN
Non daba moito por este anime.....pero o certo é que me enganchou e vinme os seus aprox. 200 capítulos e continúo o manga. Gran shonen de batallas que se alonxa da estrutura típica dos actuais Naruto ou One Piece. Recomendadísimo!
Nota: 9
No primeiro dos dous arcos, aparece nuha nova familia, liderada por un tal Simon, é que teñen poderes relacionados co Terra. Así, Tsuna e compaña teñen batallas moi compricadas pero que conseguen gañar grazas á fusión de aneis.
Un detalle interesante deste arco é que hai unha batalla contra Daemon Spade, membro dos Vongola da primeira xeración.
O seguinte arco, no que se atopan actualmente , é o da batalla do arcoiris, batalla na que cada arcobaleno elixe a unun equipo de represetantes e pelexan pra que amaldición lles sexa quitada. Así, Hai moitas batallas interesantes e descóbrense datos sobre os arcobaleno: a maldición foi un engano de certo persoaxe a quen non se coñece. Ese personaxe quere acabar cos arcobaleno gañe quen gañe a batalla, tal como lle indica Vermuda, un novo arcobaleno que é máis vello que o resto xuntos e que ten como equipo aos Vindice(quen ten conta de que cumpran as leis da mafia) a Reborn e a Tsuna. Pinta moii interesante
- Back to Home »
- Anime , comedia , Katekyo Hitman Reborn , mafia , Nota entre 9 e 10 , shonen »
- CRiTiCa ANiMe: Katekyo Hitman Reborn