Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 27 de xuño de 2014
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun manga de xénero shojo, de curta duración (17 caps) e que pretende dar resposta á eterna pregunta de se os cartos son un sinónimo da felicidade. Imos co argumento!
Este manga conta a historia de como un estudante de universidade chamado Takato Kei ve como a súa vida cambia no momento que decide actuar de profesor particular dunha adolescente cun soldo moi , moi alto. A rapaza resulta ser unha fenómena do mundo das finanzas i é multimillonaria, aínda que non ten amigos e síntese soa. Ademáis, avergóñase do seu traballo e consideráse unha especie de otaku das finanzas .
Así, Kei decide que pode ser a persoa que pode axudar a esta rapaza a saír da súa cuncha e comezar a vivir.
A nivel de debuxo o manga é normalciño , non é que sexa malo pero non é nada espectacular. Se este manga pode merecer a pena por algo é porque a súa historia está bastante ben construída.
A premisa principal de se os cartos serven para comprar a felicidade é amplamente explorada e conclúese que non, que non compran a felicidade ,dado que a rapaza protagonista é multimillonaria pero non aprende a ser feliz ata que coñece a unha serie de persoas que a aceptan, e non en función dos seus cartos.

Nota: 5.0
- Back to Home »
- Billionaire Girl , Manga , Nota entre 5 e 6 , shojo »
- Recomendación: Billionaire Girl