Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 28 de setembro de 2014

#manga #anime #ogsn
Este manga está ben, así para comezar . Esquecédevos do argumento estúpido baseado en señoritas lixeiras de roupa, isto é serio. Así, a segunda tempada deste manga continúa a historia onde quedou na primeira aínda que se cadra dase un pase máis e téntase prantexar unha trama máis adulta, achegándonos ao seinen durante motos capítulos, tanto a nivel argumental como a nivel de sangue.
Imos co argumento(Fonte orixinal Baka Updates)

A historia continua onde acabou a primeira tempada só que algúns meses no futuro. A academia de monstros foi reparada e xa comezou o novo semestre. Tsukune e as rapazas están de volta, máis poderosos que nunca. A verdadeira identidade de Anti-tese revélase. Con novos adversarios no horizonte, a historia avanza a un novo nivel!

Algo negativo a nivel argumental é que o comezo á bastante lento, aínda que despois duns 30 caps vólvese moi interesante e os 36 capítulos seguintes(ata o final) son moi interesantes(final non incluido).
Tsukune vólvese un personaxe poderoso dado que por fin consegue controlar o sangue de vampiro que Moka lle ·"cedera" na primeira tempada e convírtese nunha especie de híbrido.
Tamén se descobre quen está detrás da organización de Fairy tale(Ou tail, non recordo ben XD ) e o paradeiro dos familiares de Moka.


A nivel de arte non hai moitas pegas que poñerlle, dado que a pesar de que sí é certo que se fai un certo fincapé no fanservice tamén se debuxan de xeito plenamente satisfactorio as diversas esceas de batalla, con paneis verdadeiramente impresionantes, especialmente no último arco argumental. Véxase

O final é sen dúbida un punto negativo, porque o arco final estírase demasiado e entre xente que morre e resucita varias veces e tal chega un punto en que perde seriedade e dalgún xeito toma un aire "telenovelesco" que non me convenceu nada.

Como conclusión, dicir que esperaba moito máis tendo en conta o exposto na primeira parte. Se se conseguise manter o gran nivel demostrado a mediados do manga durante toda a obra puntuaríao un 9.5 facilmente, pero con ese final e tendo en conta  a lentitude do ritmo inicial, queda cun notábel alto.


Nota: 8.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //