Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 22 de agosto de 2011




Maximum Trolling!
Level E é un anime dun manga que xa se publicou fai MOITO tempo polo que en certo modo a súa liña argumental difire profundamente de cousas que se fan hoxe en día, o que non digo que sexa malo XD. É máis, o seu humor é moi fresco dándolle a volta a todo para que á fin faga graza. Adiante co argumento!
ARGUMENTO
Level E está composto de varias historias curtas de entre un e tres capítulos de duración cada unha aínda que se poden considerar como pequenas partes dunha historia maior.
Así, o anime comeza cando certo alieníxena apodado baka ouji (príncipe Parvo XD) chega á Terra . Está a escapar da xente do seu planeta polo que decide buscar axuda e atópaa nun rapaz de istituto. Así, procura dar toda a pena e ser unha persoa moi boa para que o rapaz o deixe pasar a noite, cousa que consegue.
Así, ao día seguinte , Baka-ouji compórtanse dun xeito máis natural, criticando todo o que o estudante fai e atopándose "demasiado" coma na súa propia casa, o que cabrea ao estudante e alerta a unha veciña, quen é unha rapaza de istituto que colabora agochando ao alieníxena.
Chega un punto en que Baka-ouji desaparece e a xente do seu planeta consegue reteñelo e unha cantidade inxente de alieníxenas dunha raza rival aparecen no apartamento do estudante para tomar xustiza. Sen embargo, todo era MAXIMUM TROLLING XD. Basicamente, o príncipe instalara cámaras por todo o apartamento e tiña pensado vender o programa como un show de telerealidade, sendo os alieníxenas malvados uns simples actores(alieníxenas, non obstante) e a xente que perserguía ao príncipe os da súa propia raza que intentaba collelo para que non a montase moito .
Esa é a tónica principal da maioría dos episodios, aínda que non en todos aparecen estes personaxes, hai outros , como un equipo de power rangers chamado Baka Rangers, estudantes de istituto anónimos e diferentes persoas terrestres que teñen encontros con alieníxenas que por un motivo ou outro sempre rematan con alguén troleado XD.

PERSONAXES

É complicado facer esta sección sen facer spoilers , así que só nomearei @s personaxes máis importantes de pasada dado as historias son independentes e non todos se coñecen ao comezo. Hai máis personaxes que os que poño aquí.
Por unha banda está a raza de alieníxenas á que pertence o Príncipe e os seus gardas persoais, raza de aspecto moi parecido ao dos humanos. Así, o príncipe(Baka Ouji, príncipe parvo) é o protagonista das serie sendo o nexo da maioría de historias.É un personaxe que se dedica a trolear aos demáis de todo xeito inimaxinábel, polo que ten un brilante intelecto , algo que a pesar de que o usa para o mal dalle bastante respeito por parte dos outros alieníxenas. 
Dos seus gardas persoais o máis importante, para min, é Craft(non pasan de ser secundarios), quen debexa por desfacerse do príncipe como sexa aínda que a súa misión sexa protexelo XD.

Logo atopámonos ao equipo de xogadores de "baseball"(escríboo así para poñelo o máis parecido ao manga posíbel) , sobre todo un dos seus xogadores estrela, Yukitaka. Así, Yukitaka e a súa veciña Miho son protagonistas durante varios arcos e son dous do meus personaxes favoritos.
Yukitaka acolle ao príncipe no seu apartamente aínda que logo intenta botalo polo excéntrico comportamento do príncipe, o que lle ocasionará múltiples crebadeiros de cabeza.
Outros personaxes importantes son os Baka-rangers(parodia dos Power Rangers, neste caso a tradución sería Rangers Parvos XD). Son rapaces (presumíbelmente de escola primaria) aos que o príncipe lles a uns dispositivos que lles permiten transformarse en Rangers e realizar misións que o príncipe lles encarga. 
Por último, hai unha personaxe especialmente importante no último arco chamada Lúa, quen quere casar co Príncipe(o príncipe contéstalle que "quítate deso " XD) polo que hai unha bonita batalla de troleos entre os dous XD.

ANIMACIÓN E BSO

A animación é , digamos, decente. Hai cousas que están ben feitas, coma o deseño de certas naves espaciais e alieníxenas pero por momentos parece haber baixóns de calidade.

Respeito da BSO , podo dicir que me gusta o OP , a súa melodía é moi rítmica e o tema principal da serie é altamente adictivo XD. Ademáis, ten melodías estilo "x-files" que lle dan un toque xenial.



 CONCLUSIÓN
Level E é algo diferente, un anime no que trolear é o máis importante mesturado con misterio e unha banda sonora bastante boa. Recomendábel se buscas algo diferente ou dentro do xénero de comedia.


Nota: 8.75


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //