Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 17 de xullo de 2012



Disturbing. Ese é probabelmente o mellor termo que describir a este manga que en apenas 20 capítulos(Calculo que os capítulos eran ou bimensuais ou mensuais, hai un total de 4 volumes) consegue crear un clima de tensión extrema e fai que o leas todo dunha tacada sen dificultade. É un obra que está destinada a maiores de 18 anos, dado que ten sangue , violencia e recorda bastante á película de Saw, aínda que moito menos besta.

Doubt comeza coa reunión de dous dos personaxes nun parque, a rapaza chamada Mitsuki e o rapaz chamado Yuu-kun. Os dous teñen una pequena conversa sobre  motivo de atopárense alí ata que chegan outros personaxes, véxase Haruka , Eiji e Rei.
Resulta que Yuu está no parque porque quería reunirse con todos agás Mitsuki , dado que el e os outros son xogadores habituais dun xogo chamado Rabbit Doubt. Neste xogo, o obxectivo é tomar o papel dun coello e descubrir quen é o lobo entre os demáis coellos.
Todos conxenian ben rapidamente e comezan a cantar no karaoke polo que pasan una gran velada.Sen embargo, todo se torce cando Yuu vai ao baño en busca de Eiji i é golpeado na cabeza por una persoa cuberta cunha careta que se asemella bastante ás do xogo Rabbit Doubt.
Logo do anterior Yuu e os demáis espértanse nun lugar pechado, que parece ser un edificio abandoado e sen recordos de como chegaron alí. O único que atopan é que teñen que xogar a Rabbit Doubt na vida real, polo que un deles é o lobo e mataraos un por un.
Así, a premisa do manga é descubrir cal deles é o lobo a través dun ritmo trepidante, que te fai dubidar de tódolos personaxes varias veces , dado que da pistas suficientes para que cada un deles poida ser o lobo.

O argumento é bastante simple , pero ten detalles que lle dan consistencia como os requisitos que teñen que cumprir para poder escapar(que non contarei aquí porque serían considerados spoilers).
O único que me decepcionou da obra foi o final. Non direi como remata pero si debo dicir que non é para nada o que esperas e, na miña opinión, é un pouco sacado da manga. Hai una segunda parte deste manga así que pode ser que alí aten cabos algo mellor porque nesta entrega o manga remata dun xeito un tanto extraño.

Nota:8.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //