Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 22 de setembro de 2011


Basicamente S&M


Como comento arriba, Nana to Kaoru é un manga de xénero ecchi tirando a hentai que conta as peripecias de un mozo e unha moza que fan cousas sadomasoquistas. Ten unha historia, cecáis non é a mellor pero existe XD:

Nana to Kaoru conta a historia de un rapaz chamado Kaoru, un rapaz moi feo que sempre está só e non ten amigos pero que está namorado secretamente da rapaza máis guapa da súa clase , Nana, que é unha rapaza moi perfeccionista e que ademáis é a presidenta do consello estudantil. Todo isto resulta en que o seu estrés se acumule e comece a repercutir no seu traballo, polo que os profesores lle suxiren que realice algunha actividade que a relaxe. 
Así, Nana decide pedirlle a Kaoru que a axude con isto ao que Kaoru accede e aquí comezan unha serie de "sesións" sadomasoquistas na maioría dos casos e noutros só por pasar vergoña que fan que Nana libere o seu estrés de xeitos moi particulares.


Evindetemente é un manga para adultos aínda que non se poida considerar que sexa un hentai puro, dado que nunca sae unha muller espida aínda que cecáis saian féminas en posturas igualmente provocativas XD.
A historia en si non é gran cousa , pero molo menos é diferente no senso de que se saltan a parte de romance e pasan a outro tipo de cousas explorando camiños bastante novidosos no manga segundo a miña experiencia.
Hai que salientar que non se usa violencia , de feito , salientan cada pouco que os utensilios das "sesións" teñen que estar en perfectas condicións(as cordas perfectamente acondicionadas para evitar estrías, o material desinfectado , etc) algo que supoño que intenta facer o manga o máis realista posíbel.

Hai máis personaxes aparte de Nan e de Kaoru, aínda que son os princnipais e as "sesións" que teñen son en absoluto segredo, aínda que posteriormente teñen unha comañeira e diversas amistades aparecen na trama.

O aspecto artístico é o punto máis salientábel do manga, encántame o estilo que ten o/a mangaka que debuxa isto , especialmente nas expresións faciais dos personaxes ante sentimentos coma a vergoña , que son brilantes.
O deseño dos personaxes é bastante particular e extranamente proporcionado(algo raro no manga) o que me parece un acerto.

Hai unha OVA que estña moi ben animada i é fiel ao manga (relativamente) dispoñíbel para botarlle un primeiro vistazo á obra bastante razonábel, para probar polo menos.Capturas da OVA:




A min é un manga que me gusta bastante, non é que espere con ansia cada capítulo pero cada capítulo que leo déixame o suficientemente satisfeito como para non deixar de lelo xd

Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //