Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta Sora no Otoshimono. Amosar todas as publicacións


#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos de Sora no otoshimono, manga que acaba de rematar e do que xa reseñei as dúas tempadas de anime(E non recordo se tamén a peli que saíra XD) no seu momento . Agora que é cando alguén, con certo criterio, di: pero esa non era a serie onde só había unhas tipas con tetas do copón, sen argumento nin nada? Resposta: o anime era así  en certo modo, hai máis cousas. no manga. O manga poderíamos dicir que basicamente é un gag-manga , un manga de humor, con momentos esporádicos de drama e acción(Que están moi ben pero hai que ser realistas: non é algo que pase en tódolos capítulos).  Así, de que ía este manga?


Sora no Otoshimono conta a historia de como Sakurai Tomoki , un rapaz moi pervertido coñece a un "anxo" que cae do ceo un día. Resulta ser unha rapaza chamada Ikaros, que ten poder para destruir o mundo pero que parece ser unha rapaza normal no fondo. 
Despois chegan máis "angeloids", o termo correcto para designar a esas criaturas, e descóbrense máis datos sobre de onde veñen, quen son en realidade, etc.

A ver o argumento non parece tremendo nunha primeira lectura pero a medida que avanza a historia a cousa gaña moito ata rematar cun final moi bo.
Os gags de Sora no Otoshimono son épicos na súa maioría, hai poucas series de manga que me fixesen rir tanto coma esta, o seu humor absurdo realmente é moi bo. Pero falemos do argumento máis en profundidade, aquí é onde haberá SPOILERS, así que con ollo XD:

Para que nos entendamos, os angeloids viven nun mundo que está nas nubes chamado Synapse. Nese mundo tódalas angeloids(teoricamente hai angeloids masculinos XD ) viven como escravas dun angeloid xefe ao que chaman mestre, que ten como obxectivo destruír ás angeloids rebeldes que escaparon do seu control e foron á terra.
Ao final da historia descóbrese que os angeloids foron os que crearon á Terra e ao humanos para o seu propio entretemento dado que eles perderan toda ilusión por vivir despois da construción dunha máquina que facía realidade calquera desexo.
Hai detalles da historia que cecáis non quedan moi claros ao final da mesma: véxase o tema de Sohara. A gran revelación do final do manga di que Sohara levaba morta moito tempo, dende que ela e Tomoki eran nenos. Logo disto descóbrese que a Sohara da Terra non é máis que unha copia da verdadeira Sohara, que resulta ser unha "angeloid" que vive en Synapse . Dita angeloid foi a que inventou a máquina dos deseños e dito feito é clave. Á fin non me quedou moi claro como é posíbel que Tomoki elexise vivir coa Sohara copia e coa de verdade, pero bueno XD.

Ata aquí o post. O manga gustoume moito a verdade, grandes momentos de comedia con boas esceas de acción e drama esporádicas. Sobresaínte.



Nota: 9.0

Recomendación: Sora no otoshimono

sábado, 22 de febreiro de 2014
Posted by OGSN

Hoxe falarase da tan comentada película de Sora no Otoshimino, Tokejikake, que vin recentemente. Algo é claro: é moi ao estilo do anime, tanto é así que máis da metade da película é amplamente ingnorábel dado qeu se dedica a contar cousas que xa pasaron no anime mediante a repetición de secuencias, un recurso que parece demasiado gratuito. Pero bueno, o interesante ben na segunda metade da película, onde se fala do arco de Hiyori(pra @s lectores do manga un dos mellores) , arco no que se fala de certa rapaz granxeira que resulta ser unha angeloid na Terra, ainda que non sabe realmente o que é. Sen embargo, diversos sucesos fan que a Hiyori da Terra morra e a orixinal de Synapse baixe á Terra a atacar a tódalas angeloids. A batalla está bastante ben animada(de feito non pasa así no manga XD ) e as explosións e ataques son bastante interesantes.
Sen embargo, a conclusión é algo cutre dado que á fin Tomoki convéncea e desperta a Hiyori do seu trance, sen ter lugar un super enfrontamento ou algo XD.
Remata dun xeito notábelmente diferente que o do manga, o cal é unha pena despois dos momentos melodramáticos(incrible XD ) cando todos esquecen a existencia de Hiyori agás Tomoki. Pero bueno. é un final digno.
Sen dúbida, as mellores cousas da peli son a batalla contra Hiyori e sobre todo a escea que da comezo á peli, un dos maiores WTF!? que levo visto. Basicamente é un enfrontamneto dunha Sohara xigante contra un polo xigante. Épico XD

Máis información en : http://angryanimebitches.com/2012/03/sora-no-otoshimono-tokeijikake-no-angeloid-movie-review/

Nota: 7.5



Sora no Otoshimono Tokeijikake Movie

luns, 2 de abril de 2012
Posted by OGSN
Acabou a primeira temporada de Sora no Otoshimono, así que toca facer balance. Teño que dicir que foi un anime que me sorprendeu e non pensei que acadaría o nivel de calidade que acadou nos capítulos finais. A historia pode parecer simple, máis non é así para nada: trátase dun rapaz, Tomo, que coñece a un "angeloid" que cae do ceo, Ikaros, que lle di que está na terra para satisfacer tódolos seus desexos. Isto enche a Tomo de ledicia. Poderíase pensar que a serie transcorre sobre isto pero a realidade é outra: o angeloid, chamado Ikaros, é en realidade un arma de destrución masiva coñecida como a reina de Urano, polo que podería destruír a Terra se quixese. Así, anque ao comezo da serie se abusa do fanservice, con argumentos bastante absurdos coma a migración dos pantis de tódalas rapazas da escola de Tomo, logo evoluciona e céntrase máis en quen é Ikaros, cómo chegou a Terra, que són os angeloid , que é o novo mundo, e preguntas do estilo. A serie non só se centra nesas dúas figuras, tamén están Sohara, amiga da infancia de Tomo, quen ten un golpe de kárate mortal, o Sempai da escola, que abre tódolos capítulos da serie facendo algúnha mención histórica a época na que se descubriu o novo mundo( isto débese a que coa chegada de Ikaros, o sempai pensa que ela ven dun novo mundo e quere averiguar onde se atopa), Mikako, a filla dunha familia de mafiosos xaponeses e presidenta do consello estudiantil e Nimph, outro angeloid. Así, a serie transcorre entre situacións absurdas e outras serias, mostrando os sentimentos de Nimph e Alpha , quen realmente queren a Tomo. Este quere que se comporten dun xeito máis humán, cousa que moitas veces non fan, o que provoca bastantes situacións cómicas.
Por outra banda, a animación está moi coidada, os detalles están moi ben debuxados, mellor ca no manga incluso, búscase facer dos angeloid mulleres fermosas utópicas, segundo a miña opinión. Sen embargo, na serie podemos distinguir dous tipos de animación: a normal( a anterior) e a cómica, na cal o personaxe en cuestión se debuxa nun tamaño reducido, cos rasgos apenas marcados e cun ton de voz diferente, o que a min polo menos me resulta bastante gracioso. Os personaxes a verdade é que hai dous bandos diferenciados, os que lle dedican máis protagonismo e os que menos, sendo os que máis os mencionados anteriormente e os que menos unha longa lista de personaxes secundarios.
O argumento é para min o mellor do anime, xa que unha combinación moi boa de situacións absurdas, batallas e momentos serios, facendo pasar a esta serie dun simple entretemento ecchi a unha boa serie. Certo é que as batallas son moi poucas, pero están moi ben animadas. Ademáis, o tema dos angeloids, Synapse e os maestros paréceme bastante interesante. Dentro do argumento, tamén se prantea unha situación de amor non correspondido por parte de Ikaros e Nimph cara Tomo, e unha relación de amor-odio entre este e Sohara.
A banda sonora é boa, pero non é boísima, creo que podería ter mellorado bastante, aínda que algúns temas épicos son realmente bos.
Agora vou contar un pouco polo miúdo a historia, así que se non queres ler o que ven agora e pasar á conclusión estás no teu dereito.
A historia comeza, como xa dixen , cando Ikaros chega. Convértese co paso dos capítulos, xunto con Nimph, quen chega despois para traer de volta a Ikaros, en amigas de tódolos membros do grupo e comezan a ter un comportamento máis humano. Nimph tiña algo de ventaxa, xa que Ikaros tiña unha protección sobre as súas emocións, cando Nimph a Hackea, Ikaros é libre de chorar por primeira vez desde que veu á terra. Así van pasando os capítulos ata que chega o feito culminante, a chegada de dous angeloids Ganma para levar de volta a Ikaros. Enganan a Nimph e arríncanlle as ás, pero Ikaros aparece e derrótaas. Neste momento Ikaros descúbrelle a Tomo que ela é un arma, pero a Tomo non lle importa. Tamén conseguen cortar a cadea de Nimph(Ikaros tamén ten unha) , cortando así o seu vínculo co seu malvado maestro.
CONCLUSIÓN: é unha serie que me sorprendeu, nunca pensei que puidese ter un argumento tan profundo e que das tres series que vin esta temporada de outono é a mellor. Doulle un 8 a esta primeira temporada.

Nota: 8

CRiTiCa AniMe: Sora no Otoshimono

mércores, 30 de decembro de 2009
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //