Newest Post
"As we grow old I wonder how we will remember this place called school"
A frase que está encima disto resume bastante ben a esenza de GTO(Great Teacher Onizuka) , dado que o autor, ao meu entender, intentou mostrar que a escola (Middle School ou Escola Media no manga, o que é aproximadamente dente 15 ata 17 anos) non é simplemente aprender o maior número de coñecementos posíbeis senón que o realmente importante, o que vale a pena é vivir unha época divertida que non se volverá repetir con xente que probábelmente non volvas atopar.
Deixemos agora o sentimentalismo do párrafo anterior e comentemos aspectos máis técnicos da obra: é unha obra pubricada na Shonen Jump nos anos 80 que conta cun anime de máis de 50 episodios que non cobre todo o contido do manga(Tamén hai un dorama) . Ademáis, a historia de Onizuka non está reflexada só neste manga, dado que este manga pubricouse como continuación doutro anterior (ou reinterpretación, como un goste) chamado Shounan Jun'ai Gumi no que se contaba a historia de Onizuka e compañía como yankees e nun spin-off no que se contan 14 días nos que Onizuka estivo fóra da escola(que curiosamente conta cunha cantidade de capítulos que lle fai a un darse conta do "tempo infinito" de moitos mangas XD ).
Pasemos ao importante, de que vai?
Conta a historia dalguén chamado Onizuka, yankee descarriado que pasa os días coa súa banda de malotes sen ter demasiado en conta a súa vida. Iso cambia cando coñece a certa rapaza que está a preparar o exame de profesor polo que decide que el tamén preparará ese exame. Así, despois de moitas peripecias, atopa que a rapaza en cuestión optou por dar clase nunha das escolas máis prestixiosas de Xapón el decide tentalo.
Remata como profesor na escola non tanto polo seu talento ou formación académica(que a ten , o que pasa é que non en demasía XD ) senón pola súa habilidade pra resolver conflictos dado que nada máis chegar á escola salva a unha alumna dunha morte segura ao tirarse ao mesmo tempo ca ela dun tellado pra amortiguar a súa caída.
O ton do manga é desenfandado e iso demóstrase ao longo dos seus case 300 capítulos onde Onizuka terá como misión traer de volta a unha serie de alumnos da peor clase da escola que nunca veñen a clase e que conseguiron que o anterior docente encargado da clase dimitira . Isto fai que os da escola estén desesperados...o que remata con que contratan a Onizuka XD.
A pesar de ser un manga gracioso non deixa de ser dramático por momentos e ten un trasfondo serio. Violación, abusos sexuais, intentos de suicidio, depresións, alcoholismo, drogas e outros temas difíciles de tratar en xente nova son abordados no manga dunha forma directa e reveladora, sen intentar ocultar detalles aínda que sí é certo que dado que é unha historia fantástica o final dalgúns arcos argumentais non se asemella á realidade.
Así, por que deberías perder o teu tempo en ler este manga? Porque realmente non lin ningún outro manga que xogue tan ben coa comedia e o drama mentres che ensina leccións da vida que todo o mundo debería coñecer.Hai moitos mangas de yankees escolares e outros que intentaron contar o tema das clases conflictivas pero ningún conseguiu o éxito de Onizuka. Por algo será.
Nota: 8.5
FICHA TÉCNICA
MANGAKA: Toru Jujisawa
XÉNERO: escolar, gangsters, comedia, ecchi, shonen.
ANO DE SAÍDA:1997
COMPLETO: Si
NÚMERO DE VOLUMES: 25
NÚMERO DE CAPÍTULOS: 200
FRECUENCIA DE SERIALIZACIÓN: Semanal
REVISTA DE SERIALIZACIÓN: Weekly Shonen Magazine
ANIME: Si
DORAMA:Sí
- Back to Home »
- ecchi , Great Teacher Onizuka , GTO , Manga , Nota entre 8 e 9 , shonen »
- Recomendación: GTO Great Teacher Onizuka