Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 22 de febreiro de 2014


#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos de Sora no otoshimono, manga que acaba de rematar e do que xa reseñei as dúas tempadas de anime(E non recordo se tamén a peli que saíra XD) no seu momento . Agora que é cando alguén, con certo criterio, di: pero esa non era a serie onde só había unhas tipas con tetas do copón, sen argumento nin nada? Resposta: o anime era así  en certo modo, hai máis cousas. no manga. O manga poderíamos dicir que basicamente é un gag-manga , un manga de humor, con momentos esporádicos de drama e acción(Que están moi ben pero hai que ser realistas: non é algo que pase en tódolos capítulos).  Así, de que ía este manga?


Sora no Otoshimono conta a historia de como Sakurai Tomoki , un rapaz moi pervertido coñece a un "anxo" que cae do ceo un día. Resulta ser unha rapaza chamada Ikaros, que ten poder para destruir o mundo pero que parece ser unha rapaza normal no fondo. 
Despois chegan máis "angeloids", o termo correcto para designar a esas criaturas, e descóbrense máis datos sobre de onde veñen, quen son en realidade, etc.

A ver o argumento non parece tremendo nunha primeira lectura pero a medida que avanza a historia a cousa gaña moito ata rematar cun final moi bo.
Os gags de Sora no Otoshimono son épicos na súa maioría, hai poucas series de manga que me fixesen rir tanto coma esta, o seu humor absurdo realmente é moi bo. Pero falemos do argumento máis en profundidade, aquí é onde haberá SPOILERS, así que con ollo XD:

Para que nos entendamos, os angeloids viven nun mundo que está nas nubes chamado Synapse. Nese mundo tódalas angeloids(teoricamente hai angeloids masculinos XD ) viven como escravas dun angeloid xefe ao que chaman mestre, que ten como obxectivo destruír ás angeloids rebeldes que escaparon do seu control e foron á terra.
Ao final da historia descóbrese que os angeloids foron os que crearon á Terra e ao humanos para o seu propio entretemento dado que eles perderan toda ilusión por vivir despois da construción dunha máquina que facía realidade calquera desexo.
Hai detalles da historia que cecáis non quedan moi claros ao final da mesma: véxase o tema de Sohara. A gran revelación do final do manga di que Sohara levaba morta moito tempo, dende que ela e Tomoki eran nenos. Logo disto descóbrese que a Sohara da Terra non é máis que unha copia da verdadeira Sohara, que resulta ser unha "angeloid" que vive en Synapse . Dita angeloid foi a que inventou a máquina dos deseños e dito feito é clave. Á fin non me quedou moi claro como é posíbel que Tomoki elexise vivir coa Sohara copia e coa de verdade, pero bueno XD.

Ata aquí o post. O manga gustoume moito a verdade, grandes momentos de comedia con boas esceas de acción e drama esporádicas. Sobresaínte.



Nota: 9.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © 2025 OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //