Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta shojo. Amosar todas as publicacións

#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun manga de xénero shojo, de curta duración (17 caps) e que pretende dar resposta á eterna pregunta de se os cartos son un sinónimo da felicidade. Imos co argumento!

Este manga conta a historia de como un estudante de universidade chamado Takato Kei ve como a súa vida cambia no momento que decide actuar de profesor particular dunha adolescente cun soldo moi , moi alto. A rapaza resulta ser unha fenómena do mundo das finanzas i é multimillonaria, aínda que non ten amigos e síntese soa. Ademáis, avergóñase do seu traballo e consideráse unha especie de otaku das finanzas .
Así, Kei decide que pode ser a persoa que pode axudar a esta rapaza a saír da súa cuncha e comezar a vivir.

A nivel de debuxo o manga é normalciño , non é que sexa malo pero non é nada espectacular.  Se este manga pode merecer a pena por algo é porque a súa historia está bastante ben construída.
A premisa principal de se os cartos serven para comprar a felicidade é amplamente explorada e conclúese que non, que non compran a felicidade ,dado que a rapaza protagonista é multimillonaria pero non aprende a ser feliz ata que coñece a unha serie de persoas que a aceptan, e non en función dos seus cartos.


Nota: 5.0

Recomendación: Billionaire Girl

venres, 27 de xuño de 2014
Posted by OGSN

#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun webcomic chamado "My heart is beating"(O meu corazón está a later/late). Non teño moi claro se o título é moi preciso dado que , a pesar de que sen fan referencia ao mesmo,  á fin e ao cabo este é un manga de waterpolo femenino XD.Imos co argumento!



Bae Sugu é un rapaz de 17 anos que está obsesionado con bañadores femininos(Igual pola primeira frase pensades que isto vai encamiñado cara o hentai pero xa vos aviso que non XD) . Gústanlle de tódalas formas e cores. Son como unha especie de pasión á que dedica moito tempo en tódolos seus ámbitos(Pensa deseños, saca fotos...) . Esta afición é un segredo para o seu pai, quen é un autócrata que dende que morreu a súa muller(A nai de Bae Sugu) apenas fala.
A vida transcorre tranquilamente para Bae ata que un día o entrenador de waterpolo feminino descobre a Bae Sugu no vestiario feminino a mirar bañadores. Bae Sugu pensa que está acabado, dado que a situación, sendo honestos, merecería unha expulsión XD, pero o entreador proponlle un trato: que xogue ao waterpolo ....feminino XD. Resulta que Bae Sugu ten unha complexión bastante feminina e cunha peluca e un bañador feminino convírtese en "xogadora" no equipo de waterpolo.

Polo argumento pódese pensar que o manga é un crossdressing de comedia pero nada máis lonxe da realidade: este webcomic é un drama. O deporte queda nun segundo plano ante a explicación da afición de Bae Sugu , os medos e inseguridades das xogadoras,etc.

Non é un webcomic boísimo e o seu estilo de debuxo non me acabou de convencer pero ten un argumento relativamente novidoso que se pecha de modo razoábel ao final. Case notábel.(Non confundir cun remake que se fixo moito peor, do remake non pasei do primeiro capítulo XD )


Nota: 6.5

Recomendación: My heart is beating

mércores, 19 de febreiro de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

NOON! Pasouse ao shojo! Perdémolo! Rápido, administrémoslle unha maratón de tengen toppa gurren lagann a ver se revive...demasiado tarde, caeu no lado escuro.
Ola! Despois desa pequena introdución poética podedes deducir que falarei dun shojo(nin que fora a primeira vez...XD) .Creo que é bo variar de vez en cando e aínda que este shojo non foi dos meus favoritos(Tiña o seu punto ao principio pero na recta final perdeu bastante ,dende o meu punto de vista ) hai outros mangas/manhwas que aínda que sexa shojo ou josei considero que están ben e sígoos regularmente(Véxase Kuragehime, Dengeki Daisy , Tonari no Kaibutsu-kun ou Oresama Teacher). Pero o post de hoxe non vai sobre por que o shojo pode molar tanto coma o shonen senón dun manga chamado Kaichou wa maid-sama que creo que ven a querer dicir algo así como "A presidenta é unha maid", onde maid é a típica rapaza con uniforme de criada coa cofia e tal que traballa en cafés temáticos, véxase este exemplo:

Así, de que vai este manga?
Realmente o argumento está brilantemente resumido no título dado que vai dunha rapaza que é a presidenta do consello estudantil que se ve forzada a traballar nun maid-café pra sacar cartos para pagar os seus estudos .Dado que é unha persoa moi seria a quen os demais coñecen por ser unha especie de demo que os obriga a cumprir as normas baixo castigos indescriptíbeis( XD ) o seu traballo no maid-café é un secreto para tódolos seus amigos e amigas. Sen embargo, certo día un rapaz chamado Usui polo que tódalas rapazas suspiran entra no café e recoñece á presidenta , o cal fai que esta vexa coma o seu mundo de mentiras se desmorona.Resulta que non é para tanto dado que Usui promete non revelar o segredo da presidenta. Unha cousa leva á outra e o manga basicamente serve para contar o romance entre Usui e a presidenta.

O manga ten elementos de comedia bastante graciosos durante a súa primeira metade que se perden a medida que se aproxima ao seu final en detrimento dun amago de drama que me resultou totalmente anticlimático e lixeiros avances na relación entre Misaki(A presidenta) e Usui que, se temos en conta que son parella dende antes da metade, non axudan a que o manga pareza estancado.
A nivel de debuxo está bastante ben, deseño de personaxes sólido e variedade de expresións, é un manga que destaca polo seu nivel de debuxo.

Hai un anime que non vin(Así que non podo opinar) que adapta este manga pero se falamos do manga creo que, a pesar de empeorar bastante no seu treito final merece un notábel.


Nota: 7.0

Recomendación: Kaichou wa Maid-sama

venres, 27 de decembro de 2013
Posted by OGSN

Ninjas que viaxan no tempo? WIN. Só con iso xa debería ser suficiente pra ler este manga XD , a verdade é que pra ser un shojo , que se publicou bimensualmente, é un manga altamente disfrutábel por lectores shonen-seinen dado que ten bastante acción (aínda que tamén ten romance ) .Así, de que vai :

Este manga conta a historia de Kagetora e de Beni, dúas persoas separadas por centos de anos no tempo pero que conseguen reunirse no presente. Así, Beni é unha rapaza de Istituto que vive no tempo presente e un día aparece na súa vida Kagetora, un ninja que dos tempos do xapón feudal que parece ser que viaxou no tempo . Resulta que Beni é descendente de Beni-hime, unha princesa á que servía Kagetora, polo que este decide servir a Beni no tempo de hoxe en día . Así, os primeiros capítulos contan as dificultades de Kagetora coa vida moderna e os seus sentimentos contradictorios cara Beni , dado que é exactamente igual que Beni-hime. Logo o manga vólvese moito máis interesante cando descobren como foi que Kagetora conseguiu viaxar no tempo: resulta que hai varias "fisuras espacio-temporais" (XD) e cada unha delas leva a unha época diferente, ben sexa pasado ou futuro. Así, vívense diversas aventuras no pasado, onde hai moitas pelexas de ninjas e xógase bastante co tema das paradoxas temporais , dado que @s personaxes están na mesma época temporal que versións máis novas de sí mesm@s (SPOILER: Se interactúan desaparecen os dous ) .
Logo resulta que na época presente hai varias persoas da mesma época e lugar que Kagetora e que todo está relacionado.

Algo bo do manga é que resolve tódolos misterios que presenta , algúns antes que outros pero todos acaban resoltos. Non conto aquí exactamente aquí que misterios porque sería espoilear demasiado XD.

O debuxo é totalmente shojo, co cal é curioso ver unha pelexa de ninjas con ese estilo de debuxo pero é soportábel XD(Non obstante prefiro o debuxo shonen-seinen) .

Como conclusión, dicir que merece a pena ler este manga dado que o romance está ben levado (non se fai demasiado empalagoso XD ) a pesar de que o estiran moito e os protagonistas teñen que superar moitas dificultades pra estar xuntos. Ademáis, hai moita intriga e misterios que resolver grazas ao elemento de poder viaxar no tempo. Notable alto.


NOTA: 8.75

Recomendación: Shinobi Life

sábado, 22 de decembro de 2012
Posted by OGSN

Boas! Hoxe falaremos de Tamago no kimi (Segundo baka updates traducido coma The Egg Yolk ou You're Egg!) , manga shojo de catro volumes de Sumiyoshi Yukiko que foi serializado na revista GFantasy(Square Enix).

Este manga conta a historia dunha rapaza chamada Aimi, unha rapaza orfa que vive xunto coas súas irmás nun planeta chamado Salami. O planeta é moi similar á Terra pero distínguese nalgo curioso: os canons de beleza son diferentes. Isto é, alí o que na Terra se considera feo é considerado bonito e ao revés. Isto provoca que aínda que Aimi sexa guapa segundo a perspectiva terrestre sexa considerada un enxendro no seu planeta natal.
Todo isto cambia cando por diversas circunstancias Aimi remata na Terra, onde é considerada bela. Ela non o sabe e segue a pensar coma se estivese en Salami, polo que isto da lugar a multitude de momentos graciosos.
Cando está na Terra vive cun rapaz moi cheoe fanfarrón chamado Kyou Naruse, quen a despreza ao comezo por non querer saír con el pero que despois comeza a collerlle cariño.
O do "ovo" do título ven porque Aimi ten certo ovo de cor branca, case indestructíbel. O caso é que non se sabe que hai no ovo nin pra que serve ata capítulos avanzados do manga. Agora vai un SPOILER: SPOILER COMEZA O ovo resulta que contén unha especie de ser superior que ten o poder de facer todo o que queira , e manda a Aimi ao seu planeta natal pero despois tráea de volta á Terra e restaura a memoria previamente borrada dos habitantes da Terra sobre ela FIN SPOILER.


O debixo é normalciño dentro dos shojo e a historia é bastante atípica i é bastante gracioso. Ben.


Nota : 6.5

Recomendación: Tamago no kimi

venres, 12 de outubro de 2012
Posted by OGSN






Boas a tod@s! Hoxe comento Mint na Bokura(Somos chicos de Menta na edición española) , un manga de xénero comedia, gender bender e sobre todo shojo. Así, de que vai?

Cóntase a historia de dous irmáns xemelgos : Noel e Maria. Están todo o tempo xuntos ata que debido a un namoramento de María dun entrenador de baloncesto esta decide transferirse de escola. Así, Noel quere ir con ela pero o problema é que só hai oco pra unha rapaza máis na residencia de estudantes, polo que decide que o mellor é facerse pasar por unha rapaza e así estar coa súa irmá.
Así , a historia conta as peripecias e amores e desamores dos dous protagonistas, tendo o aquel de que como Noel suponse que é unha rapaza ten que comportarse como tal , o que da lugar a bastantes situacións graciosas.
Ademáis, Noel namórase de rapazas , o que supón un problema dado que na súa condición non pode saír con elas, o que desemboca en que remata por saír cun rapaz pra o seu disgusto.

É un manga de comedia relativamente famosos cun crossdressing bastante ben levado que non abusa de chistes fáciles e procura centrarse noutros aspectos. Respeito do contido dramático da obra pódese dicir que é case nulo, case sempre saen as cousas ben.
Como conclusión dicir que é unha letura fácil, sen demasiado contido pero que cumpre o seu cometido ao ser unha obra destinada a ser así durante os seus 6 volumes(16 comic books).

Nota: 6

Recomendación: Mint na bokura

venres, 25 de maio de 2012
Posted by OGSN

Este é un manga relaticamente interesante porque ten bastantes enredos e xiros no argumento, algo que fai que chegados a certa punto se volva un pouco repetitivo, aínda que pola súa duración (49 capítulos) iso non é un gran problema.

O manga conta a historia de Mio, unha rapaza de 17 anos que está afogada polas deudas , dado que ten que traballar para coidar ao seu irmán un pouco máis novo ca ela e pagar os gastos médicos da súa nai, quen está moi enferma no hospital. Isto fai que Mio teña unha vida bastante difícil, sobre todo na escola. 
Un día tropeza cun rapaz , e despois de certos acontecementos o rapaz dille que a vai comprar. Mio toma a broma iso pero despois descobre que é verdade, polo que  Mio convértese nunha posesión do rapaz e vai vivir a unha mansión, onde ten que exercer labores como limpeza e outros.


É un manga de xénero shojo, bastante cliché, aínda ten cousas interesantes como os distintos romances "prohibidos" que se dan na historia: é unha historia que pode ser facilmente considerada smut, isto é , con certo contido sexual.

Para resumir, se che gustan as historias de romance con moitos xiros argumentais e de xénero smut, non perdas este manga.



Nota: 6.5


Recomendación: Desire Climax

venres, 10 de febreiro de 2012
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //