Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 25 de xullo de 2012


Ola! Hoxe falaremos da triloxía dos Hunger Games, que en España chegou como "Los Juegos del Hambre". Actualmente xa están publicados os tres libros da triloxía e a película sobre o primeiro(que non vin) tivo unha aceptación considerábel , ao parecer.
Suponse que estes libros están destinados a adultos novos ou adolescentes e nótase XD. Debo dicir que a escritura non é todo o profunda que a min me gustaría, nótase que o que se intenta en todo momento é entreter a un público que espera que "pasen cousas" todo tempo sen centrarse a describir con mota profundidade o entorno no que se atopan , que daría pra moito dado que está bastante ben construído. Boto en falta explicacións sobre a razón de que sucedan (ou non) certos eventos dado que hai veces que non me quedou especialmente claro. Evidentemente vai estar cheo de SPOILERS e tal .Paso agora a contar_de_que_vai/ comentar o primeiro libro:

The hunger games

Aquí comeza a historia e como tal preséntasenos a Katnnis Everdeen, quen realiza a narración en primeira persoa de toda a historia. Así, coñecemenos que nos atopamos nun mundo post-apocalíptico nun lugar que antes soía ser coñecido coma os Estados Unidos e que agora se coñece como Panem. Panem está dividio en 12 distritos , cada un especializado na producción de algo(electrónica, minería, pescado, granxas, cereais.......) nos que os seus habitantes viven nun sistema con grandes desisgualdades entre clases sociais que propicia que a familia da protagonista non teña nin pra comer despois da morte do seu pai.Esta familia está formada pola súa irmá Prim(chamada Prim pola Primrose, como se coñece posteriormente) e a nai das dúas, pola que Katniss sinte un profundo odio despois de que entrase nunha especie de depresión cando morreu seu pai e deixase de ter conta das súa fillas.
O goberno, situado nun lugar chamado o Capitolio, controla tódolos distritos con man de ferro e prohíbe calquera tipo de caza pra alimentarse. Sen embargo, Katniss e o seu amigo da infancia Gale cazan con frecuencia ao outro lado dunha valla electrificada pra conseguir comida. Gale é experto en colocar trampas, pódeas facer de moitos tipos e permite que os animais queden fóra do alcande doutros predadores unha vez mortos. Katniss, pola contra, é experta no uso do arco e pode acertar a todo tipo de obxectivos a distancia, incluso en movemento.
Antes había 13 distritos, pero o Capitolio eliminou o distrito 13 do mapa a base de bombas. Así, como recordatorio de que os Distritos deben someterse ao poder do Capitolio, tódolos anos reálizase un evento coñecido como "Xogos da Fame" no que un rapaz e unha rapaza de entre 14 e 18 anos son elexidos en cada distrito. Logo, teñen que enfrontarse a morte nunha área especial e quen quede viv@ á fin será o gañador/gañadora dos xogos.
Pra elexir aos rapaces que van aos xogos en cada distrito, chamados tributos, sácase o seu nome dunha urna. A primeira vez que entran, con 14 anos, só teñen unha papeleta co seu nome. O ano seguinte dúas e o número vai aumentando ata os 18 anos. Ademáis, a cambio de poñer máis papeletas co nome de alguén na urna proporciónase un pequeno sumistro de aceite e cereais pra un ano, algo chamado teselas. 
É a primeira vez que Prim entra no sorteo polo que é moi improbábel que lle toque...pero tócalle e dado que Katsniss non está disposta a ver á súa irmá morrer preséntase como voluntaria,o que implica que tomará o seu lugar.
O tributo masculino do distrito 12 , o mesmo de Katniss, é un rapaz chamado Peeta Mellack, fillo do panadeiro e a quen Katniss apenas coñece salvo por certo detalle que ocorreu cando os dous eran nenos: Peeta deulle a Katniss pan cando ela non tiña nada e estaba a punto de morrer de fame. Isto propiciou que Peeta recibise unha paliza por parte da súa nai.
Logo de que ocorra isto os tributos teñen algún tempo pra despedirse e despois montar nun tren que os conducirá ao Capitoloi pra disputar os xogos.
Cómpre mencionar a importancia co mentor borracho do distrito 12 chamado Haimich, que é  o que ten que guialos e axudalos no que poida.
Hai un detalle importante nesta parte do libro, xa que Madge, a filla do alcalde entrégalle a Katsniss o símbolo do seu distrito, un Sinsajo (Mockingjay), pra que o poña no peito. Os Sinsajos son aves resultantes do apareamento de dúas aves , unha delas modificada xeneticamente, os charlajos , e a outra non. O importante é que os charlajos usáronse na guerra que destruiu o distrito 13 porque eran capaces de repetir mensaxes , funcionaban algo así como palomas mensaxeiras de voz. Todo ía ben ata que os rebeldes se deron conta do truco e comezaron a confundir aos do Capitoloi con mensaxes erróneas, polo que abandou aos paxaros, que se aparearon e evolucionaron aos Sinsajos. Os sinsjos non son capaces de repetir a voz humana pero son tan bos coma os Charlajos cando repiten a voz, pero poden repetir sons coma silbidos e con paciencia pode ensinárselles unha canción.
A partir deste punto comeza o que é a segunda parte do libro,a preparación pra os xogos.
Primeiro dedícanse a poñer guapos e guapas a tódolos tributos a base de depilación e maquillaxe. Despois entre en xogo o personaxe de Cinna, quen é o estilista encargado do vestiario de Katniss e que xunto co equipo de Peeta decide que os dous deberían ir a xogo e collidos da man cando se presenten. Así, os dous rematan por levar sendos traxes que prenden un lume de mentira ao pulsar un botón, o que deixa unha fonda impresión no público.
Despois disto entrénanse durante algún tempo en diferentes disciplinas(tiro con arco, loita, coñecemento de prantas medicinais, coitelo, trampas, nudos....) e realízaselles un entrevista a cada un . O presentador que realiza as entrevistas é Caesar Flickerman. A maioría dos tributos tentan mostrar o que os fai especiais nas entervistas, ben sexa a súa beleza ou a súa intelixencia. Katniss opta por mostrarse moi sorprendida de estar nos xogos e alabar o estofado.
A mellor entrevista é sen dúbida a de Peeta, que declara o seu amor por Katniss diante de todo o púbrico, polo que despois Katniss e Peeta pasan a ser coñecidos coma "os amantes tráxicos".
Todo isto é unha estratatexema por parte do mentor Haymich pero Katniss está máis convencida disto que Peeta, que dubida se está namorado de verdade ou non.
Comezan os xogos! Basicamente soltan a tódolos tributos a través de tuvos aspiradores nunha zona chamada a cornucopia, que basicamente é unha mesa en forma de corno con diferentes utensilios, armas e comida. Cando dan o sinal de comezo Katniss cambia as súas pretensións iniciais de ir polo arco e o carcaj por unhas máis modestas e consigue unha mochila con comida . Logo disto escapa terra adentro e case morre de deshidratación pero consegue atopar un lago cerca. 
Descobre que Peeta aliouse con chamados vecencedores, tributos dos distritos máis pudientes que, aínda que está terminantemente prohibido entrenar pra os xogos, levan toda a vida entrenando e son  os posíbeis gañadores.
Katniss coñece a Rue, con quen decide formar unha alianza polo seu parecido coa súa irmá Prim. Despois de que Katniss consiga voar as provisións dos vencedores estes van a por Rue e asesínana, provocando unha perda que estará na mente de Katniss durante toda a historia.
Peeta abandoa aos Vencedores e escóndese nunha cova, onde Katniss o atopa despois de que o Capitolio anuncie que cambiaron as reglas e que pode haber 2 vencedores e lugar de un. Katniss e Peeta están algún tempo na cova, acurrucados, dándose bicos e procurando que todos os que os ven, xa que todo está grabado con cámaras, sintan que están moi namorados. En certo momento póñense a andar e cando xa quedan só eles dous e un tributo máis unha manada de lobos muto atácaos a todos. Os lobos muto son bestas cos ollos dos tributos mortos e matan ao tributo que quedaba arrancándolle as extremidades nunha morte lenta e dolorosa.
Peeta e Katniss póñense a saltar de alegría pero todo se para cando anuncian que é imposíbel aplicar a nova regla e que só pode haber un vencedor. Así, Katniss fala con Peeta e os dous métense unha baia benenosa na boca. Antes de que a traguen o Capitolio cede e decláranos como vencedores. 
Poida que para Katniss o amor finxido non siñificase nada pero Peeta queda moi doído cando descobre que el era o único que pensaba que era real.
Ademáis, está o feito de que o Capitolio non quedou nada contento con desafío que supuxo a súa actitude....


Este primeiro libro é o meu favorito dos tres, é a novidade. Vale que parécese moito a Battle Royale, manga co que comparte o tema de meter a xente nova nun entorno pechado pra sobrevivir pero aínda así dalle un toque diferente.
É unha historia ben levada, con retazos de romance e moita acción.


Catching fire

A historia continúa onde rematou o anterior libro, con Katniss e Peeta como vencedores . Dan unha volta a tódolos distritos con motivo da súa victoria e descobren que hai aires de rebelión nos Distritos e que está a xestarse unha revolución silenciosa. Salvo algún momento puntual, está parte é terriblemente aburrida.
Logo mellora un pouco cando se descobre que os Xogos da Fame deste ano, co motivo do 75 aniversario dos mesmos , serán moi especiais. Isto é así porque os participantes serán gañadores das edicións anteriores, polo que Katniss e Peeta rematan no allo outra vez.
Nesta ocasión a area é unha illa e Katniss vai coa mentalidade de que , despois de ser ameazada polo presidente do Capitolio, Snow, non vai sobrevivir a estes xogos polo que a súa única idea é salvar a Peeta.
Así, fórzase a formar unha alianza con Finnick, un tributo do distrito 4 alto e musculoso que é un esperto en pesca e coa compañeira deste, unha muller anciá.
Despois únense máis aliados e forman ungrupo bastante variado con Johanna, tributo experta no manexo de hachas, Beetle, experto inventor cuxa arma favorita é un cable e Wiress, tributo que está medio tola pero ten moita atención aos detalles. Grazas a ela descobren que a illa na que se atopan é coma un reloxoe que en cada zoa hai un horror diferente: abellas que provocan alucinacións, charlajos que repiten as voces dos seres queridos, néboas asasinas, olas xigantes......Conseguen quedar vivos dous grupos de tributos ao cabo de dous días: o grupo de Katniss, xa só con Johanna, Peeta, Finnick , Beetle e máis ela e un grupo de Vencedores. Beetle ten un plan pra matar aos vencedores: dado que cae un raio sempre á mesma hora na mesma árbore , usarán esa corrente a través dun cable pra electrocutalos do mar. Sen embargo, todo se torce cando o cable é cortado e Johanna traiciona  Katniss clavándolle un coitelo/daga no muslo. Katniss volve desesperada onda Peeta pero non o atopa. Así, decide atar o cable a unha das súa flechas e disparala contra un punto débil do campo de forza que rodea toda a illa. O campo de forza devolve os obxectos que petan con el cunha temperatura moito maior e normalmente queimados, así que cando Katniss dispara o campo de forza explota e un aerodeslizador recóllea . Katniss supón que chegou o seu final cando se ve atada nunha camilla, así que decide coller unha xiringa pra aforrarlle o sufrimente a Peeta inxectándolle aíre nas veas. Sen embargo, todo resulta ser parte dun plan mestro que Haymich, Finnick e o xefe dos vixiantes(xente que entrena aos tributos e encargados dos Xogos da Fame), Pluttarch, orquestaran pra salvar a Katniss e a Peeta. Ela négase a crer que sen consultarlle nada a usaran como ferramente pra incitar unha suposta revolta e todo Panem iniciada polo supostamente destruído distrito 13.
Tamén aparece por alí Gale, quen lle di que a súa familia está ben pero que o Distrito 12, casa de Katniss e do propio Gale foi destruído por completo.


Este libro mellora conforme pasan os capítulos. A primeira parte do mesmo é sumamente aburrida, logo mellora bastante unha vez que entran na area e o final é, na miña opinión, algo abrupto de máis, tenta dar un xiro demasiado brusco que te deixa descolocado. 

Mockingjay

Ao contrario que no caso anterior, vemos un salto temporal dende o que ocorreu a Catching Fire ata este Mockingk¡jay, hai un plot hole que non sei a que se supón oque ven, quero dicir,é saltarse acontecementos sen ton nin son, algo moi presente neste libro. Pero pasemos ao argumento:
O comezo é sumamente aburrido, non pasa nada interesante. Katniss e os poucos superviventes do 12 van o 13, onde, baixo terra, hai un governo que intenta derrocar ao capitolio. Pra iso queren grabar a Katling en diversos lugar pra que se convirta no Sinsajo, paxaro que simbolizará a revolución.
Katniss está bastante trastornada, estrea, cúrase, está coa familia....pero realmente non fai nada interesante. Descóbrese que Peeta está do lado dos do Capitolio, dado que despois do seu rescate (ao parecer só puideron rescatar a  Katniss)ten o cerebro lavado e quere matar a Katniss. Eu penso: isto siñificará que Katniss irá aos brazos de Gale. Pero non, segue sen querer saber nada de amor.
Logo faise unha soldado e despois dunha serie de acontecementos remata no Capitolio onde os rebeldes consiguen tomalo e cambiar Panem. Isto non é de todo bo, xa que o libro deixar entender que a presidenta Coin(líder dos rebeldes) non é moi diferente de Snow(Presidente do capitolio)  e ve a Katniss coma unha ameaza polo que decide librarse dela. 
Despois de ver morrer a Prim Katniss nin sequera fala e cando é o seu turno de matar a Snow diante das cámaras , decide disparar a súa flecha a Coin.Pensa que a executarán pero déixana vivr tranquila.
Hai demasiadas mortes nestes libro: Prim, Finnick, Bogg.... a gran parte delas son ilóxicas, pero ten especial importancia a de Prim. Que se supón que lle queda a Katniss? Un fogar destruído , unha nai a miles de quilómetros e unha soidade que a reconcome. O libro parece transmitir a mensaxe de "loitar non merece a pena, a guerra é cruel e só deixa miseria e destrucción. Rematarás mal loites pra o bando que loites".
Este libro é moito máis floxo, realmente esperaba moito máis pra o final da saga. Mortes sen sentido , gore e un argumento que se tambalea por momentos non fan xustiza a unha saga que comezou moi ben. Pra min, a gota que colma o vaso das equivocacións deste libro , aparte da morte de Prim e outros personaxes é o destino amoroso de Katniss. En lugar de ver a unha Katniss feliz, vemos a unha Katniss casada con Peetea máis por necesidade que por amor, dado que considera que dado que os rebeldes fóron os que mataron a Prim(Momento de maximum trolling, iso si me sorprendeu a verdade) non lle queda nada ao que aferrarse e decide quedarse coa persoa co que estará máis segura e poder vivir unha vida longa. Vamos, que realmente non ningunha razón clara(salvo porque colaborou na invención da bomba que matou a Prim) de por que non está con el.



E aquí remata esta especie de review. Espero que vos gustase , a min a saga gustoume moderadamente, o primeiro libro está ben, o segundo xa está máis entorno a un aprobado raspado e o terceiro sen lugar a dúbidas estaría suspenso, polo que a media quedaría un aprobado. En resumo, é unha saga demasiado sobrevalorada.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //