Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta misterio. Amosar todas as publicacións

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos dun manga chamado Dolls Code que comezou a publicarse en 2012 e finalizou este ano. Así, estamos a falar dunha historia de corte shonen, con toques de intriga e misterio . Imos co argumento!


Dolls Code conta a historia dun grupo de adolescentes que se atopan nun lugar extraño no comezo do manga. Notan que a cada un deles lles falta unha cousa: a un fáltalle a cabeza, a outro o corazón (substituído por unha cousa mecánica) e demáis partes do corpo. Incluso un deles, a pesar de que non lle falta nada físico , di que lle faltan tódolos seus recordos.
De socato, unha voz infórmaos de que se atopan nun istituto de secundaria e que o seu obxectivo é graduarse. Así, todos eles realizaron algún crime macabro, polo que a voz promételles que se se gradúan limpará o seu historial criminal e poderán seguir coas súas vidas . Ademáis, para que resulte máis entretido, dilles que entre eles atópase unha "marioneta", un rapaz que non é humano, senón unha mestura das diferentes partes que lles faltan a cada un.
Conseguiran os rapaces graduarse? Averiguarán quen é a marioneta antes de que sexa demasiado tarde? Estas e outras preguntas respóndese no manga.


O manga é bastante curto e iso favorece bastante que non exista recheo e tódolos capítulos conten algo relevante da historia, ben sexa flashbacks sobre os crimes do personaxes ou capítulos onde averiguan cousas sobre as persoas que reteñen aos protagonistas no istituto.
Os capítulos , basicamente, consisten en diferentes tipos de "exames" nos que os alumnos teñen que levar a cabo diferentes tarefas, sempre co aliciente de que un deles non poderá levar a cabo a tarefa(Exemplo, son 5 e teñen que buscar 4 chaves), o que implica que se non se reúne un número mínimo de puntos non é posíbel graduarse .

O debuxo está bastante ben, non é realista , senón que intenta mostrar unha estética lixeiramente fantasiosa en lugar de debuxar a personaxes co buratos no peito enormes por non ter corazón .


En conclusión, un manga bastante interesante, curto e conciso. Recomendábel.


Nota: 8.0

Recomendación: Dolls code

luns, 1 de setembro de 2014
Posted by OGSN


Disturbing. Ese é probabelmente o mellor termo que describir a este manga que en apenas 20 capítulos(Calculo que os capítulos eran ou bimensuais ou mensuais, hai un total de 4 volumes) consegue crear un clima de tensión extrema e fai que o leas todo dunha tacada sen dificultade. É un obra que está destinada a maiores de 18 anos, dado que ten sangue , violencia e recorda bastante á película de Saw, aínda que moito menos besta.

Doubt comeza coa reunión de dous dos personaxes nun parque, a rapaza chamada Mitsuki e o rapaz chamado Yuu-kun. Os dous teñen una pequena conversa sobre  motivo de atopárense alí ata que chegan outros personaxes, véxase Haruka , Eiji e Rei.
Resulta que Yuu está no parque porque quería reunirse con todos agás Mitsuki , dado que el e os outros son xogadores habituais dun xogo chamado Rabbit Doubt. Neste xogo, o obxectivo é tomar o papel dun coello e descubrir quen é o lobo entre os demáis coellos.
Todos conxenian ben rapidamente e comezan a cantar no karaoke polo que pasan una gran velada.Sen embargo, todo se torce cando Yuu vai ao baño en busca de Eiji i é golpeado na cabeza por una persoa cuberta cunha careta que se asemella bastante ás do xogo Rabbit Doubt.
Logo do anterior Yuu e os demáis espértanse nun lugar pechado, que parece ser un edificio abandoado e sen recordos de como chegaron alí. O único que atopan é que teñen que xogar a Rabbit Doubt na vida real, polo que un deles é o lobo e mataraos un por un.
Así, a premisa do manga é descubrir cal deles é o lobo a través dun ritmo trepidante, que te fai dubidar de tódolos personaxes varias veces , dado que da pistas suficientes para que cada un deles poida ser o lobo.

O argumento é bastante simple , pero ten detalles que lle dan consistencia como os requisitos que teñen que cumprir para poder escapar(que non contarei aquí porque serían considerados spoilers).
O único que me decepcionou da obra foi o final. Non direi como remata pero si debo dicir que non é para nada o que esperas e, na miña opinión, é un pouco sacado da manga. Hai una segunda parte deste manga así que pode ser que alí aten cabos algo mellor porque nesta entrega o manga remata dun xeito un tanto extraño.

Nota:8.75

Recomendación: Doubt

martes, 17 de xullo de 2012
Posted by OGSN

Enigma xa foi reseñado, pero esta é unha aproximación diferente XD.

Enigma((エニグマǝnígmǝ) é un manga destinado a unha demografía shonen pero con temas que cecáis se alonxan un pouco do arquetipo deste tipo de mangas xa que a súa temática é maiormente misterio,suspense, intriga e superpoderes.
Foi cancelado aínda que se vía vir a súa cancelación dende moitas semanas atrás dado que comezou a quedar de último na Weekly Shonen Jump (revista onde era publicado) semana si e semana tamén polo que era inevitábel. Así, dáselle un final na citada revista pero o verdadeiro final do manga suponse que se publicará noutra revista.

Así, ǝnígmǝ conta a historia dun rapaz chamado Sumio, quen ten a habilidade de predicir o futuro: isto é, escribe o que vai pasar mentres dorme nun diario e as súas prediccións vólvense verdade logo.
Ninguén cree que Sumio teña realmente esta habilidade e realmente non supón unha vida demasiado emocionante para Sumio.
Sen embargo, todo cambia cando Sumio chega á súa casa un día e atópase unha carta na cal se entera de que a súa nai foi secuestrada e que ten que ir ao ximnasio do seu istituto para poder salvala.
Así, Sumio vai ao ximnasio do istituto e atópase con que hai máis rapaces do seu istituto alí, cada un por motivos diferentes pero todos porque recibiran certa carta. 
Unha voz comeza a falarlles mentres o símbolo dunha caveira aparece proxectado na parede. Esta voz identifícase como Enigma e dille que cada un deles está aquí por unha razón. Así, dille que estarán pechados na escola ata que atopen os contrasinais para poder sáir. Así, hai o mesmo número de contrasinais que de persoas polo que se un contrasinal se perde a persoa quedará atrapada......
Tamén se lles comunica que a cada persoa que consiga saír se lle concederá a recompensa especificada, no caso de Sumio é volver ver á súa nai, pero que o obxectivo de telos alí pechados e atopar a un verdadeiro líder que consiga salvar a tódolos seus compañeiros.


O anterior é máis ou menos unha breve sinopse de ǝnígmǝ sen destapar moito de que vai. Basicamente inténtase crear unha atmósfera de clasutrofobia na cal tódolos personaxes están pechados nunha casa e non poden saír ata que recuperen os contrasinais. Recorda un pouco a cousas como Saw (peli) pero sen violencia e tendo en conta que este manga é para adolescentes XD.
Na introducción dixen que un dos elementos principais da trama son os superpoderes. Así, aparte de Sumio, as outras persoas alí pechadas teñen superpoderes tamén. Agradécese que non sexan os míticos superpoderes e que haxa un pouco de inventiva pero non desvelarei máis para non facer spoiler.
A trama é máis ou menos śolida durante o primeiro gran arco argumental, tendo xiros argumentais bastante inesperados aínda que decae bastante no segundo arco , razón pola que cecáis os lectores deixaron de darlle o seu voto.


O caso é que é un manga que se debería ler porque non hai moitas cousas coma esta destinadas a demografía shonen, especialmente publicadas en revistas coma a Weekly Shonen Jump.
Ademáis , tendo en conta que a mangaka era nobel, isto é, é era o seu primeiro traballo publicado, o resultado foi máis que satisfactorio.O nome da autora é Kenji Sakaki.


Nota: 7.5

Recomendación: ǝnígmǝ (reseña alternativa XD)

venres, 30 de decembro de 2011
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //