Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :mércores, 28 de agosto de 2013
Boas! Hoxe falaremos de Zippy Ziggy , Manhwa de comedia que funciona como iso, comedia, pero que intenta meterese en berenxenais como son as artes marciais ou o romance en certos momentos e remata por naufragar. Imos co argumento!
Este manga conta a historia dun rapaz chamado Kang Shin-gi, a quen todo o mundo adora , dado que é guapo e ten unha personalidade moi carismática....ou non?O certo é que o verdadeiro punto forte de Kang Shin-gi, que herdou do seu pai, é o de enganar á xente e converterse no número un , algo que demostra ser capaz de facer ao pretender ser algo que non é.
Así, a súa vida "perfecta" tórcese cando unha estudante feminina chega á escola. Esta estudante, chamada Seung-hui, é unha artista marcial moi forte que pode machacar a quen queira cos ollos pechados pero debido a que é moi guapa e que, ademáis, ao igual que Kang Shin-gi agocha a súa verdadeira pasión todo o mundo pensa que é unha mosquiña morta. Deste xeito, os dous rematan por atoparse e Kang Shin.gi remata no dojo que rexenta a nai da rapaza, punto de partida da historia.
Logo a historia desenvólvese maiormente no mundo da comedia, que realmente fai graza, especialmente o personaxe de Kang Shin-gi, que é un actor tremendo pero que en realidade non sabe facer nada XD.
O último arco argumental xa merece mención aparte porque é bastante ida de olla e non ten así demasiado que ver co que é o resto do manga XD, pra min que é unha especie de "extra".
En canto ao debuxo está ben , o certo é que o autor céntrase bastante nas expresións dos personaxes, de xeito que aínda que digan unha cousa se poida saber que están a pensar outra. Ademáis, o deseño dos personaxes é bo, sen fallos.
En resumo, é unha comedia bastante fácil de ler, aínda que a medida que se achega o final do manga se volve demasiado complicada e perda a graza. Daríalle un 8.5 pero sen temos en conta os 4-5 últimos volumes a nota baixa a un 6.5.
Nota : 6.5
- Back to Home »
- Manga , Nota entre 6 e 7 , Zippy Ziggy »
- Recomendación: Zippy Ziggy
Related Posts :
Manga, Nota entre 6 e 7, Zippy Ziggy
