Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :mércores, 4 de setembro de 2013
Boas! Hoxe falaremos do manga de Naoki Urasawa chamado Monster, un que todo o mundo recomenda e di que é bo, polo que decidín lelo pra ver se é verdade ou é bastante xerado. En resumo, sí, pero agora comento máis polo miúdo.
Monster é un manga de intriga "procedimental" , con asasinatos e psicoloxía criminal como elementos principais. Así, este manga comeza con como Tenma, un renombrado doctor de éxito nun hospital alemán fártase da política de salvar á xente influínte por riba dos demáis e salva a un neno en detrimento dalguén importante. Certos sucesos(Pra non dicir spoilers) rematan con el como xefe de ciruxía pouco despois e 10 anos despois descobre que o neno que salvou é un asasino en serie que mata por diversión .Así, a historia do manga céntrase en como Tenma quere coller ao neno, chamado Johan, dado que pensa que é a súa responsabilidade.
Spoilers a partir daquí
Como se pode intuir pola pequena sinopse o elemento principal do manga é a exploración da psique humana en tódolos personaxes(Especialmente dos principais). O doutor ten un conflicto de intereses porque como médico xurou salvar á xente pero agora está decidido a matar a Johan(Cousa que, a pesar de ter varias oportunidades mo claras ao longo do manga remata por non facer) ou a irmá de Johan, unha rapaza que se sinte responsable de non ter matado ao seu irmán cando eran pequenos.
O manga explica a forma de ser de Johan como resultado de certo experimento realizado nun orfanato. Alí, entrenaban aos nenos pra ser futuros Hitlers e Johan foi o que máis sobresaíu de todos, especialmente grazas ao seu carisma. Sen embargo, tamén se deixa entrever que este feito , aínda que serviu de catalizador, non foi o único que fixo a Johan un psicópata, dado que outros supervivintes do orfanato, a pesar de ter doble personalidade ou similares non tiñan unha mente coma a de Johan.
Fin dos spoilers
A nivel de debuxo está ben, intenta ser bastante realista e alónxase dos tópicos de mulleres de peitos grandes e homes altos e fortes: intenta mostrar os diferentes grupos de persoas e estratos sociais que existían na Alemaña de finais do século pasado , pouco despois da caída do muro de Berlín, un suceso ao que se fai alusión en repetidas ocasións.
A pesar de suceder maiormente en Alemaña o certo é que a maioría da xente non ten aspecto alemán e en certo modo quérese reflexar a gran cantidade de inmigrantes que xa existían daquela época.
En resumo, un gran manga de intriga que te manterá pegado ás páxinas ata que o remates.
Non o deixes pasar.
PD: A HBO vai facer unha serie deste manga (Guillermo del Toro comprou os dereitos). Pode ser algo moi interesante.
Nota: 9.5
- Back to Home »
- Manga , Monster , Nota entre 9 e 10 »
- Recomendación: Monster
Related Posts :
Manga, Monster, Nota entre 9 e 10
