Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 14 de agosto de 2011


Hoxe voume saír un pouco da temática habitual deste blog e vou falar dunha serie de televisión que non ten nada que ver con manga ou anime pero que ao meu entender é unha must-see a pesar de súa audiencia descendente sobre todo na tempada máis recente.

Así, comentarei esta serie a través dunha serie de post , cada un dos cales comentará cada temporada, do que se deduce que haberá unha gran cantidade de spoilers mesturados coa opinión xeral , opinións dalgún capítulo en concreto e tamén análise de personaxes.
Tamén , en cada un dos post incluirei a banda sonora de cada temporada a través dun link a unha lista de reprodución de youtube, aínda que a maioría da información será sacada de chucktv.net.
Os vídeos que aparezan no post estarán en inglés na súa maioría, pero procurarei que sexan dos que se poidan poñer con subtítulos en español en youtube(si , sei que non son moi fiábeis, pero menos da unha pedra :))

Bueno, despois desa pequena introdución falemos de Chuck . Como idea xeral, podemos dicir que a serie é unha na que "friki convértese en superespía por accidente e coñece a tía boa no proceso". Así, o noso protagonista chámase Chuck Bartowski(Zachary Levi), un rapaz que comezou a estudar en Stanford(unha das universidades máis prestixiosas de EEUU) enxeñaría informática pero que foi expulsado pola culpa do seu ex-mellor amigo Bryce Larkin, quen o acusa de  roubar as respostas duns exames (acusación totalmente falsa). Así, Chuck remata sendo un nerd que traballa nun Buy More(cadea de grandes almacéns ficticia cuxa tradución sería Compra Máis) por un soldo mísero na sección de tecnoloxía do mesmo. Non ten moza dado que aínda non superou a súa última ruptura na universidade e vive coa súa irmá e co mozo desta , Devon, máis coñecido como capitán Awesome(Alucinante, Asombroso, Incrible).
A súa vida é bastante aburrida xunto co seu mellor amigo Morgan Grimes , que traballa con el, e o resto de traballadores do compra máis da sección de tecnoloxía, daquí en diante Nerd Herd. Chuck pasa o seu tempo xogando a videoxogos, vendo películas e comendo comida a domicilio.
Sen embargo, todo isto cambia cando Chuck recibe un correo do seu antigo compañeiro Bryce Larkin que contén un montón de imaxes que pasan de unha a outra á velocidade da luz, pero que Chuck é capaz de asimilar aínda que se desmaia ao velas todas.
Logo disto vai traballar á tenda normalmente cando aparece unha "rubia" moi guapa chamada Sarah Walker(Yvonne) para que lle arranxe o seu teléfono. Volve dalí a pouco e Chuck descobre que en realidade non é unha persona normal senón unha axente da CIA que veu para custodiar o resultado do visionado de imaxes que Chuck tivo: isto é, Chuck dsecargouse por erro tódolos secretos da CIA e da NSA no seu cerebro polo que a mencionada Sarah e un axente da NSA chamado John Casey quédanse en Burbank(cidade onde se desenrola a acción, que se me esquecera dicilo XD) para protexer a Chuck.
Así, a vida de Chuck da un xiro tremendo , xa que grazas a ter o intersect no cerebro pode ter flashes, isto é, ser capaz de recoñecer a unha persoa, un son, un obxecto,... que se atope dentro do intersect , o cal é moi útil en misións de espionaxe.
Así, nesta temporada comeza a vida de Chuck como espía (o seu nome en clave é Charles Carmichael) e este comeza a desenrolar certo interés romántico pola súa compañeira Sarah Walker que resulta nun amor non correspondido.
Claramente(XD) Chuck debe manteñer a súa nova identidade de espía en secreto da súa familia e dos seus amigos, o que lle ocasionará máis dun problema pero que dalgún xeito ou doutro sempre logra resolver.
Falemos agora de Sarah Walker e de John Casey, daquí endiante o equipo Bartowski xunto con Chuck.
Sarah é unha muller moi dura, criada nunha familia desestruturada que só pensa en cumprir as súas misións sen importarlle nada máis, especialmente o interés de Chuck nela, algo que toma como unha ventaxa nalgúns momentos para manipular a Chuck.
Certamente pódese dicir quea súa personaxe é bastate profunda xa que aínda que aparente todo o dito anteriormente hai varios momentos durante a tempada nos que se descobra que non é tanto como aparenta pero comportarse do modo en qu eo fai é o modo máis sinxelo de traballar no negocio. A súa tapadeira é traballar nunha tenda de hotdogs que ao mesmo tempo serve de base para a CIA. Mención ao uniforme que leva , ahí nótase certo aceno ao público masculino XD.


Casting de Yvonne Strahovski para o papel de Sarah Walker.

John Casey é un axente da NSA que é considerado o mellor tirador de USA é un dos mellores axentes do planeta. É un tipo frío, implacábel , que sempre consegue os seus obxectivos e considera a Chuck coma unha  perda de tempo e unha desgraza, polo que o soe tratar bastante mal(Fai certo "gruñido" cando está en desacordo con algo). 
Sen embargo sálvalle a vida a Chuck en varias ocasións nesta tempada e xunto co tempo que pasa con Chuck no Buy more(que é a súa tapadeira, isto é, ser traballador no Buy More) parece que lle colle certo cariño.


Audición de Adam Baldwin

Chuck, Sarah e Casey, quen reciben as súas ordes na base da CIA que está onde traballa Sarah(a pesar de que cambia de ubicación durante a serie, creo que desde o comezo se refiren a ela como Castle, cousa que fan na última tempada pero que non corroborei xa que vin a serie en español ao comezo) son o trío principal. Reciben as súas ordes da Xeneral Beckman, unha muller que non pon moita confianza en Chuck pero que remata por admitir que o equipo Bartowski ten un índice de éxito incrible .
Hai máis personaxes aparte dos mencionados arriba, entre os que podemos citar diferentes tipos. Así, se nos imos ao ámbito familiar hai que falar de Ellie, irmá de Chuck, Devon "Captain Awesome" Woodcomb , mozo desta e Morgan, o mellor amigo de Chuck desde a infancia que meto neste grupo porque se podería considerar parte da súa familia. 
Comecemos por Ellie, cuxo nome completo é Eleanor Bartowski, quen é unha persoa moi alegre e risoña que vive felizmente co seu mozo e con Chuck, a quen "mima" moito e o trata en plan "mami", preocupándose moito por el e procurando que non haxa secretos entre os dous. 
É unha doutora que traballa no mesmo hospital que Devon i é moi intelixente , polo que non tarda en sospeitar que Chuck lle oculta secretos polo que a relación dos dous irmáns comeza a deteriorarse aínda que se seguen levando perfectamente ben. 
É unha personaxe bastante carismática, creo que a actriz que interpreta fai un gran traballo


Sarah Lancaster proba para Ellie


Devcon é un personaxe que pode parecer o estereotipo de alguén que é guapo, forte, listo, cun traballo bo e en resumo con moito éxito no amor e así o é pero ten matices bastante interesantes, aínda que se cadra nesta tempada non se exploran , cousa que si pasa nas seguintes.
É un doutor (cardiólogo) que traballa con Elie, a quen coñeceu na facultade de Mediciña e coa que vive xunto con Chuck. 
É un tipo moi seguro de si mesmo, que practica escalada e fai un montón de cousas que "awesome" dahí o de capitán "Awesome" en referencia á imaxe que da o personaxe.




Ryan Mcpartlin na súa proba para Devon "Captain Awesome" Woodcomb


Morgan é o mellor amigo de Chuck. Os seus gustos e aficións son similares, sentindo os dous amor polos videoxogos , a tecnoloxía e as pelis de artes marciais xaponesas, aínda que Morgan parece ser máis radical neste aspecto. 
A súa personalidade é distinta á de Chuck no senso de que aínda que os dous sexan nerds Morgan é se cadra máis "discurrideiro" e sempre anda a argallar cousas para non traballar no Buy More e poder divertirse xunto co resto dos membros do seu traballo(Chuck é o home máis confiábel do Buy More como di o xefe do sitio Big Mike en varias ocasións).
Non sabe o segredo de Chuck e aínda que Chuck quere contarllo non o fai por motivos de seguridade, claro.




Joshua Gomez como Morgan Grimes




Ben, agora comentemos un pouco ás "persoas" , por chamarlle dalgún modo XD que traballan no Buy More, cuxas personalidades son moi "especiais" e contribúen á parte cómica do show.
A estrutura de cada capítulo de Chuck soe consistir nunha trama principal na que o equipo Bartowski leva a cabo unha misión e unha subtrama na que os empregados do Buy More argallan algo. Durante esta primeira tempada son momentos graciosos pero decae a calidade desta parte a medida que pasan as tempadas.
Falemos primeiro de Jeff, un dos empregados do Buy More. Certamente é un tipo con pinta de vagabundo fumado, que parece que está colocado sempre é cuxa mera presenza é graciosa XD.
É moi saído e sempre intenta ligar pero sempre acaba rexeitado porque lle da "asco" ás mulleres. Ten unha amistade moi profunda con Lefster, un home de pequena estatura moreno(ten aspecto de persoa da india) que ten unha voz bastante aguda e se dedica a molestar aos demáis cando pode e sobre todo é un mestre na arte de escaquearse do traballo inventando centos de métodos para conseguilo.

Big Mike é o xefe do sitio, un home gordo(dahí o de Big) que intenta levar o negocio o mellor que pode pero sin rascala a poder ser , polo que pasa o día comendo bocadillos e rosquillas. 
O entreteñemento das xentes do Nerd Herd é , cando menos, raro XD. Hai competicións tan extrañas como ser capaces de adiviñar o programa de televisión só con un segundo ou menos , pelexas nunha pequena xaula, timbas de póker clandestinas, seguimento de mulleres(ás que acosan) por diversión e outras moitas cousas estúpidas XD.
Esquecíaseme comentar á xeneral Beckman, unha personaxe que se ve frecuentemente aínda que só interactúa cos protagonistas dándolle instrucións para executar as súas misións.
E falemos de CHUCK agora, isto é, o protagonista da serie que da nome á mesma.
Chuck é un tipo normal, un nerd frustrado que pensa que non ten futuro porque o botaron de Stanford e aínda segue deprimido por unha ruptura de fai moito tempo atrás. Sen embargo, cando se atopa cunha situación totalmente atípica para el(todo o tema da CIA) e se ve na obriga de salvar o mundo e procurar non morrer cada pouco tempo comeza a cambiar e a coller un pouco de confianza en si mesmo. Zachari Levi borda este papel conseguindo un personaxe moi gracioso é co que é bastante sinxelo empatizar e pensar que sería posíbel que iso pasar na realidade.






Cast de Zachary Levi para interpretar a Chuck

Podería facer un longo resumo da sinopse desta tempada pero a wikipedia na súa versión inglesa está bastante ben sobre o tema como aquí se comproba:
http://en.wikipedia.org/wiki/Chuck_(season_1)

Así, falemos da BSO(OST en inglés) da serie. Debo dicir que a canción inicial, o opening(este) non me convence moito pero o que son as cancións que soan durante os capítulos son moi boas e cadran moi ben coa acción. A lista das cancións da primeira tempada saqueina de http://chucktv.net/music/music-season-1/ pero busquei cada unha en youtube e fixen unha lista de reprodución que aquí poño:


 Non puiden atopar en youtube a de On Sale Now de Daniel May, pero pódese atopar para descargar facilmente.

Seguindo con tema do audio, que non da música, vin algún capítulo desta serie(como mínimo) en inglés, español e galego polo que podo comparar as tres dobraxes.
Tecnicamente en inglés non é unha dobraxe xa que os personaxes falan así eles mesmos , é o idioma no que se graba a serie, e as voces son bastantes boas.
En galego hai cousas que fan graza pero creo que non hai a calidade suficiente na dobraxe ao usar sempre as mesmas voces unha e outra vez sexa o tipo de serie que sexa .
En resumo, para min, a mellor dobraxe é en castelán, que supera á inglesa. Unha razón? Bueno, sobre todo a razón que me inclinou cara esta decisión foi a dobraxe de Chuck, xa que en inglés a súa voz é moito máis "monótona" que en español , xa que en español fai un montón de cambios de ton e xogos coa voz que me fan máis graza.

Basicamente esta tempada é o comezo da historia polo que non hai grandes enfrontamentos nin grandes viláns e componse maiormente de capítulos independentes entre si compostos de parte de espías e parte de Buy More.

E así remata este primeiro post da coleción que publicarei sobre Chuck. Na seguinte entrega poñerei algúns vídeos con esceas eliminadas da primeira tempada e entrevistas aos actores, así coma os outros extras.
Agora poño un pequeno vídeo para ver de que vai a tempada 1 desta serie....Stay in the car , Chuck! XD



Máis información en:
http://en.wikipedia.org/wiki/Chuck_(season_1)
http://chucktv.net/
http://chuck-nbc.wikia.com/wiki/Chuck_-_Mondays_on_NBC
http://www.nerdherdhelp.com/
http://www.buy-more.net/

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //