Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 15 de outubro de 2010


TÍTULO: Veritas(베리타스))
Nº CAPS: 81
Nº VOLS: 10
STATUS: completo
XÉNERO: artes marciais,acción
ANO COMEZO: 2005
ANO FINALIZACIÓN:2010
SIMILAR A: The Breaker



NOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOON!Rematou Veritas! Como se pode deducir non quería que rematase por dous motivos principais: un, que o cap final foi demasiado apresurado, deixando moitas cousas sen resolver por moito que me veñan contando que vai haber unha segunda parte.Dous, este manwa foi do mellorciño que levo lido, moi por encima de shonen coma Naruto ou One piece.
Ben deixemónos de introduccións e vamos co argumento.Está cheo de spoilers,polo que lelo ou non é a túa responsabilidade.Sempre che queda mangafox,submanga, ou incluso wikipedia.



Veritas é un manhwa coreano que conta a historia de como Gangryong, un rapaz badass que é moi débila ao comezo da historia e que sempre anda metido en pelexas coñece ao seu maestro, un experto loitador de artes marciais que despois de moita insistencia por parte de Gangryong ensínalle o básico sobre a súa arte marcial. Todo vai ben ata que pouco tempo despois de comezar o seu entrenamento uns homes de traxe comunícanlle a Gangryong que o seu maestro está morto entregándolle nunha caixa os poucos ósos que quedan del e pregándolle que os acompañe.Á fin, Gangryong acompáñaos a un Istituto(que en nada parece pero bueno) no que a mayoría dos seus alumnos son grandes loitadores de artes marcíais , xa que como descobre Gangryong ese Istituto está rexeitado por unha organización chamada Heavens Riches, que quere conservar as artes marcíais, metendo a Gangryong por ser o único discípulo vivo de Lighting Tiger que tivo a ocasión de aprender algo do mesmo.Neste punto comeza a historia, todo o anterior sería máis ou menos coma o prólogo que se conta no capítulo 1.Segundo o anterior poderíase pensar que o argumento é o mítico no que un rapaz débil vólvese forte co entrenamento do seu maestro e comeza a patear traseiros . En parte, pero iso non é o principal atractivo do manga.De feito, Gangryong a penas ten tempo de aprender unha soa técnica do seu maestro, polo que terá que entrenar moito e non tódalas súas batallas rematarán en victoria, máis ben estatíscamente case non pelexa e normalmente perde.


A historia conta a historia do Heavens Riches e outras oganizacións de artes marcíais, non a historia de Gangryong, sobre todo a medida que pasan os caps. Así, ao ser un manhwa, constrúese unha trama amplísima que é o mellor do manga , sen dúbida. Non penses que vas atopar unha trama vacía na que só importan as pelexas porque non é así, xa que aínda que hai moitas, tamén hai moitos capítulos nos que hai amplísimos diálogos entre @s personaxes que son simplemente xeniais.Afóndase en profundos problemas pasados, hai centos de flashbacks sobre cousas que non pasan na historia principal pero que inflúen directamente sobre a mesma.



A trama principal do manga convértese a medida que pasan os caps en algo que pode parecer trivial pero non é para nada así: derrocar ao consello estudantil(Non, parece que o tema das votacións democráticas non o coñecen)Así, Gangryong e os seus compañeiros intentan derrocar a Vera , a actual presidenta e aos seus colaboradores.Cómpre salientar que se describe a Vera coma unha especie de deidade, invencíbel, indestructíbel, só pensar en gañarlle é unha utopía, unha especie de femme fatale .Coma tódalas personaxes femininas(os masculinos tamén, pero creo que cecáis estén menos detallados)é tremendamente bela, provocando , ou intentando provocar, unha actitude de amor-odio cara o lector, xa que en realidade é unha bitch, como se demostra cando ela soa é capaz de matar a tódolos alumnos do instituto, unha escena brillante onde se mostra un pabellón cheo de corpos ensangrentados e a Vera saíndo vinctoriosa.



Falando da arte, é simplemente excepcional, unha pena que o artista se vaia, estamos a falar dun nivel de debuxo que deixa quedar como aprendices a outros mangakas, polo menos dende o meu punto de vista.Isto é , personaxes tremendamente detallados, sen esquecer unha soa facción no seu rostro e sendo capaces de revelar emocións aínda nun rostro inexpresivo, escenas de batalla onde o contacto está altamente coidado e tamén un diseño de escenarios bo, aínda que isto último o menos.Sobre todo o estilo de debuxo sería un estilo cunha liña fina, “light”, con moita luminosidade o que lle queda xenial.Cómo curiosidade dicir que ao ser un manhwa coreano lese de esquerda a dereita coma os comics europeos e americanos e non coma os mangas tradicionais.

 



Falando así un pouco do final, cómpre dicir que a razón pola que veu este final tan apresurado foi porque o manwa quedo usen debuxante. Vale, ata ahí podo entender que faga falta buscar u novo(aínda que a arte de Veritas era fucking awesome ) pero o malo é que non vexo demasiada viabilidade ao proxecto dadas unas declaración do autor , aínda que a súa intención é continuar a historia.
Podo dicir que os 81 caps de Veritas se me fixeron moi curtos(a pesar de que a sigo desde case o principio e se publicou quincenalmente, xa pasou tempo diso), pero iso non deixa que é se non o primeiro, un dos meus mangas favoritos, cunha trama e un debuxo que non te deixará indeferente.Pódelo ler online en submanga ou mangafox ou descargalo en mcanime.


Nota: 9

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //