Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 4 de xaneiro de 2010

E chegou a hora da crítica de Negima!?. Esta serie é un spin-off da orixibal Mahou sensei negima, cun sieño de personaxes renovado e coa trama diferente. Ao meu parecer esta versión é mellor porque eliminaron fanservice e centráronse máis nas pelexas e na maxia, o cal lle fai moito ben á trama. Así debo dicir que a serie discorre durante 26 capítulos dun xeito bastante bo, con capítulos de recheo si, pero en xeral a maioría contribúen a historia . Hai un manga desta serie chamado Negima Neo, e tamén de Mahou Sensei Negima.
Ben, a historia é a de Negi Springfield, un alumno da escola de maxia que tras sete anos de longo entrenamento chega á proba final para convertirse nun Magister magi, coma o seu pai , o Thousand master. Esa proba é a de ser profesor de inglés nunha escola feminina( Negi ten un nivel de inglés universitario, vamos, moi bo) da clase 3-A, que ten 31 alumnas. Se algunhas delas descubrise o seu segredo el convertiríase en animal. Isto convértese nun recurso moi previsible, xa no primeiro capítulo ocorre. Así, se unha das súas laumnas o descobre, el fai un contrato provisional con ela que lle da poderes. Concretamente, cando el invoca o contrato poden saír tres cartas diferentes, unha carta sula, que a transforma nun animal pequeno con mentalidade infantil sen ningún poder, unha carta cosplay, e unha cara armor, a máis poderosa. Como era inevitable, descóbreno tódalas súas alumnas i é convertido nun chupacabra. (Motsu e Mya son os enviados da academia de maxia que o descobren, dous seres bastante abstractos, segundo a historia, ra e gato respectivamente, que lle dan un certo aire cómico á serie) . Logo, fai un contrato provisional con tódolos membros da clase e volve ser humano. Ben, logo pasan máis cousas, pero se queres sabelo, ve a serie.
A parte dos personaxes principais, hai un longísimo elenco de secundarios, é dicir, 31 alumnas da clase de Negi. Logo, tamén están Eva e Chachamaru, que son un vampiro nun corpo de nena  atrapada na escola e un robot respectivamente, takahata, un profesor , a irmá de Negi Nekane, Anya, amiga da infancia de Negi e o director da escola. As alumnas principais son Asuna, quen ten un caracter moi forte, Nodoka, quen é moi tímida e está namorada de Negi, Setsuna, quen é a gardaespaldas persoal de Konoka, a propia Konoka, as xemelgas Fuka e Fumika e Kaede.
Aparte do que é o argumento principla, a serie interrumpe a historia por momentos e conta historias secundarias, e á fin dos capítulos conta unha historia duns dous minutos en cada capítulo. Isto ode parecer malo, máis eu non o creo así, xa que relaxa a tensión da acción para retomala con ánimos renovados.
Se falamos do diseño de personaxes, nesta versión están moito mellor, a animación é moito máis detallada e cambia  o diseño de algúns personaxes( Nesta versión Asuna ten os ollos azuis mentres que na anterior eran verdes) .
A música é moi boa, gústanme os openings e endings, algo que só me pasara en contadas ocasións, sempre soe ser mellor o opening ou o ending. As melodías certo é que son algo repetitivas, pero son pegadizas, e incluso se marca algúns canción de música clásica épica.
Eu recoméndoa.

Nota : 7

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //