Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :xoves, 1 de setembro de 2011
M.Ä.R é un anime cun manga homónimo que se emitiu durante 2003-2006 en Xapón e que eu vin na cadena Cuatro española a partir de 2007(un dos contados animes que botaron completos na mesma).Así, é un anime shonen de temática fantástica moi ao estilo dun xogo de rol. De que vai?
ARGUMENTO
A historia comeza cando o protagonista masculino, Ginta, un rapaz de 14 anos é arrastrado a un mundo supostamente imaxinario chamado M.A.R heaven. Así, está moi contento de estar no mundo dos seus soños pero pronto se da conta de que debe atopar un xeito de volver rápido á casa para non preocupar á súa familia.
Alí coñece á princesa Snow, que se parece moitísimo a unha compañeira súa de clase. Esta princesa dille que unha guerra vai comezar nese mundo polo que Ginta decide axudala a gañar a guerra.
Así, Ginta vai coñecendo a diferentes personaxes a medida que pasan os capítulos e forman un pequeno exército, co cal se enfrontan ao exército inimigo nos chamados "Xogos de guerra": Así, en lugar de facer un derramamento de sague innecesario, organízanse unha serie de combates de 1 contra 1 e o equipo que gañe o maior número de encontros gaña.
Debo recoñecer que o argumento en sí é bastante cliché no senso de que é a mítica de historia de xogo rpg: rapaz vai coñecendo a outros personaxes durante a súa viaxe, forman unha party e loitan contra as forzas do malo malísimo xD. Sen embargo, ten puntos interesantes xa que @s personaxes loitan usando unha especia de amuletos máxicos chamados ARM , de xeito que en si mesmos @s personaxes non son poderosos.
Ademáis, moitos dos personaxes son inspirados en historias de fantasía, coma a do Mago de Oz, Jack e as xudías máxicas, .....
A pesar do seu argumento cliché ten algúns xiros argumentais dignos de mención(que non mencionarei senón sería spoilear xD) e hai personaxes tremendamente carismáticos sen ser o protagonista principal.
Ten un cantidade de episodios moi longa(entorno a 100) polo que teñen tempo suficiente para desenrolar ben a trama e non deixarse cousas importantes.
Hai unha continuación do manga chamada M.Ä.R. omega aínda que non aparecen os mesmos personaxes(aparecen algúns dos que apareceron na primeira serie en momentos puntuais pero os protagonistas son novos)
PERSONAXES
Hai unha morea de personaxes, pero aquí só comentarei os máis importantes.
Team MAR:
-Ginta é o protagonistas masculino da historia. Así, é un rapaz que soña cun mundo chamado MAR e que por motivos que non remata de comprender un día é transportado a ese mundo, onde se terá que convertir no líder dun pequeno exército e loitar unha guerra.
A súa personalidade é aberta e alegre, sempre querendo facerse amigo dos demais e seguindo varios arquetipos shonen coma a defense do honor, protexer aos amigos ante todo, etc.
Debo dicir que vin este anime en castelán e boteille un ollo á dobraxe xaponesa. Así, por unha vez e sen que sirva de precedente, a voz de Ginta gústame moito máis en castelán que en xaponés XD
-Babbo: é o ARM de Ginta. Así, para no spoilear moito, decir que estivo na primeira batalla contra o exército do xadrez que tivo lugar anos atrás e pode adoptar varias formas diferentes coma un gato con botas, unha fada, un martelo, unha daga, unha gárgola xigante, ....
-Dorothy: bruxa de pelo rosa que viste un atuendo negro e se despraza cunha vasoira . Está inspirada na personaxe do mesmo nome do conto do "Mago de Oz".
É unha rapaza nova moi sexy cuxo atuendo propicia algo de ecchi por momentos cuxa personalidade se balancea entre unha persoa dulce a quen lle gusta Ginta con outra despiadada cando loita que mata aos seus inimigos sen dubidar.
-Jack: é un personaxe inspirado no Jack de "Jack e as xudías máxicas" , de tal xeito que o seu arm é unha pala que che permite crear a xigantesca planta de conto. De personalidade alegre e risoña, comeza sendo débil pero remata sendo moi poderoso.
-Alviss: personaxe que ten un profundo desexo de derrotar a Phantom xa que por culpa del a súa vida vaise acortando pouco a pouco por culpa dun tatuaxe zombi .
É un rapaz de caracter frío, serio, que basea súa maxia en usar totems xigantes e nunha fada inspitada en "Campaniña" de Peter Pan.
-Snow: princesa do reino de MAR. É unha personaxe que existe en MAR e no mundo real con diferentes nomes (algo así coma un doppelganger). Así, é unha persoa moi "modosiña" por dicilo así, que usa maxias de tipo xeo mediante os seus ARMS, por exemplo, ten un ARM que é un boneco de neve xigante.
-Edward & Alan: poño dous personaxes nun só porque comparten un só corpo. Así, Edward é un can e Alan é un humano, ámbolos dous atrapados no corpo de Edward por unha maldición.
Mentres que Edward é un covarde, Alan é un dos personaxes máis poderosos de toda a serie, tendo arms que poden manipular as dimensións, arms guardiáns,... Xa participou nos anteriores xogos de guerra sendo xa poderoso daquela.
-Nanashi: personaxe de pasado misterioso sendo un guaperas despreocupado que intenta ligar coas rapazas sempre que pode. Non obstante, é moi poderoso e usa ARMS de tipo eléctrico maiormente , aínda que tamén pode usar ARMS guardiáns ou arms defensivos.
Hai que dicir que os rangos do exército do xadrez están baseados no xogo do xadrez mesmo, isto é, o rango máis baixo é o de peón, logo sube a torre, logo a alfil, logo cabalo, logo Phantom(é o líder dos cabalos pero suponse que está a outro nivel) e por último o rei e a raíña. Así só comento un pouco a Phantom, pero hai moitos outros (sería espoilear moito a trama xa que non se coñece a indentidade dos maiores rangos do exército ata ven avanzada a serie)
Chess Team:
Phantom: realmente é coma o "xefe " do exército do xadrez aínda que non sexa en realidade. Para no spoilear demasiado, direi que é un tipo que é moi serio , frío e que se ri faino cunha risa malvada.
O seu poder é incrible dado que tódolos seus subordinados o respeitan sen protestar.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é boa , as pelexas son coloridas e non se ven baixóns de frames así moi notábeis. Currouse bastante a adaptación dun mundo totalmente inventado como é M.Ä:R heaven e toda a historia detrás do mesmo, así como os seus diferentes personaxes cada ún coa súa personalidade.
O deseño de personaxes é moi similar ao do manga, opino que algúns saen favorecidos no anime .
Respeito da BSO, debo dicir que os openings son normalciños, realmente non houbo ningún que me gustara especialmente ; iso sí, había algún ending bastante bo.
Respeito das melodías de batalla podo dicir que serven para dar "epicidade" á cousa pero hai melodías de batalla moito mellores. Podo dicir que están ben, pero nada máis.
Vin a serie en español de España e boteille un ollo á dobraxe xaponesa e debo dicir que os dobladores españois fixeron un gran traballo, particularmente coa voz de Ginta, que me gusta máis en español que en xaponés.
Agora o Opening 1 emitido por Cuatro, a cadea de tv española:
CONCLUSIÓN
Non lin o manga , así que non podo dicir se é unha boa adaptación. Pero sí podo dicir que como anime en sí , en xeral, é un produto moi decente no tema de crear unha historia de proporcións grandes e poñer a varios personaxes a loitar entre sí ao estilo dun rpg, aínda que debo recoñecer que hai historias deste tipo moito mellores(Particularmente o manga de Yureka paréceme moito mellor).
Hai unha continuación chamada MAR Omega que eu non lin con outros personaxes, pero creo que o final da historia é un final que non necesita de continuación.
Nota: 6.5
Máis información en :
http://mar.wikia.com/wiki/Main_Page
- Back to Home »
- Anime , ecchi , M.Ä.R (Marchen Awaken Romance) , Nota entre 6 e 7 , shonen »
- CriTiCa ANiMe: M.Ä.R.(Marchen Awaken Romance)
ohh conocia este anime aaja, antes de que lo emitieran en cuatro, pero no llegue a verlo completo, esta en mi lista de animes pendientes con death note que tampoco acabe ajaja
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=0I2_hKJ7-p0&feature=related
me gusta mas esa cancion del anima de Mär =)
bueno por si no se deduce ajaja soy lidia de la eoi ajaa