Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 26 de xaneiro de 2014


#manga #anime #ogsn
Boas! Dúas semanas consecutivas con entrada, a ver se dou recuperado o ritmo e consigo que os post saian os venres XD.O caso é que hoxe falaremos da última parte da saga Bloody Monday, neste caso subtitulado Last Season(Por motivos obvios e tal XD) , un manga na liña dos anteriores pero cunha duración moito menor que ao seu comezo tiña como intención pechar a historia definitivamente. Así , de que vai(Aviso de que hai SPOILERS se non lestes a segunda entrada completa)?

Fujimaru(O hacker protagonista) desaparece ao final da segunda entrega de maneiras misteriosas e durante un ano non se sabe nada del. Sen embargo, ao comezo do manga descóbrese que Fujimaru aliouse cos seus antigos inimigos (Os da secta esa que tiñan un líder con aspecto similar a Xesús) para derrotar á mente criminal que estaba detrás de toda a historia: o primeiro ministro de Xapón, parente do mellor amigo de Fujimaru e unha persoa manipuladora que ten planeado un golpe mestro no que a economía mundial sufriría un colapso(Non conto exactamente como porque sería spoiler). O caso é que Fujimaru, xunto coa súa moza e camaradas ten que desbaratar toda a operación e para tal método decide secuestrar un edificio(Vamos, a opción máis lóxica XD). Que que pasa despois? Poderás atopar a resposta se les o manga ! XD

A nivel de arte é igual que nas ocasións anteriores, de feito cecáis un pouco mellor pero xa antes estaba ben. Os deseños son sólidos e as expresións faciais realistas, un conxunto que crea unha atmósfera asfixiante en certos momentos, o que crea un realismo moi interesante.

En conclusión, considero que é a mellor das tres entregas? Non, sen dúbida a premisa xa daba signos de estar esgotada na segunda entrega e nesta entrega certos xiros argumentais non fan máis que dar máis argumentos ao respeito pero admito que constrúe unha trama razoábel para rematar , non é un final inconsistente. Non chega a notábel pero quédase cerca.


Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //