Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 4 de xullo de 2014
#ogsn
Fai moito tempo, nunha época na que os 32 bits eran un soño lonxano e as tecnoloxías que se usan hoxe en día no mundo dos videoxogos parecían utópicas naquel entón.
Así,hoxe falarei de Dragon Quest V, xogo que saiu ao mercado no ano 1992 pero que foi reeditado máis recentemente para NDS 2008-2009 ,dado que é un xogo que nunca saíra de Xapón.
Dragon Quest é unha saga de xogos de rol que naquela época tiña grandes rivais no xénero, entre os que destacaba Final Fantasy. A pesar de ser produtos similares en canto a xogabilidade , hai diferencias sustanciais entre as dúas sagas que fixeron que Square Enix gañase á guerra.
Imos co argumento deste xogo!
Este xogo segue un pouco o esquema de moitos xogos de rol: protagonista masculino sufre un evento tráxico que fai que se embarque nunha aventura épica para descubrir quen é e salvar o mundo.
Así atopámonos cun personaxe principal chamado "o heroe", que ao comezo do xogo ten seis anos e que medra ao longo da historia. Este personaxe resulta ser o fillo dunha familia real aínda que non o sabe e ao longo da historia, coa axuda doutros personaxes, descobre o seu pasado e salva o mundo.(Non digo máis para non falar de spoilers).
A nivel de deseño de personaxes e do universo este xogo é unha pasada. Akira Toriyama(Si, o de Dragon Ball) encargouse disto e fixo un traballo espectacular . Parece que está no universo de Dragon Ball e iso, para min, xa é un ultra-plus épico.
Pero falemos do gameplay, que é o máis importante. Dragon Quest V introduciu unha mecánica moi novidosa na época que foi popularizada anos despois co lanzamento de Pokémon: a posibilidade de ter monstros-mascota para loitar. Neste caso , o xogador ten a oportunidade de reclutar diferentes monstros , que teñen as mesmas opcións que o resto de personaxes xogábeis, dado que incluso se poden equipar de armas e armaduras para mellorar os seus atributos. Así, podémonos atopar un tigre dentes de sabre cuns colmiños de aceiro, por exemplo . Esta dinámica deu como resultado a creación dunha nova saga de xogos sobre estes monstros, un spin-off de Dragon Quest.
En canto á exploración é igual que tódolos xogos da época RPG: perspectiva isométrica e desprazamento por un mundo onde hai diferentes edificios e mazmorras, con combates aleatorios e bosses(En canto ao nivel de dificultade dos mesmos debo dicir que é alto, dado que verás como perdes irremediábelmente a menos que subas moitos nivéis para, polo menos, ter algunha oportunidade . )
Os combates están peor implementados que na saga FF da época, dado que aquí , a pesar de que hai animacións das maxias cando executamos o comando de ataque simple dun personaxe non vemos como se move o personaxe e simplemente vemos a arma suxetada por algo invisíbel, algo mellorábel.
Outro elemento novidoso é a posibilidade de ter varios finais da aventura, dado que a partir de certo punto o heroe pode elexir con quen casarse e , polo tanto, que personaxe feminina incorporar ao seu grupo e cambiar como remata a historia.
En resumo, foi fun xogo que foi bastante revolucionario e aínda que Dragon Quest é unha saga que non está tan recoñecida como FF este xogo ñe un gran clásico.

- Back to Home »
- Dragon Quest V , games »
- Retro-review: Dragon Quest V