Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 2 de marzo de 2014
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos de Buyuden, un manga de Boxeo relativamente curto que rematei recentemente. Estamos a falar de algo do xénero shonen, onde para ser honestos non é que houbese moitas pelexas XD, pero iso xa o comento despois do argumento, así que imos alí co meso:
Take Isamu é un estudante de 6º de primaria nunha escola Xaponesa quen é bo en basicamente todo: estudos, capacidade atlética e beleza. Así, chega un punto que necesita un desafío, algo que o motive e que o saque da súa "alucinancia". Esta razón é proporcionada por unha rapaza da mesma idade chamada Moka, quen é unha boxeadora e convence a Take para que entrene no ximnasio con ela para despois competir en pelexas reais.
O manga ao principio ten o seu punto curioso polo que , á fin e ao cabo, son nenos de 6º de primaria , algo que te fai pensar que as pelexas non poden ser demasiado realistas...e así é. Sen embargo, SPOILER, a cousa cambia e hai un timeskip ata cando van ao istituto FIN SPOILER.
Hai moitos elementos desaproveitados na historia, sobre todo o tema das pelexas dado que apenas hai 5-6 importantes en TODO o manga, o cal pode resultar aburrido. Ademáis, céntrase toda a acción en Take Isamu e déixase de lado aos outros personaxes de modo moi cantoso , algo que non creo que resultase especialmente positivo, porque sobre todo Moka era unha personaxe moi carismática.
En conclusión, o manga é bastante decente, a pesar que ten o final máis aleatorio que vin nunca e que te deixará coa sensación de "se ías facer iso, podías facelo 50 capítulos antes...XD). Sen o final igual chegaba a notábel pero é que ese final quítalle nota a toda a obra, así , a nota será de 6.0
Nota: 6.0
- Back to Home »
- Buyuden , Manga , shonen »
- Recomendación: Buyuden
Related Posts :
Buyuden, Manga, shonen
