Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 19 de xaneiro de 2014
#manga #anime #ogsn
Seid ihr das Essen?
Nein, wir sind der Jäger
Boas!Hoxe falaremos do anime que foi probábelmente o que máis pasións suscitou o ano pasado , Shingeki no Kyojin, baseado nun manga do mesmo nome. Analizarei só o anime dado que o manga non o lin . Curioso o feito de que o mangaka concedese unha entrevista recentemente na que admitiu que tiña pensado un final traumático pero dado o éxito do manga e pra non decepcionar aos lectores/lectoras cambiou a estrutura e que agora era medio improvisado. Just saying XD.Imos co argumento!
ARGUMENTO
Situámonos nu lugar con características medievais no que a maioría da poboación humana foi aniquilada por xigantes. Así, ao comezo da historia , os poucos humanos humanos que quedan (Este punto é dubidábel a partir de certo punto da historia, pero non digo máis pra non dar spoilers XD ) refúxianse dentro dunha cidade amurallada con tres murallas concéntricas. A máis interior é a máis alta e curta , mentres que a máis exterior é a máis longa pero baixa das tres. Ditas murallas serviron pra que durante máis de cen anos non houbese ningunha incursión de titáns dentro da cidade polo que os humanos reláxanse e pensan que nada vai pasar. Isto resulta ser unha actitude moi errada dado que no primeiro episodio un xigantesxo titán (Que será coñecido posteriormente como Titán Colosal) consegue entrar na cidade . Con el entra un exército de xigantes e prodúcese unha masacre na que a proboación humana queda mermada aínda máis e os poucos que escapan refúxianse na parte interior da cidade, ao amparo das murallas restantes.E ata aquí o argumento. Así de partida é algo que soa moi ben, rollo medieval con xigantes e xente con espadas matándoos. Gore, violencia, intriga e acción son elementos que abundan grazas a este argumento. Sen embargo, o ritmo é moito máis pausado do que un podería pensar en determinados momentos, dado que no anime apenas podemos distinguir tres/catro arcos argumentais en 24/25 episodios(Hai unha OVA): o avance é exasperantemente lento por momentos .
PERSONAXES
Botarémosllo un ollo a personaxe principal e a un personaxe secundario chamado Levi:-Eren: rapaz que perde á súa nai no primeiro capítulo do anime co ataque dos titáns. Debido a este feito decide facerse membro dun corpo de élite que se dedica a matar titáns na medida do posíbel e a estudar as súas debilidades. Ao comezo , a pesar de tental o con tódalas súas forzas resulta ser bastante negado no uso dos aparellos pra loitar contra os titáns pero despois colle práctica e consegue un manexo bastante razoábel.
É o protagonista principal da historia e unha peza clave na loita contra os titáns SPOILER A PARTIR DAQUÍ dado que é un dos poucos humanos coñecidos que ten a habilidade de transformarse en titán ao provocarse dor, o cal deixa entrever que os titáns son froito de certo experimento e o pai de Eren tivo algo que ver e Eren podería ser a única esperanzaz da humanidade FIN DO SPOILER.
-Levi: este personaxe é o xefe da brigada anti-titáns e probábelmente o personaxe máis "cool" de toda a serie.É o único capaz de cargarse a varios titáns a un tempo sen ningún rasguño grazas á súa combinación de velocidade, axilidade e precisión, algo que fai que os seus subordinados o respeiten, a pesar de que el os considere como ferramentas,non como compañeiros.
É unha persoa moi seria, pechada, queda e metódica que mantén unha disciplina de ferro pra darse a respeitar. Non obstante, en certos momentos vese que os seus costumes poden ser modificábeis no caso de esbozar plans na súa cabeza contra os titáns, aínda que ao resto do mundo lle parezán unha loucura.
Algo curioso con este anime é que en enquisas de popularidade Levi desbancou aos protagonistas como personaxe máis popular.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é boa, creo que fai un bo traballo ao capturar a esencia e ambiente do manga: todo é moi escuro e tétrico. Iso non quere dicir que, se temos en conta que pode chegar a haber moitas cousas en pantalla, con centos de soldados e titáns, pódense observar baixóns na calidade.Respeito do deseño de personaxes é bastante fiel ao manga na maioría dos casos, aínda que hai algunha excepción.
A BSO mola, o primeiro opening é o mellor de 2013, na miña opinión, e o segundo non mola tanto pero soa ben. Ademáis, as melodías que soan durante o anime contribúen a crear tensión. Aquí un exemplo:
CONCLUSIÓN
Había un hype enorme con este anime. Todo o mundo vía o anime e dicían que era boísimo, o mellor en non sei canto tempo...Creo que dicir tanto é pasarse, porque a pesar de que é bo, a nivel argumental é moi mellorábel(A pesar de que a premisa básica sexa moi interesante).Notábel.
Nota: 8.0
- Back to Home »
- accion , Attack on the titan , drama , Nota entre 8 e 9 , seinen , Shingeki no Kyojin »
- CRiTiCa ANiMe: Shingeki no Kyojin ( Attack on the titan )
Related Posts :
accion, Attack on the titan, drama, Nota entre 8 e 9, seinen, Shingeki no Kyojin
