Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 15 de setembro de 2011


Antes de nada dicir que este manga é unha continuación/versión alternativa dun chamado Girl Saurus, o cal non fai falla ler xa que eu non o lin e entereime igual da historia XD. Ademáis, en Girl Saurus DX cóntase a historia outra vez desde o comezo así que non hai nungún problema en ler esta obra sen ler a outra.
É un manga de xénero ecchi, para ser máis exactos, do mítico xénero ecchi que se caracteriza porque o protagonista principal está rodeado por un harem de féminas que a medida que se desenvolve o manga rematan tendo sentimentos amorosos cara el.
O protagonista ten un hándicap: tenlle medo ás mulleres debido a unha experiencia traumática que tivo con unha (que actualmente é compañeira súa de clase) e cando unha rapaza o toca sente medo, ten reaccións alérxicas, ...(alguén dixo Girls Bravo ? XD).

Así, isto vai dun rapaz que ten medo das mulleres por unha experiencia traumática con unha. Daquela época esa rapaza era unha mole i era moi fea pero agora é toda unha beleza aínda que para o noso protagonista segue sendo igual de aterradora.
Debido a diversas circunstancias o noso protagonista remata tendo un montón de amigas (harem XD) ás que ten que ocultar a súa fobia ás mulleres, o que lle resulta terriblemente complicado dado que o someten a un montón de situacións de corte ecchi moi extravagantes que é pouco probábel que lle pasen a outro estudante calquera.

É unha comedia romántica baseada no slice of life,contando a vida diaria d@s personaxes.
A parte cómica é moi boa e farate botar máis dun gargallada: recorre ao drama nos momentos finais do manga pero apenas é remarcábel.
O debuxo é moi bo, o deseño de personaxes (especialmente as femininas, como non XD) está moi detallado i é constante o atopar a personaxes en bikini ou en panos menores.

Como conclusión(tamén coñecida como parte que les primeiro para non ter que ler todo o texto anterior LOL) dicir que é un manga divertido, dinámico , cun deseño de personaxes bo que te fará rir bastantes coa inverosimilitude das situacións ecchi que se lle prantexan a un protagonistas que ten medo das mulleres pero que sen embargo parece ser un imán para elas.

Nota: 6

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //