Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :xoves, 18 de agosto de 2011
Aquí vou recomendar o manga de Defense Devil, unha obra de 100 capítulos que acaba de rematar(si, quedou bastante cantoso o tema de que como levaban noventa e algo e querían chegar a 100 estiraron o tema XD).
É un obra que ao comezo prantexaba un argumento novidoso , fresco e interesante que podía gustarlle a bastantes lectores pero pronto evolucionou a algo máis parecido a un shonen de batallas que a outra cousa.Agora ven unha opinión que pode conteñer spoilers da trama:
Defense Devil conta a historia dun demo chamado Kukabara(máis ben creo que é o apelido XD) que se é un avogado . Non é o típico avogado ao uso, xa que a súa misión é demostrar que almas que están no inferno non deberían estar alí a que non cometeron asasinatos, non roubaron,.... en resumo, rebatir as afirmacións dos demos malvados que se queren quedar coas almas dos seres humanos inocentes.
Como se puido intuír, isto soa moito a Phoeniw Wright, e certamente parécese no senso de que Kukabara e o seu comañeiro Bichula dedícanse a recollar probas, interrogar testigos,... para probar a inocencia dos seus clientes.
Baixo a premisa da avogacía transcorren os primeiros capítulos do manga. Sen embargo, chega un punto do mesmo no que se empeza a afonda na cuestión de cal é a razón de que Kukabara sexa un avogado. Así, o seu irmán traicionouno no pasado e quitoulle a maior parte dos seus poderes , matando ao rei e ocupando o trono: o réxime do seu irmán é cruel e o soño de Kukabara é conseguir a suficiente materia escura(substancia que se supón que soltan as almas que lle da poder) para poder derrotar ao seu irmán.
En consecuencia do anterior, os dous membros do buffet, un coche parlante coa última tecnoloxía e unha monxa exorcista chamada Idamaría embárcanse nunha cruzada para conseguir derrotar a Legato. Debo dicir que a partir deste punto o manga xa non ten a mesma frescura que tiña antes e deixa o tema dos avogados para centrarse no que sería un shonen de batalla típico cos seus power ups e tal.
Transcorren moitos capítulos buscando a Legato ata que evidentemente acaba por atopalo e comeza a batalla. Neste punto ocorre unha revelación que para min foi bastante pésima por parte do autor(véxase similitude con spiderman 3) : Legato era bo desde un principio e só pretendía salvar a Kukabara a petición do seu pai dos anxos, que cando a batalla deles dous está no seu clímax chegan ao mundo demoníaco. Así, épicamente, ocorren unha serie de sucesos e o manga remata cun final aberto.
O único interesante do arco final foi que nos últimos 10 capítulos reveláronse montes de cousas e cada un era WTF!? xD.
Certo é que recae por momentos no ecchi, pero de forma moi pasaxeira, algo de agradecer.
É un manga de 100 capítulos relativamente ben distribuídos en inicio, nó e desenlace , todo de xeito máis ou menos liñal con algún que outro flashback polo camiño.
Os personaxes son bastantes carismáticos dentro do cast protagonista e hai un secundario(Shugarl) que me parece un dos mellores personaxes que se vin nunca, incluso mellor que o propio protagonista da historia.
Como conclusión dicir que é unha obra bastante diferente en canto a argumento, xa que posiciona aos demos no lado dos bos e mestura elementos coma os avogados cun manga de batalla. Unha moi boa lectura, aínda que se vía que ía acabar dado que a popularidade estaba a baixar porque na miña opinión o seu nivel argumental tamén o fixo. Non obstante, reitérome na opinión de que merece moito a pena lelo.

A miña portada favorita do manga
Centrándonos no apartado artístico, estamos ante un manga que ten un debuxo sobresaínte, son dignas de mención algunhas portadas(especialmente nunha que sae Idamaría en roupa interior (que poño enriba disto)), sendo o deseño dos demos dun estilo moi "fantástico" que a min me gustou moito.Certo é que recae por momentos no ecchi, pero de forma moi pasaxeira, algo de agradecer.
É un manga de 100 capítulos relativamente ben distribuídos en inicio, nó e desenlace , todo de xeito máis ou menos liñal con algún que outro flashback polo camiño.
Os personaxes son bastantes carismáticos dentro do cast protagonista e hai un secundario(Shugarl) que me parece un dos mellores personaxes que se vin nunca, incluso mellor que o propio protagonista da historia.
Como conclusión dicir que é unha obra bastante diferente en canto a argumento, xa que posiciona aos demos no lado dos bos e mestura elementos coma os avogados cun manga de batalla. Unha moi boa lectura, aínda que se vía que ía acabar dado que a popularidade estaba a baixar porque na miña opinión o seu nivel argumental tamén o fixo. Non obstante, reitérome na opinión de que merece moito a pena lelo.
Nota: 8.5
- Back to Home »
- Defense Devil , ecchi , Manga , Nota entre 8 e 9 , shonen »
- Recomendación: Defense Devil