Newest Post
Amosando publicacións coa etiqueta Dears b>. Amosar todas as publicacións
Este é un anime de xénero comedia ecchi cheo de tópicos, pero fíxome grazas e en certos momentos a historia pareceume o suficientemente interesante como para reseñalo.Así, este anime de 13 episodios ten un manga homónimo que se pubricou entre 2002 e 2005 , mentres que o anime emitiuse durante o ano 2004(so que se pode deducir que teñen final diferente XD ) . Adiante co argumento !
ARGUMENTO
A historia vai sobre que certa nave alieníxena aterriza na Terra de emerxencia un ano antes de que comece a historia principal. Así, a raza de alieníxenas desa nave está composta por seres de aspecto moi parecido ás féminas na súa maioría(hai machos, pero moi poucos) : todas son tremendamente guapas e serviciais, dedicándose a compracer aos habitantes da Terra en todo o que poidan(isto podería ser perfectamente o comezo dunha peli porno se un fala obxectivamente XD).
Dado que na Terra non existe a exclavitude legalmente, os Dears(nome da raza alieníxena) ocultan este feito en certo modo e integran as súas membras entre as escolas de Xapón . Así, cada Dear ten un denominado Amo e a felicidade da mesma consiste en compracer ao Amo.
O protagonista da historia é un rapaz chamado Takeya Ikuhara, a quen non lle emociona nada o tema dos Dears. Sen embargo, atopa unha fémina Dear tirada na rúa e decide acollela, a pesar de que está é unha Dear deficiente xa que non sabe falar e non foi educada adecuadamente.
A trama desenvólvese entre enredos e máis enredos de tipo comedia romática e nos últimos dous ou tres capítulos(como é normal neste tipo de animes) avanza a trama.
Basicamente , o argumen pódese resumir coma: rapaz coñece a rapaza alieníxena que ten actitudes ecchis e que xunto con outras rapazas de boas proporcións conforman o harem do citado rapaz XD
PERSONAXES
Só comento os principais
É o típico personaxe de comedia ecchi que é un good for nothing pero que extrañamente está cunha rapaza guapísima.
Neneko Izumi: amiga da infancia de Takeya . Vive no mesmo bloque de apartamentos e coida del moitas veces facéndolle a comida e outras tarefas. É moi responsabel.
Miu: é a DearS se supón que tiña que ser admitida na escola de Takeya en lugar de Ren. É moi intelixente e recatada, sendo unha DearS aceptada polas da súa raza .Ao comezo adopta unha actitude de total servidume cara os demáis pero logo dase conta de que os demáis non sempre necesitan a súa axuda e que ela tamén pode recibir axuda deles.
Natsuki Ikuhara: a mellor personaxe do anime. É a irmá do protagonista e polo menos non copiaron o seu carácter(polo menos non tan cantosamente) doutro anime, de xeito que aquí se nos presenta a unha personaxe que rompe co estereotipo de kawaii imouto e segue máis a liña dunha irmá mandona e moi celosa do que Ren pase tanto tempo co seu onii-chan.
ANIMACIÓN & BSO
Bueno, a animación non é de todo ....mala XD. Non hai grandes explosións nen centos de personaxes en pantalla, así que se un ten en conta que a historia é bastante simpre a animación cumpre. Ademáis, que os corpos das personaxes femininas están bastante detallados(moito máis que calquera personaxes masculino) e hai un manexo das cores e da luz suficientemente bo.
Respeito da BSO hai que dicir que non é nada do outro mundo e que na miña opinión é bastante mala, hai outras series deste tipo que teñen moita mellor BSO e non caen nas típicas melodías de sempre , como é este caso. Aquí deixo o opening:
CONCLUSIÓN
Como anime para ver se non se ten nada mellor que ver vale, pero non é unha desas obras mestras imprescindíbeis e non ten ningún elemento que faga deste anime algo interesante. O único que podería motivar a velo son as señoritas que aparecen e algún que outro chiste(a historia pode ser considerada interesante se non viches outros animes antes). Do estilo, é moito mellor Chobits(anime do cal Dears é unha copia bastante clara).
Nota: 4
Tag :// Anime,
Tag :// comedia,
Tag :// Dears,
Tag :// ecchi,
Tag :// Nota entre 4 e 5,
Tag :// romance,
Tag :// shonen