Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta Nota entre 5 e 6. Amosar todas as publicacións

#manga #anime #ogsn

Nota: Xa sei que fai algún tempo que non hai posts....pero agora escribirei varios seguidos para que se publiquen nas próximas semanas.

Boas! Hoxe falaremos dun anime de xénero shonen baseado nun xogo mmorpg online, Blade & Soul. Así, emitírino xa fai algún tempo e incluso cheguei a velo semana a semana pero a review retrasouse ata hoxe XD. O caso, imos co argumento!


ARGUMENTO

Este anime é un deses nos que dicir que o viches polo argumento non cola XD.Non obstante algo de historia sí hai e iso é o que comentarei aquí.
O anime conta a historia dunha rapaza chamada Aluka(Aruka), unha asasina experta que é buscada polas forzas do malvado imperio Param dado que é a última dun grupo moi poderoso e en consecuencia a única que podería rematar cos plans do imperio. Así, sen demasiados recordos sobre a súa vida debido á amnesia, Aluka decide investigar en diferentes vilas sobre a súa vila para esclarecer quen é e vingarse pola morte do seu mestre. Durante esta viaxe coñece a diferentes personaxes secundarios que, atraídos pola recompensa que o imperio ofrece por ela , deciden capturala ou axudala, aínda que todos teñen unha gran aversión polo imperio e todo o que este representa.
Realmente o argumento baséase en sucesos aparentemente inconexos para desvelar o pasado de Aluka, que rematan por converxer nun enfrontamento final. O argumento é soso e predecíbel, pero hai algunha subtrama secundaria, coma á que pertence a propietaria dunha taberna na que para Aluka, que teñen un certo interese.

PERSONAXES

Basicamente poderíamos dicir que hai catro personaxes principais que pertencen ao bando dos "bos" e un par deles ou así que pertencen ao bando dos malos. Só hai mulleres, quero dicir, non se dignaron en facer algún personaxe masculino para enmascarar o claro público masculino ao que está dirixido este anime, coma se pode observar nos constantes planos de tetas que se mostran.
Aquí falarei das dúas personaxes do bando das boas que me parecen máis interesantes.
Aluka: é a protagonista do anime. Unha rapaza asasina que sempre cumpre o seu obxectivo, sen importar quen sexa a súa víctima nin as dificultades que teña que pasar para conseguilo. Así, é unha persoa carente de sentimentos polo que durante a súa viaxe tenta aprender a ter sentimentos coma o resto das persoas para deixar de ser unha máquina.
Foi criada por un grupo de asasinos que a marcaron cun símbolo dunha bolboreta que fai que teña cetas habilidades sobrenaturais, principalmente a habilidade de aguantar ou inutilizar parte dos poderes da mala malísima sobre ela XD.
Karen: propietaria dunha pousada onde Aluka pasa algún tempo e interesada na misión de Aluka. Así, Karen é unha muller forte e independente que manexa a súa posada/taberna con man de ferro e non soporta a aqueles que queren rematar coa tranquilidade que reina no ambiente. Sen embargo, ten dúas caras dado que pode volverse fría e calculadora se a situación o require.
Ten un segredo relativamente importante relacionado con Aluka e que fai que as dúas rematen por enfrontarse nun combate no que Karen demostra ser un loitadora bastante poderosa con abanicos de metal.


ANIMACIÓN E BSO

A animación é bastante máis decente do que un podería esperar nun anime destas características e as loitas con espadas están bastante ben levadas: teñen bo ritmo e os movementos coreografiados non parecen demasiado artificiais. Aquí un exemplo en forma de AMV:

Se falamos do deseño de personaxes obviamente predominan as mulleres(De feito, apenas se ven homes e toda a serie XD) de beleza notábel e peitos suficientemente grandes como para xerar un campo gravitatorio arredor deles sen esforzo.
A banda sonora é moi corrente, nada demasiado bo como para ser recordado. Aquí un exemplo.


CONCLUSIÓN

O anime ten un primeiro capítulo razoábelmente bo pero dislúese co paso dos mesmos ata rematar cun final insulso e vacío, que pecha a trama por compromiso. Destacan as loitas con espadas e pouco máis.


Nota: 6.0

CRiTiCa ANiMe: Blade & Soul

domingo, 7 de decembro de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falarei dun manga de xénero Shonen que versa sobre a temática de se se pode cambiar o futuro se o coñecemos de antemán chamado Ann Cassandra. Imos co argumento!

Ann Cassandra conta a historia dun rapaz chamado Bajou Kizaki, un rapaz que ten un diario onde hai recortes de periódico de diversos sucesos tráxicos que van ocorrer(incluída a súa propia morte).Así, como sabe que non vai morrer ata certo día embárcase en misións suicidas para tentar cambiar o futuro e sobrevivir máis alá da data que pon no caderno ao salvar a persoas de accidentes. Deste xeito, axúdao unha rapaza chamada Bekku Nanaki, que resul ta ser unha vidente de espellos, dado que pode ver o futuro nestes obxectos. Os dous deciden usar os seus talentos e evitar a morte do maior número de persoas posíbeis, nunha trama composta de casos separados e unha trama maior(Que tampouco da tempo a moito que son 8 capítulos).

A nivel de debuxo non é unha loucura de bo, pero tampouco é especialmente malo, digamos nivel normal.
En conclusión é un manga aceptábelmente bo para a duración de capítulos que ten e a súa temática, pero que pouco pode facer se compite contra mangas da mesma temática como pode ser Boku dake ga Inai Machi.



Nota: 5.3

Recomendación:Ann Cassandra

sábado, 13 de setembro de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun manga de xénero shojo, de curta duración (17 caps) e que pretende dar resposta á eterna pregunta de se os cartos son un sinónimo da felicidade. Imos co argumento!

Este manga conta a historia de como un estudante de universidade chamado Takato Kei ve como a súa vida cambia no momento que decide actuar de profesor particular dunha adolescente cun soldo moi , moi alto. A rapaza resulta ser unha fenómena do mundo das finanzas i é multimillonaria, aínda que non ten amigos e síntese soa. Ademáis, avergóñase do seu traballo e consideráse unha especie de otaku das finanzas .
Así, Kei decide que pode ser a persoa que pode axudar a esta rapaza a saír da súa cuncha e comezar a vivir.

A nivel de debuxo o manga é normalciño , non é que sexa malo pero non é nada espectacular.  Se este manga pode merecer a pena por algo é porque a súa historia está bastante ben construída.
A premisa principal de se os cartos serven para comprar a felicidade é amplamente explorada e conclúese que non, que non compran a felicidade ,dado que a rapaza protagonista é multimillonaria pero non aprende a ser feliz ata que coñece a unha serie de persoas que a aceptan, e non en función dos seus cartos.


Nota: 5.0

Recomendación: Billionaire Girl

venres, 27 de xuño de 2014
Posted by OGSN

#manga #anime #ogsn
Boas!, a semana pasada rematou o manga de Kimi no Iru Machi así que esta semana toca review. Comecei  a ler dito manga cando levaba poucos capítulos polo que podo dicir que o seguín semanalmente durante o 75% da súa traxectoria(A pesar de que pensei en dropealo logo de que a trama se volvese insufríbel XD, pero quería ver como remataba).
A razón principal que me levou a ler este manga foi que tiña lido Suzuka, manga do mesmo autor e ambientado no mesmo universo que Kimi no Iru Machi pero uns anos antes. As comparacións son odiosas pero aínda así algunha cairá unha vez que comente de que vai esta historia. Imos aló co argumento!


A historia comeza cun encontro entre un rapaz chamado Aoshima e unha rapaza chamada Yuzuki, que por circunstancias familiares remata por vivir na casa de Aoshima.Así, a trama desenvólvese nun entorno rural no que os protagonistas interactúan entre sí nun ambiente festivo e de "verán para sempre".
Ao comezo do manga apenas son uns adolescentes pero cecáis sexa mellor así: este feito funciona ben na historia .

Comentada a premisa básica, un pode pensar que se asemella moito a outros mangas(Dos que eu leo/lin, sobre todo a Parallel e a Pastel ten unha similitude moi moi alta).Ao principio a historia ten coherencia, uns personaxes razoables...incluso pode ser disfrutábel. Pero despois a cousa cambia cando certo evento provoca que os protagonistas trasladen o seu entorno de acción á cidade. Este feito en sí só no é malo pero en conxunción con tramas cada vez máis absurdas e repetitivas fan que un manga de máis de 200 capítulos teña máis de 100 nos que non pasa nada interesante.Non é que non pasen cousas(e incluso hai algún momento memorábel) pero na súa maioría convírtese nun slice of life simple no que non hai un obxectivo concreto a seguir, algo que o lastra terriblemente .Non se salva ao final, onde en tres capítulos meten un último atisbo de drama que se resolve dunha maneira pouco satisfactoria(Digo isto, porque para rematar como rematou, non entendo a que veu ese momento de drama XD).

A nivel de debuxo Kouji Seo ten un estilo bastante particular e se ves os primeiros capítulos e os últimos podes observar unha melloría notábel: os últimos capítulos a nivel de arte son moi destacados..

En conclusión, o manga comeza ben pero en certo punto da historia comeza a ir cara abaixo...e non para nin ao final XD. De manter o nivel do principio podería ter acadado unha nota superior a Suzuka pero témome que serei xeneroso dándolle un aprobado.

Nota: 5.5

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos de Mel Kano, manga relativamente curto relacionado co mundo da informática en certo modo de xénero shonen. Imos co argumento!


Mel Kano conta a historia dun rapaz ,chamado Shinjou Shouryuu , que non ten moza , algo que fai que tódolos compañeiros de clase formen teorías do motivo (Que a ninguén se lle ocorre pensar que igual é porque é un vago redomado  e dedícase a ser o líder dun clan de matóns na escola....XDDD). O motivo é moito máis simple do que podería parecer: Shinjou ten moza....online. Coñece a unha rapaza e no momento no que comeza o manga, seis meses despois do primeiro contacto virtual, consegue por fin unha cita real co seu amor virtual, que non resulta ser como esperaba i é unha rapaza marimandona e antipática. 
Nada do anterior ten que ver co da informática, tranquil@s XD. A relación co mundo da informática ven porque dado que Shinjou e a súa "moza" son grandes expertos no terreo dos ordeadores son reclutados por unha organización que se dedica a resolver e castigar delitas informáticos. Así, ao longo dos capítulos hai casos de phishing, roubo de cartos de banca electrónica, acoso......


O manga en sí ten uns 5-7 primeiros capítulos decentes pero despois vai a peor e o final non me gustou nada. Non que o manga sexa moi longo(20 e algo caps) pero podían arranxar o petate na metade cun resultado moito máis satisfactorio. Como ten así algo de informática aprobareino, pero nada máis.



Nota: 5.0


Recomendación: Mel Kano

xoves, 21 de novembro de 2013
Posted by OGSN

Por fin toca un post algo máis decente.....XD Hoxe falaremos du nmana chamado Frogman, que non, non vai dun superheroes metade rá metade humano(Que digo eu que aínda cundiría ...XD) senón dun club de natación dun istituto.Imos co argumento!

Frogman conta a historia de certo rapaz de istituto que se mete no club de natación da escola (sen saber nadar apenas) pra ligar coa rapaza que lle gusta(moi lóxico todo XD). O caso é que comeza a aprender e lentamente faise un oco no club que curiosamente está compossto só de rapazas, polo que el é o único membro masculino e froito de disputas entre as súas membros e a entreadora por telo todo pra elas(If you know what I mean...XD) .
Ten toques de comedia e realmente está levemente mellor que un manga chamado Umisho, porque aquí, moi de vez en cando, falan algo de natación XD.

O debuxo é bastante bo, aínda que non marabilloso se temos en conta que isto é un manga de corte ecchi máis que outra cousa.


Decente. Un 6.


 

Nota:  6.0

-Recomendación: Frogman

venres, 19 de xullo de 2013
Posted by OGSN

Hoxe falaremos dun manga shonen chamado Mahou no Iroha, un harem con moito ecchi e grandes doses de comedia publicado na Shonen Sunday Super e que finalizou este ano. Así, de que vai ??

Conta a historia de Naoki, un rapaz que pasa desapercibido dado que non é especialmente bo en nada e o seu aspecto non axuda demasido, dado que ten unha apariencia do montón. A súa tranquila vida cambia cando unha rapaza aparece un día de socato en fronte súa. Di que é a súa filla e que ven do futuro pra evitar que se convirta nun magp malvado que arrasará o planeta Terra. Naoki non se cree esa historia pero a medida que avanza a historia dase conta de que é verdade porque incluso coñece ao seu "eu" do futuro.
A medida que pasan os capítulos aparecen outras supostas "fillas" de Naoki, cada unha de súa nai . Isto suponse que é así porque cada unha delas ven dunha dimensión diferente e non poden existir todas ao mesmo tempo, polo que no momento que naza unha das fillas no tempo presente as outras desaparecen.


O manga a verdade é bastante normalciño, ten os seus momentos por o de ter viaxes temporais pero no né explorado en profundidade e non é máis que unha excusa pra montar un harem XD. Aprobado



Nota: 5.0

Recomendación: Mahou no Iroha

domingo, 23 de decembro de 2012
Posted by OGSN

Xa choveu dende a última vez que publiquei algo, non ? XD O caso é que estiven bastante ocupado pero agora , en compensación, publicarei unha entrada diaria durante unha ou dúas semanas. Así que comecemos hoxe com Koisome Momiji, un manga que tentou consolidarse na weekly shonen jump pero que foi cancelado relativamente rápido, cousa que pasa bastante frecuentemente cos últimos mangas que a weekly shonen jump trata de publicar(menos Assassination Classroom, o resto dos novos mangas fracasaron estrepitosamente) . Así, de que vai este manga ?


Conta a historia dun rapaz de Istituto que non ten ningún éxito coas rapazas, en parte pola súa personalidade que se parece bastante á dunha "damisela en apuros", con moitas reacións que son propias dunha señorita en vez dun rapaz XD. O caso é que axuda a escapar a unha actriz duns membros do seu staff e ela , dado que que interpretar un romance e non ten experiencia, decide pedirlle unha cita. El acepta a pesar de saber que só é pra practicar pra o serial televisivo e así comeza a historia
Despois aparecen rivais coma en tódolos mangas ecchi-shonen-comedia romántica deste tipo e o argumento vólvese predecíbel, xa sabes con quen vai rematar á fin o protagonista XD . 

O único algo novidoso deste manga é a personalidade do seu protagonista masculino, con reacións míticas das rapazas en mangas shonen algo que co que intetaou diferenciarse do típico pero que non lle saiu moi ben dado que foi cancelado rapidamente XD

Manga bastante pasábel aínda que ten algún momento gracioso e intenta ser diferente. Aprobado.





Nota: 5.0

Recomendación: Koisome Momiji

sábado, 22 de decembro de 2012
Posted by OGSN

Hoxe  falarase dun manga shonen, de comedia e con bastante ecchi. Así, spas-pa é un manga que dura sete volumes e non conta demasiado sobre spas XD

Este manga vai basicamente de que un rapaz , chamado Itsuki Minamori soña cunha rapaza do seu pasado mentres está na súa clase. É despertado por unha rapaza da súa clase que parece ter interés nel pero un amiga da infancia do protagonista interponse. 
Así, o protagonista ten que loitar contra varios espíritos malignos que non deixan de molestalo.
O tema principal do manga é o conflicto que se lle prantexa ao protagonista : se elexir a unha auténtica moza ou elexir a unha enna como a súa amante, dado que unha das súas pretedentes ten corpo de nena case too o tempo debido a certo accidente cun espírito cando eran pequenos


Non é especialmente bo, pero fai graza por momentos. Non obstante, se tes outra cousa mellor que ler lea, é un manga demasiado longo e que só resolve as cousass ao final. Polo menos o seu debuxo é bastante bo.



Nota: 5

Recomendación: Spas -pa

venres, 8 de xuño de 2012
Posted by OGSN
 
Hoxe falaremos dun manga de comedia, romance e shonen. É un manga moi curto que se pode ler nunha tarde apenas, que foi feito como consecuencia de certo videoxogo. De feito, é un só dos múltiples mangas que se fixeron a partir do videoxogo chamado Love Plus, un dating Sim pra nintendo ds(Un dating sim é un xogo no que tes que "conquistar" a varias rapazas a un tempo facéndolle regalos e cousas así  cun estilo dunha aventura gráfica).Así, por que este e non outro? Bueno, foi unha cuestión de....azar XD. Comecemos!

A historia vai sobre certo rapaz chamado Aikawa Wataru, quen decide quedar en Xapón despois de que o seu pai marche de viaxe pra así vivir á súa bola. 
Así, comeza a súa vida de estudante nun Istituto ao que se transfire ao comezo da historia e a súa tutora dille que ten que atopar a certa estudante pra que a mesma realice certas tarefas que ten pendentes. No seu camiño escoita que a rapaza non é que sexa especialmente querida polos seus compañeiros . Wataru coñécea nunha sala de xogos e dase conta cal é o motivo : dita rapaza ten moi mala personalidade e péchase en si mesma atacando aos demáis. Sen embargo, Wataru sinte que ten que haber algo máis así que decide coñecela un pouco máis e atopa que non é tan mala como parecía.
Así , a historia transcorre entre amores e desamores típicos dos romances shonen, coa firma do mangaka.

En resumo, obra que Kouji Seo(Kimi no Iru Machi, Suzuka,..)publicou durante 10 capítulos cunha media de 40 páxinas por capítulo que leva a súa firma a pesar de ser unha obra tan curta. Recomendábel.

Se che gustou o manga, podes ler calquera dos outros 4 mangas da franquicia LovePlus, aínda que cada un deles é debuxado por un mangaka diferente.


Nota: 5

Recomendación : Loveplus Rinko Days

venres, 27 de abril de 2012
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //