Newest Post
A pelota sempre remata diante da persoa que nunca se rinde
Moitas veces esquecemos o que di a frase en cursiva que está por riba desta texto, que dise nun contexto futobolístico pero que se pode aplicar a calquera outro ámbito da vida.
Así, falaremos de Giant Killing que é o que nos ocupa. É un sports anime que ven dun sports manga homónimo que gañou un premio Kodansha ao mellor manga na categoría de mellor manga en xeral. É interesante e ten un "algo" que fai que a pesar da súa estrutura repetitva non aburra a trama e continue o seu visionado con relativa facilidade, e dío alguén a quen non lle soen gustar os mangas de deportes. Agora, o argumento:
ARGUMENTO
Este anime conta a historia de certo equipo de fútbol de Tokio, o East Tokio United(ETU) ,que tivo a súa época dourada tempo atrás e que, despois de incluso descender á segunda división conseguiron ascender á primeira outra vez sempre están na zona baixa da clasificación. As cousas non están ben para o equipo que cambia constantemente de entrenador, case non ten fans nos partidos e cuns xogadores carentes de moral.
Todo a parte dos malos resultados comezou cando a gran estrela do equipo, Takeshi Tatsumi, marchou do equipo para xogar en Europa, onde actualmente exerce de entrenador. Así, dous representantes do ETU deciden a Reino Unido, onde Tatsumi conseguiu que un equipo case de aficionados derrotara a un grande da liga inglesa e chegase a estar entre os 32 primeiros da FA Cup, algo que os afinicionados denominaron Giant Killing(Matanza de Xigantes), dahí o nome do anime. Así, os enviados do ETU pídenlle a Tatsumi que volva a Xapón para convertirse no entrenador do ETU e devolverlle a súa grandeza, algo que Tatsumi acepta e así comeza a historia.
Logo disto a trama desenvólvese basicamente xogando partidos , ben de liga , ben de copa ou outros torneos e nos entrenamentos, que soen ser bastante "estranbóticos", facendo case de todo menos entrenar normalmente.
Os partidos son bastante realistas dentro do que se podería esperar, xa que a súa duración non é demasiado longa en capítulos(normalmente, xa que hai partidos especiais que si duran bastante) e úsasnse tácticas de fútbol reais para gañar os partidos. De feito, algo que recalcaln no anime e no que eu coincido é en que o máis importante non é sempre a técnica dun xogador, senón a capacidade que ten de loita e a mentalidade coa que afronte os seus compromisos, algo no que Tatsumi fai fincapé para cambiar a racha de resultados negativos do ETU.
O anime non abarca demasiado en tempo, xa que ao remate do mesmo apenas transcorreu a metade da tempada polo que queda aberta a posibilidade dunha segunda tempada xa que o manga orixinal ten moitos máis capítulos.
Hai que destacar que a súa demografía é seinen, nótase sobre todo en que o peso de lograr as victorias e de aguantar as derrotas non recae sobre os xogadores e recae maiormente no entrenador, sendo este o protagonista da historia.
PERSONAXES
Hai moitos secundarios pero o certo é que non se mostra a tódolos membros do ETU(aínda que sí á maior parte dos once iniciais que xogan normalmente) e algúns deles apenas son nomeados ou sae nalgún partido.
Takeshi Tatsumi: entrenador do ETU e ex-xogador do mesmo. Alguén cunha personalidade moi forte que quere gañar como sexa pero que sempre actúa de maneira despreocupada, o que molesta aos seus xogadores e á outra xente, pero que sempre remata de xeito favorábel ao equipo.
É un gran entrenador, xa que non pide fichaxes e cos xogadores que ten é capaz de facer unha estratexia para xogar cada partido e conseguir gañar algúns partidos.
É o protagonista da historia.
Murakoshi: defensa do ETU(presumiblemente central dado que non é o suficientemente rápido como para ser lateral). Antes de que Tatsumi sexa o entrenado do club é o capítán e unha figura dentro do equipo, polo que é apodado Mr ETU , pero Tatsumi quítalle responsabilidade para que poida desenvolverse como xogador, mellorando o seu rendemento.
Actúa sempre buscando darlle moral ao grupo e apoio aos máis novos dándolle confianza.
Sera: dianteiro novo(de idade) que parece unha promesa, aínda que a súa conta de goles non sexa demasiado elevada. Soe marcar en ocasión importantes e convírtese nun titular do equipo
Yuri: filla do presidente do ETU que se preocupa moito polo club , dado que é fan desde pequena.
É unha adicta ao traballo e sempre consegue o mellor para o equipo.
Luigi: máis coñecido coma ouji(príncipe), é un xogador italiano que é o encargado de crear o xogo no ETU, xogando nunha posición de mediocentro ou así.
É moi despreocupado e pasa moito do tema , cansándose enseguida, pero ten unha técnica impresionante que fai que os seus pases nunca fallen polo qhe é un titular indiscutíbel.
Tsubaki: gran promesa do ETU que demostra moito potencial omo dianteiro por momentos, mentres que outras veces é unha "burra"(sen insultar aos animais, claro está) que non sabe andar coa pelota entre os pés e pódelle a presión.
Kuroda: defensa central do ETU que sempre discute co entrenador e que chega a case abandoar o equipo, aínda que finalmente non o fai.
De personalidade forte, é un bo defensa no marcaxe individual sendo a clave para gañar moitos partidos.
ANIMACIÓN E BSO
Algo que me chama a atención sobre o deseño de personaxes deste anime é o nariz dos personaxes. Por que? Bueno, porque a maioría deles(non todos, certo, pero moitos) teñen o nariz extraordinariamente puntiagudo XD. Non é que me moleste nin nada ppero pareceume curioso XD.
Respeito da animación en sí debo dicir que é decente , segue un trazo moi similar ao do manga e fai fincapé nalgúns detalles, coma o movemento do balón ou o movemento dos xogadores cando fan regates, fintas ou outros movementos aínda que non tanto no deseño de personaxes. É algo así como que o importante é o partido e non os xogadores.
Algo interesante é que "cada un fala no que lle parece". Vale, non é para tanto pero pódese escoitar a xente falando en inglés, francés alemán e xaponés, algo bastante curioso XD.
A BSO está ben , algo repetitiva, iso si XD, xa que hai un ou dous temas que soan sempre que pasa algo importante que a pesar de que non están mal cansan se os escoitas tantas veces XD.
O opening está moi ben, gústame ese estilo como de fútbol inglés, buscando un son tradicional e incorporando gaitas incluso.
O ending é de estilo máis roqueiro pero non por iso peor, de feito é un dos pouco endings que me leva gustado porque non é algo lento senón algo con ritmo.
http://youtu.be/BI_zwzAH1FY
CONCLUSIÓN
Gran anime seinen de fútbol que fai xustiza con este deporte ofrecendo un produto serio e riguroso e moitos aspectos co seu toque de imaxinación para darlle vida á trama. Moi recomendábel.
Nota: 8.9
- Back to Home »
- Anime , Giant Killing , Nota entre 8 e 9 , seinen , sports »
- CRíTiCa ANiMe: Giant Killing