Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 20 de xullo de 2014
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe quería falar desa serie de OVAs que tenta ser unha adaptación máis realista que a serie de anime orixinal(Que segue e seguirá infinitamente). Así, ten certo parecido ao manga de Pokémon adventures (Do que xa falei neste blog) pero debido á limitación de capítulos só se conta unha mínima parte da historia. Imos co argumento(Vai ter spoilers dos xogos de Pokémon Vermello/Verde, pero aos anos que fai que sairon eses xogos creo que a estas alturas todo o mundo sabe de que van XDD)!
O bonito e extraño da historia é que respeita as reglas establecidas nos videoxogos pero permítese certas licencias dramáticas, como que Red se cargue a un Onix cun Charmander like a boss XD. Non obstante, é altamente fiel ao videoxogo orixinal: hai 149 pokémon máis Mew e Mewtwo , os Pokémon teñen motes(O charizard de Red é apodado Lizard, ou lagarto en inglés), Red usa movementos lóxicos e sabe combatir, Red loita contra Green na final da liga Pokémon, etc.
Son 4 capítulos e non collía todo, pero o que pasou o corte está ben feito.
Hai algún detalle que non está nos xogos orixinais, coma o feito de usar as Megapedras esas de Pokémon X e Y, pero realmente é moi fiel e os xogadores e xogadoras dos orixinais sentirán unha gran nostalxia .
En canto á BSO hai temas míticos dos xogos remasterizados para que sexan aínda máis épicos. Un dos meus favoritos é este, a música de cando Red se enfronta a Green:
A continuación outros exemplos:
Como colofón, ahí vai o trailer!
Nota: 8.0
Boas! Hoxe quería falar desa serie de OVAs que tenta ser unha adaptación máis realista que a serie de anime orixinal(Que segue e seguirá infinitamente). Así, ten certo parecido ao manga de Pokémon adventures (Do que xa falei neste blog) pero debido á limitación de capítulos só se conta unha mínima parte da historia. Imos co argumento(Vai ter spoilers dos xogos de Pokémon Vermello/Verde, pero aos anos que fai que sairon eses xogos creo que a estas alturas todo o mundo sabe de que van XDD)!
ARGUMENTO E PERSONAXES
Neste anime cóntasenos a historia que ocorre nos xogos de Pokémon Red/Green(E dos remakes, vamos XD). Así, en lugar do inútil de Ash temos a Red, un rapaz que ao comezo da historia recibe un Pikachu do profesor Oak e convírtese nun entreador Pokémon. Podemos ver como loita con varios dos entrenadores dos ximnasios, coma Brock ou Giavonni, así coma outros sucesos míticos do anime coma o asasinato de Cubone.O bonito e extraño da historia é que respeita as reglas establecidas nos videoxogos pero permítese certas licencias dramáticas, como que Red se cargue a un Onix cun Charmander like a boss XD. Non obstante, é altamente fiel ao videoxogo orixinal: hai 149 pokémon máis Mew e Mewtwo , os Pokémon teñen motes(O charizard de Red é apodado Lizard, ou lagarto en inglés), Red usa movementos lóxicos e sabe combatir, Red loita contra Green na final da liga Pokémon, etc.
Son 4 capítulos e non collía todo, pero o que pasou o corte está ben feito.
Hai algún detalle que non está nos xogos orixinais, coma o feito de usar as Megapedras esas de Pokémon X e Y, pero realmente é moi fiel e os xogadores e xogadoras dos orixinais sentirán unha gran nostalxia .
ANIMACIÓN E BSO
Son catro episodios así que a calidade de imaxe é tremenda, as batallas son ultraépicas e non se escatimas recursos para que todo sexa o máis espectacular posíbel. Esquécete do nivel de animación da serie normal porque isto é un nivel completamente diferente.En canto á BSO hai temas míticos dos xogos remasterizados para que sexan aínda máis épicos. Un dos meus favoritos é este, a música de cando Red se enfronta a Green:
A continuación outros exemplos:
CONCLUSIÓN
Este anime faise tremendamente curto porque en catro episodios non da tempo a facer nada, dado que Pokémon é un xogo épicamente longo e contar todo daría para varias tempadas dun anime de 24 caps. Aínda así, este experimento deu un resultado altamente satisfactorio.Como colofón, ahí vai o trailer!
Nota: 8.0
- Back to Home »
- Anime , Nota entre 8 e 9 , Pokémon Origins , shonen »
- CRiTiCa ANiMe: Pokémon Origins