Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 14 de xullo de 2014

#manga #anime #ogsn

Algo tarde pero aquí está a entrada da semana pasada (Un luns case conta dentro da mesma semana, a pesar de que pasasen máis de 7 días dende a última entrada XD).
O caso é que hoxe falaremos dun manga chamado Umi no misaki, típico manga slice of life de xénero shonen cun triángulo amoroso, aínda que podemos estar dacordo que despois de School days este tipo de mangas non foron o mesmo.
Imos co argumento!

Umi no misaki conta a historia dun rapaz chamado Nagi que por diversas circunstancias remata por vivir na illa de Okistsuhima. Así, coa intención de ver un lugar que a súa defunta nai vira decide apuntarse na escola e vivir alí unha tempada. Todo é marabilloso ao comezo pero logo Nagi descobre máis cousas sobre a illa e as súas xentes e chega a remata por admitir que é a reencarnación dunha antiga deidade marítima e que tres rapazas da súa idade son as súas sacerdotisas. Todas están namoradas-obsesionadas con Nagi ata certo punto, dado que foron criadas como sacerdotisas sumisas para servir a un deus que non sabían se existía, polo que a chegada de Nagi é todo un alivio. Isto provoca que haxa certas esceas de sexo explícito por momentos aínda que non están fora de lugar e non son o máis típico da historia.
A historia evoluciona cara unha direción máis escura a medida que pasan os capítulos e explórase máis sobre a mitoloxía da illa e as ceremonias relixiosas que nela aparecen. Non entrarei en spoilers pero hai certo suceso da historia que é bastante obvio e marca un pouco o que debería ter sido o final da historia, pero continúa durante algúns capítulos na forma dun slice of life intrancesdente.


A nivel de debuxo o manga está moi ben, e non me refiro soamente aos komas de sexo, senón ao ton xeral. Reflexa moi ben a atmósfera opresiva presente durante a maior parte da historia, con emocións moi marcadas no rostro dos personaxes.


É un manga que me gustou bastante, aínda que o último arco argumental é altamente prescindíbel.


Nota: 8.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //