Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 26 de xaneiro de 2014


ENTRADA SORPRESA! XDD O caso é dado que lin este libro recentemente decidín reseñalo no blog. Trátase dunha novela histórica de Francisco Narla que ten moito que ver con Xapón e España, xa que conta a historia da primeira embaixada xaponesa en España.Así , de que vai(Spoiler free)?

Ronin é a historia de como dous homes de rincóns opostos do mundo se ven forzados a traballar xuntos e rematan por forxar unha gran amizade.
Así, atópamonos no reinado de Felipe III en España e de Tokugawa Ieyatsu en Xapón, século XVII. Por un lado temos a Dámaso, un descendente lonxano do conde de Lemos que está destinado en Filipinas para gañar cartos e influencias para poder pedir a man de Constanza de Accioli, unha menina de alta cuna .
Na outra parte do mundo temos a un samurai renegado, un home das ondas ou ronin(Polo que eu teño entendín do libro, os ronin son samurais desonrados que decidiron non cometer seppuku canda o seu señor, ainda que eu tiña a idea de que eran simples campesiños con espada, dado que os samurais proviñan de familias nobles e tal) que forzados pola última vontade do seu señor debe descubrir a identidade do traidor que propiciu a caída do castelo de Fushimi coa conseguinte perda do exército liderado polos Toyotomi(Despois de xogar a Samurai Warriors 3 un ten unha imaxe moi extraña de como era o señor ese XD).
As dúas historias transcorren de xeito paralelo durante a maior parte do libro ata que , por diversas circunstancias, os dous personaxes atópanse. Non son as únicas historias que se contan dado que hai máis historias paralelas dende o punto de vista de outros personaxes .


O libro é un libro histórico que retrata sucesos xa ocorridos polo que se consultas Wikipedia, por exemplo, podes adiantarte aos acontecementos que nel acontencen(Coas licencias que unha historia de ficción pode permitir). Así, aparecen, ben sexa nomeados ou ben como parte importante da trama, personaxes que existiron na realidade. Pola parte española podemos citar a Felipe Terceiro, a Raíña Margarita, a nai de Felipe Ana de Austria, o duque de Lerma, Hortuño de Andrade, etc. Na parte xaponesa podemos citar a Tokugawa Ieyatsu, aos Toyotomi, a Yukimura Sanada(aínda que este só de pasada) e ao dragón dun só ollo, Date Masamune. Tamén aparecen cousas curiosas, como mencións ao pintor Rubens como espía(Cousa que se sospeita que era verdade).
Apare dos personaxes hai un gran trasfondo histórico: durante o reinado de Felipe III España acadou a súa máxima expansión territorial e iso retrátase no libro , especialmente o tema recurrente da guerra contra os "oranxistas" XD. Ademáis, tamén se retrata o período do segundo gran unificador de Xapón, Tokugawa Ieyatsu.


O libro é un libro ben escrito, cunha linguaxe moi selecta e chea de termos apreciábeis para xente á que lle guste a palabra escrita, especialmente se temos en conta o rico vocabulario(xerga) histórica presente en toda a obra.
A obra comeza dun xeito un tanto floxo, dado que hai un bo pedazo no que non hai diálogos e cóntase un pouco onde se sitúa a historia. Porén, logo a cousa cambia e xa hai unha historia cos seus diálogos, aínda que se deixe ver o transfondo histórico en todo momento ao tratarse dunha narración en terceira persoa,


En conclusión, un libro recomendábel.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //