Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :xoves, 13 de febreiro de 2014
#manga #anime #ogsn
Boas!, a semana pasada rematou o manga de Kimi no Iru Machi así que esta semana toca review. Comecei a ler dito manga cando levaba poucos capítulos polo que podo dicir que o seguín semanalmente durante o 75% da súa traxectoria(A pesar de que pensei en dropealo logo de que a trama se volvese insufríbel XD, pero quería ver como remataba).
A razón principal que me levou a ler este manga foi que tiña lido Suzuka, manga do mesmo autor e ambientado no mesmo universo que Kimi no Iru Machi pero uns anos antes. As comparacións son odiosas pero aínda así algunha cairá unha vez que comente de que vai esta historia. Imos aló co argumento!
A historia comeza cun encontro entre un rapaz chamado Aoshima e unha rapaza chamada Yuzuki, que por circunstancias familiares remata por vivir na casa de Aoshima.Así, a trama desenvólvese nun entorno rural no que os protagonistas interactúan entre sí nun ambiente festivo e de "verán para sempre".
Ao comezo do manga apenas son uns adolescentes pero cecáis sexa mellor así: este feito funciona ben na historia .
Comentada a premisa básica, un pode pensar que se asemella moito a outros mangas(Dos que eu leo/lin, sobre todo a Parallel e a Pastel ten unha similitude moi moi alta).Ao principio a historia ten coherencia, uns personaxes razoables...incluso pode ser disfrutábel. Pero despois a cousa cambia cando certo evento provoca que os protagonistas trasladen o seu entorno de acción á cidade. Este feito en sí só no é malo pero en conxunción con tramas cada vez máis absurdas e repetitivas fan que un manga de máis de 200 capítulos teña máis de 100 nos que non pasa nada interesante.Non é que non pasen cousas(e incluso hai algún momento memorábel) pero na súa maioría convírtese nun slice of life simple no que non hai un obxectivo concreto a seguir, algo que o lastra terriblemente .Non se salva ao final, onde en tres capítulos meten un último atisbo de drama que se resolve dunha maneira pouco satisfactoria(Digo isto, porque para rematar como rematou, non entendo a que veu ese momento de drama XD).
A nivel de debuxo Kouji Seo ten un estilo bastante particular e se ves os primeiros capítulos e os últimos podes observar unha melloría notábel: os últimos capítulos a nivel de arte son moi destacados..
En conclusión, o manga comeza ben pero en certo punto da historia comeza a ir cara abaixo...e non para nin ao final XD. De manter o nivel do principio podería ter acadado unha nota superior a Suzuka pero témome que serei xeneroso dándolle un aprobado.
Nota: 5.5
- Back to Home »
- A town where you live , Kimi no iru machi , Manga , Nota entre 5 e 6 , romance , shonen »
- Recomendación: Kimi no Iru Machi( A town where you live )
Related Posts :
A town where you live, Kimi no iru machi, Manga, Nota entre 5 e 6, romance, shonen
