Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 1 de outubro de 2010




NOME: Lock On! (ロックオン!)
AUTOR:Tsuchida Kenta
ANO:2010
REVISTA:WSJ
XÉNERO:romace, shounen, comedia,school life
Nº TOMOS:2
Nº CAPS:18
ANIME:Non
SIMILAR A: ningún en especial


Aquí Recomendo Lock On!, un manga que foi serializado en WSJ logo dun exitoso one-shot durante o ano 2010. É un manga bastante interesante na súa premisa inicial, aínda que non se desenvolve demasiado pola súa escasa duración e o seu repentino final.


Lock On! conta a historia dun rapaz que ten a habilidade do Sutter Eye, que lle permite recordar todo o que ve, almacenando a súa cabeza grandes cantidades de inforomación, dende como facer kárate a recordos  ,facéndoo un fotógrafo excepcional.

Comecei a lelo porque o argumento inicial me pareceu interesante, aínda que é levado dunha forma máis ben románica deixando bastante de lado o que é a acción, e neste manga creo que podería haber sitio para a mesma.
Non da para moito , logo de uns caps foi cancelada polo seu baixo rendemento e pódese ver que efectivamente non foi ao chou xa que decae a medida que pasan os caps, polo que o ending é moi forzado e deixa a gran pregunta: que pasará despois?Aínda así merece a pena lelo, polo menos o seu one-shot.


Nota: 5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //