Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 4 de marzo de 2014


#manga #anime #ogsn
Antes de que os titáns foran mainstream, xa existían mangas nos que se falaba de seres de dimensións xigantescas. Así, neste manga atopamos ese patrón, aínda que se opta por seguir un rumbo máis romántico que de acción. Ahí vai o argumento!


Este manga conta a historia dunha rapaza de 16 anos que asiste ao istituto e ten problemas coma calquera rapaza da súa idade de amores e desamores. O tema é que o seu caso é lixeiramente diferente polo de que é unha xigante que é usada polo goberno para defender os intereses do planeta Terra contra razas de alieníxenas e tal XD.

O manga ten elementos de clásicos da ciencia ficción xaponesa, véxase, aquelas míticas pelis de serie B onde Gozilla ou similar se enfrontaba ao mítico superheroe que se volvía xigante(Vamos, coma os Power Rangers XD) . En concreto, a rapaza xigante ten que comer ao seu "amor" e despois vomitalo ao rematar de loitar. Para que logo digan que o amor non doe XD.
O argumento maiormente é de romance: conta a relación entre a xigante e o rapaz do que está namorada pero a medida que avanza a historia hai certos elementos  como superpoderes, aliens ou poderes ancestrais que lle dan un toque bastante interesante á historia.

A nivel artístico o manga está ben: non intenta ser terriblemente realista(tecnicamente é shonen pero ten retazos de seinen por momentos) pero cumpre, especialmente nas esceas de acción.Extrañamente apenas hai ecchi XD

Como conclusión, o manga é mellor do que poida parecer ao ler a sinopse e merece unha oportunidade. Ademáis, é curto e ten un final bo, polo que punto positivo por iso. Notábel.



Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //