Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 20 de agosto de 2011




Prohibido liarse con fillas dun mesmo que veñen do futuro....XD


Yomeiro Choice é  un manga de xénero ecchi(segundo mangafox máis ca iso dado que o pon para +18 , por momentos éo XD) , comedia, viaxes no tempo e sobre todo harem , polo que aparecen multitude de clichés deste xénero no manga. Non obstante, o seu argumento é innovador no senso de que polo menos hai viaxes no tempo XD e sen dúbida ten un humor bastante decente por momentos. Así, de que vai?


Conta a historia de certo rapaz chamado Saku, quen vive unha vida tranquila de estudante de Istituto cuxa vida da un xiro cando aparecen dúas rapazas afirmando ser fillas súas no futuro. Despois do WTF!? inicial Saku acepta ese feito e as rapazas comunícanlle que Saku ten que ter sexo coa nai dunha das rapazas(as nais son coñecidas de Saki) para que non desapareza a citada filla. Sen embargo, se unha filla existe a outra desaparece polo que Saku ten un dilema para decidir con cal quedarse e como resolver a situación. Así, decide que vivan xuntos ata saber o que facer.
Saku é un "chimpador nato" no futuro, xa que cada pouco aparécelle unha filla nova XD polo que o manga se volve repetitivo cara a fin do mesmo.




É un manga cun humor bastante gracioso dentro do contexto do ecchi, cun debuxo que aínda que normalmente non me impresione demasiado ten os seus momentos e a historia recoñezo que é bastante elaborada.
O final do manga é un tema aparte, xa que parece que o/a mangala decidiu rematalo un día así de socato porque en apenas tres capítulos resólvese o que non se da resolto en 38 capítulos XD e o final é demasiado previsíbel , pouco imaxinativo e falto de inventiva, na miña opinión. Vamos, que o final non me gustou XD.


É un manga que está bastante ben para ler se buscas algo ecchi pero queres unha historia un pouco diferente, pero non ofrece moito máis.


Nota: 5.6

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //