Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :martes, 20 de agosto de 2013
Boas! Hoxe falaremos deste manga de romance con toques de comedia que se desenvolve coma un slice of life pero que ten toques de drama por momentos. Ademáis, sáese un pouco do canon deste tipo de mangas dado que ten elementos de ciencia ficción na súa trama principal. Así, de que vai?
Conta a historia dun rapaz chamado Toono, que ven como a súa vida cambia cando despois dunha gran explosión (con luces XD) a súa irmá deixa de ser ela pra converterse nunha soldado de 31 anos no futuro.Así, a trama desenvólvese de xeito que Toono namórase da soldado do futuro e esta revela datos sobre o motivo de que viaxase no tempo, que resulta ser pra evitar unha catástrofe(Máis datos sería espoiler).
O manga está bastante ben , dado que como é curto(4 volumes) non hai tempo real pra meter demasiado recheo. É unha historia de romance ben levada que ten elementos de intriga que desvela pouco a pouco, aínda que nos últimos 3-4 capítulos é onde se produce a maioría da acción.
Cómpre salientar que respeito ao tema de viaxes no tempo con cambio de corpo incluido tampouco da unha explicación conluínte sobre efectos que iso produce pero bueno, é un manga, non lle pidamos que sexa "scientifically accurate" XD.
Conclusión: manga bastante aceptable, cerca do notable.
Nota: 6.75
- Back to Home »
- Manga , Nota entre 6 e 7 , romance , Ruka to Ita Natsu , shonen »
- Recomendación: Ruka to Ita Natsu(Luka , the summer I shared with you)
Related Posts :
Manga, Nota entre 6 e 7, romance, Ruka to Ita Natsu, shonen
