Newest Post
Xogos para pasar o tempo en épocas de aburrimento: Launch Games!(Learn to fly 2, Burrito Bison Revenge, Knightmare tower, Toss the turtle)
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 2 de marzo de 2014
#manga #anime #ogsn
Boas! Xa facía tempo que non falaba de xogos destes así que aquí estamos cunha nova entrega da "coleción" XDD. O caso é que hoxe falaremos dos coñecidos como launch games, ou en galego, xogos de lanzamento, onde o obxectivo é , mediante un control sinxelo, acadar a maior distancia posíbel . Hai diferentes variantes e os catro que presento aquí hoxe son probábelmente os mellores no xénero(Na miña opinión, claro está), pero iso non quere dicir que non haxa varios centos de xogos máis , claro está(Mención honorífica a un que era de que eras unha animadora e tiñas que golpear a un geek cun bate de baseball a ver canto de lonxe chegaba...). Falarei da última entrega de cada xogo porque soe ter a mesma xogabilidade pero en mellor, así que así non me repito. Comecemos!
Neste xogo tomamos control dun pingüino rebelde que está decidido a romper as regras e lograr o seu soño: voar(Ademáis de cobrar venganza do seu archi-inimigo XD). Así, o gameplay é moi sinxelo: tes que maniobrar para que o noso pingu chegue o máis lonxe posíbel despois de tirarse por unha rampa. Así, poderemos comprar upgrades a medida que consigamos logros no xogo: ala deltas, globos, facer a rampa de lanzamentos máis alta ou longa, cambiar o ángulo, misiles para cando nos quedemos sen velocidade.....Vamos, que con tódalas melloras es un tanque que te cargas icebergs e tal XD
É relativamente fácil no modo historia pero se queres xogar en plan serio: isto é , no modo no que con x cartos tes que facer x distancia....prepare for hell XD
A música deste xogo é ultra repetitiva pero despois de media hora xa non sairá máis da vosa cabeza. Avisados quedades XDD Agora en serio, aparte dunha música pegadiza Burrito Bison Revenge ten unha historia bastante cómica: vai de que a certo loitador de loita libre lle roubaron a carteira uns bichos con forma de golosina e levárona a candy land( a terra dos doces) polo que Bison deberá recuperala(Bison non leva tilde porque é en inglés XDD).
O gameplay consiste en lanzar ao personaxe co ángulo xusto(Hai unha especie de ruleta e temos que pulsar no momento xusto) e procurar caír nos momentos xustos para non perder velocidade(Pata tal propósito podes facer body slams ou placaxes ao chan, para que nos entendamos). Ademáis, para chegar máis lonxe, podemos conseguir ítems durante a nosa travesía como un coche no que correremos máis canto máis pulsemos espacio ou un gorro para voar. Coma no caso anterior hai upgrades que podemos comprar con cartos que conseguimos en cada partida.
Igual é obvio, pero eu remarco igual o xogo de palabras da palabra knightmare coa palabra nightmare, a primeira quere dicir cabaleiro e a segunda pesadelo, dous conceptos nos que se basea este título. Estamos ante un título no que, ao estilo do fontaneiro con bigote máis famoso de tódolos tempos temos que dedicarnos a salvar princesas de monstros varios. Como? Pois cun mísil cara arriba , obviamente XD. Así, temos que pulsar no momento xusto para saír como balas cara arriba e para non perder altitude e velocidade deberemos pulsar para caír e atacar ao mesmo tempo aos inimigos, algo que nos dará ataques especiais e fará que collamos suficiente velocidade para romper cada un dos pisos da torre e rescatar a tódalas princesas.
Tamén ten upgrades, se cadra algo máis fáciles de conseguir que nos outros casos , algo de agradecer.
Neste caso atopámonos cunha tortuga sospeitosamente similar a squirtle de pokémon á que lanzamos co ángulo e potencia que decidamos para lograr a maior distancia posíbel. Hai upgrades e podemos conseguir rifles para dispararlle e que así chegue máis lonxe, bombas nucleares para que a onda expansiva a impulse, o que un pode atopar na tenda que está ao lado da casa, vamos XDD.
Probábelmente sexa o máis complicado dos que aquí falei hoxe, especialmente se queredes conseguir o logro ese de kongregate de facer máis de dous millóns de pés de distancia...é unha distancia tan surrealistamente grande que podes tardar media hora en conseguilo(Iso se consegues non equivocarte nunca durante a mesma XD).
E iso foi todo. Espero que vos gustase a entrada e ata a próxima!
Boas! Xa facía tempo que non falaba de xogos destes así que aquí estamos cunha nova entrega da "coleción" XDD. O caso é que hoxe falaremos dos coñecidos como launch games, ou en galego, xogos de lanzamento, onde o obxectivo é , mediante un control sinxelo, acadar a maior distancia posíbel . Hai diferentes variantes e os catro que presento aquí hoxe son probábelmente os mellores no xénero(Na miña opinión, claro está), pero iso non quere dicir que non haxa varios centos de xogos máis , claro está(Mención honorífica a un que era de que eras unha animadora e tiñas que golpear a un geek cun bate de baseball a ver canto de lonxe chegaba...). Falarei da última entrega de cada xogo porque soe ter a mesma xogabilidade pero en mellor, así que así non me repito. Comecemos!
Learn to fly 2
É relativamente fácil no modo historia pero se queres xogar en plan serio: isto é , no modo no que con x cartos tes que facer x distancia....prepare for hell XD
Burrito Bison Revenge
A música deste xogo é ultra repetitiva pero despois de media hora xa non sairá máis da vosa cabeza. Avisados quedades XDD Agora en serio, aparte dunha música pegadiza Burrito Bison Revenge ten unha historia bastante cómica: vai de que a certo loitador de loita libre lle roubaron a carteira uns bichos con forma de golosina e levárona a candy land( a terra dos doces) polo que Bison deberá recuperala(Bison non leva tilde porque é en inglés XDD).
O gameplay consiste en lanzar ao personaxe co ángulo xusto(Hai unha especie de ruleta e temos que pulsar no momento xusto) e procurar caír nos momentos xustos para non perder velocidade(Pata tal propósito podes facer body slams ou placaxes ao chan, para que nos entendamos). Ademáis, para chegar máis lonxe, podemos conseguir ítems durante a nosa travesía como un coche no que correremos máis canto máis pulsemos espacio ou un gorro para voar. Coma no caso anterior hai upgrades que podemos comprar con cartos que conseguimos en cada partida.
Knightmare tower
Igual é obvio, pero eu remarco igual o xogo de palabras da palabra knightmare coa palabra nightmare, a primeira quere dicir cabaleiro e a segunda pesadelo, dous conceptos nos que se basea este título. Estamos ante un título no que, ao estilo do fontaneiro con bigote máis famoso de tódolos tempos temos que dedicarnos a salvar princesas de monstros varios. Como? Pois cun mísil cara arriba , obviamente XD. Así, temos que pulsar no momento xusto para saír como balas cara arriba e para non perder altitude e velocidade deberemos pulsar para caír e atacar ao mesmo tempo aos inimigos, algo que nos dará ataques especiais e fará que collamos suficiente velocidade para romper cada un dos pisos da torre e rescatar a tódalas princesas.
Tamén ten upgrades, se cadra algo máis fáciles de conseguir que nos outros casos , algo de agradecer.
Toss de turtle
Probábelmente sexa o máis complicado dos que aquí falei hoxe, especialmente se queredes conseguir o logro ese de kongregate de facer máis de dous millóns de pés de distancia...é unha distancia tan surrealistamente grande que podes tardar media hora en conseguilo(Iso se consegues non equivocarte nunca durante a mesma XD).
E iso foi todo. Espero que vos gustase a entrada e ata a próxima!
- Back to Home »
- Xogos para pasar o tempo en épocas de aburrimento »
- Xogos para pasar o tempo en épocas de aburrimento: Launch Games!(Learn to fly 2, Burrito Bison Revenge, Knightmare tower, Toss the turtle)
Related Posts :
Xogos para pasar o tempo en épocas de aburrimento
