Newest Post
Hoxe falaremos dun manga de comedia, romance e shonen. É un manga moi curto que se pode ler nunha tarde apenas, que foi feito como consecuencia de certo videoxogo. De feito, é un só dos múltiples mangas que se fixeron a partir do videoxogo chamado Love Plus, un dating Sim pra nintendo ds(Un dating sim é un xogo no que tes que "conquistar" a varias rapazas a un tempo facéndolle regalos e cousas así cun estilo dunha aventura gráfica).Así, por que este e non outro? Bueno, foi unha cuestión de....azar XD. Comecemos!
A historia vai sobre certo rapaz chamado Aikawa Wataru, quen decide quedar en Xapón despois de que o seu pai marche de viaxe pra así vivir á súa bola.
Así, comeza a súa vida de estudante nun Istituto ao que se transfire ao comezo da historia e a súa tutora dille que ten que atopar a certa estudante pra que a mesma realice certas tarefas que ten pendentes. No seu camiño escoita que a rapaza non é que sexa especialmente querida polos seus compañeiros . Wataru coñécea nunha sala de xogos e dase conta cal é o motivo : dita rapaza ten moi mala personalidade e péchase en si mesma atacando aos demáis. Sen embargo, Wataru sinte que ten que haber algo máis así que decide coñecela un pouco máis e atopa que non é tan mala como parecía.
Así , a historia transcorre entre amores e desamores típicos dos romances shonen, coa firma do mangaka.
En resumo, obra que Kouji Seo(Kimi no Iru Machi, Suzuka,..)publicou durante 10 capítulos cunha media de 40 páxinas por capítulo que leva a súa firma a pesar de ser unha obra tan curta. Recomendábel.
Se che gustou o manga, podes ler calquera dos outros 4 mangas da franquicia LovePlus, aínda que cada un deles é debuxado por un mangaka diferente.
Nota: 5
- Back to Home »
- comedia , Loveplus Rinko Days , Manga , Nota entre 5 e 6 , romance , shonen »
- Recomendación : Loveplus Rinko Days