Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 11 de xullo de 2012

Primeiro de nada, sinto non ter publicado nada a semana pasada, estiven moi liado e foime imposíbel...e esta semana publicarei só este post. PERO a semana que ven tentarei publicar varios post,  2 ou 3 en compensación.

Hoxe falaremos de tres mangas nos que aparecen policías/detectives/investigadores como tema principal. Así hai un pouco de todo, xénero políciaco de intriga tradicional, superpoderes e xénero policíaco inverso onde os protagonistas son aos que quere atrapar a policía. Hai spoilers.


- Kimi no knife


 Neste manga cóntase o outro lado da tortilla, é dicir, o lado dos asasinos que fan crimes mentres os policías/detectives non os deteñen. Así, é un manga moi do xénero psicolóxico que explora a conducta das persoas e ata onda serían capaces de chegar se é necesario pra conseguir un fin moi importante pra eles.
Cóntase a historia dun profesor de escola chamado Shiki, cuxa irmá está ingresada nun hospital moi enferma. O tratamento pra poder curala costa demasiado polo que Shiki non pode curala e vive deprimido por iso. Sen embargo, o seu destino cambia cando certa muller nova lle pregunta cando están ámbolos dous nun bar : "Se conseguises 5 millóns de yens por matar a alguén, que farías?" Ao que Shiki responde "Se fose unha persoa malvada..." dado que confunde esa pregunta por unha simple broma. O que Shiki non sospeita é que nese momento acaba de cambiar a súa vida pra sempre. Pouco tempo despois a muller que lle fixo a proposición pronponlle un trato: que mate a certa persoa por 5 millóns de yens. Dita persoa parece ser moi malvada e cunha conducta tremendamente reprobábel, polo que Shiki non sabe moi ben o que facer , pero á fin remata aceptando a proposta pra axudar á súa irmá. Así, el e outro home que Shiki matan a dita persoa.
E ahí comeza a historia. É unha historia bastante interesante dado que hai unha especie de doble xogo porque o "compañeiro" de Shiki nos asasinatos é un policía, polo que en principio non tería ningunha razón aparente pra realizar os asasinatos.
Prantéxanselle unha serie de cuestións morais aos protagonistas coma se todo vale por conseguir algo importante, se poden estar seguros de que a xente á que matan é realmente malvada, se poden serguir coas súas vidas normais despois de asasinar a outros...
Hai momentos en que o ritmo é algo lento porque constrúen paso a paso cada arco argumental, pero os momentos de acción son moi intensos, con moitas armas e con gran sensación de tensión.

-Psychometrer Eiji

 Neste manga estamos do lado dos bos, a policía e os detectives. Así, conta a historia de Asuma Eiji, un estudante de istituto normal que ten unha gran reputación no mundo calexeiro pola súa lendari forza . Sen embargo, ten unha habilidade especial, en galego sería algo así como psichometría, en inglés psychometry. Esta habilidade permítelle ver recordos e outra serie de imaxes na súa mente cando toca a persoas ou obxectos, algo que do que nunca se sentiu especialmente orgulloso pero que remata por ser moi útil cando a irmá menor de Eiji, Emi, vese envolta nun caso de asasinato e os seus poderes axúdanlle á inspectora Shima Ryoko pra coller ao sospeitoso.
Eiji di que unha e non máis pero o certo é que Shima usa os seus encantos femininos (ollo, a cantidade de ecchi é mínima) con Eiji e Eiji simplemente accede a axudala con calquera caso que ela desexe.
Así, o manga é de demografía shonen con grandes doses de accións. A historia divídese en arcos argumentais que poden variar entre 3 e 10 capítulos , ademáis de especiais e algún outro capítulo máis.
É un manga cun ritmo frenético que deleitará aos amantes do bo shonen ao atopar unha obra que non cae nos tópicos estúpidos de hoxe en día de comedia escolar e ecchi ao estilo de animes/mangas como Boko wa Tomodachi ga , por poñer un exemplo.


-Detective Conan

Quen no coñece ao Detective Conan, orixinalmente coñecido Meitanei Conan? É unha historia que existe dende fai MOITO tempo e como proba conta cun número de capítulos que supera os 700.
O seu anime é amplamente coñecido e foi emitido polo Xabarín Club e creo recordar que en Megatrix.
A premisa é a seguinte:
Cóntasenos a historia de Shinichi Kudo, detective adolescente famosísimo dado que polo seu gran intelecto é capaz de resolver casos nos que a policía mete o zoco e queda atorada. Así , está namorado dunha rapaza da súa clase chamada Ran Mouri pero nunca se atrave a dicirllo.
A súa vida cambia cando unha organización que Shinichi chama "Os homes de Negro" lle inxecta unha droga coa intención de matalo , dado que estaba a achegarse demasiado aos seus segredos . Sen embargo, Shinichi non morre e transfórmase nunha versión de si mesmo con 10 anos, polo que decide pretender que é un primo lonxano chamado Conan Edogawa(Bobby Jackson en América) e vivir con Ran e o pai desta Kogoro. Deste xeito e grazas a un invento dun profesor amigo da familia(unha das poucas persoas que sabe sobre a identidade de Conan) en cada arco argumental Conan dispara co seu reloxo un dardo adurmeceddor e fala coa voz de Kogoro Mouri cun aparello, co que resolve centos de casos.
A maior pega do manga? A súa duración titánica,isto é ma´si de 700 capítulos (creo que máis de 800 incluso) , especialmente se temos que en conta que Shinichi aínda segue sendo Conan o neno e só atopou antídotos temporaos. Non hai un avance real da trama, coñécense datos sobra a organación que atacou a Shinichi pero son demasiado poucos pola cantidade de capítulos que leva o manga.
Non hai un avance real, é moi repetitivo, polo que eu recomendo lelo pero pausadamente dado que pode chegar a aburrir a súa estrutura.



Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //