Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 12 de outubro de 2010

OVA son as siglas de Original Video Animation polo que normalmente soen ser coma o que son os omakes no manga, é dicir, episodios que non teñen que ver coa trama principal, algunhas veces cunha duración superior á dun episodio convencional.Así, como preludio da terceira temporada da miña loli tsundere favorita lanzáronse 4 OVAs.Comentarei un pouco o argumento de cada unha para que así se queres esperar directamente a meterte na terceira podes, aínda que polo menos as dúas últimas novas teñen algo de relación co que pasará na terceira temporada.Comezo.(Spoiler Alert)
OVA 1
O tema central desta OVA basicamente é o gender bender. Yuuji e Shana atopan un artefacto misterioso que fai que cambien de corpos polo que teñen que vivir un no corpo do outro ata que atopen unha solución.
Eu son bastante fan do gender bender polo que me pareceu graciosa, está chea de esceas de conteñido ecchi coma pantishots .


OVA 2
Neste caso explora a relación que existe entre Wilhelmina e Shana, xa que segundo o parecer da primeira está cada vez máis separadas.Slice of life total, a min non me gustou, xa que non ten elementos de comedi e creo que o drama está mal construído.


OVA 3 e OVA4
Póñoas xuntas porque unha é a continuación directa da outra. Ao contrario que nas outras OVAs aquí vemos un ton máis escuro e serio e sobre todo atopámonos coa novidade de Shana como heroína soa, sen Yuuji.
Polo demáis é un simple historia da caza dun tomogara o que pasa é que como só dura dous caps cóntana demasiado rápido.É interesante o epílogo que sae ao final da cuarta OVA, no que di que Yuuji e Shana separáronse e Shana retorna á cidade do mesmo.

Bueno, iso é todo.Ve as OVAs se queres máis información.Agora só queda esperar a 2011 pola terceira temporada.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //