Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 13 de abril de 2012
Hoxe falarei dun manga sobre boxeo, RRR, de Watanabe Jun, sen dúbida un gran manga, especialmente se temos en conta que é do xénero dos boxeadores , algo que a min non é que me atraese nun principio. Así, por que está ben este manga se é sobre boxeadores i esa non é unha das miñas temáticas favoritas?Bueno, porque non centra toda a trama nese tema e dado que é un manga seinen tamén conta a vida dos protagonistas (tribulacións, como se soe dicir). Pasemos ao importante, de que vai?
Conta a historia de Rikitaro, un home de 27 anos que sempre tivo como soño ser unha estrela do Rock coma Jimmy Hendrix , o seu ídolo, pero que coa súa idade xa parece imposíbel dado que segue no mesmo grupo de sempre e non da despegado. Parece que está destinado a fracasar e iso consúmase cando despois dunha audición só seleccionan aos outros dous compoñentes do grupo e a el déixano fóra: nese momento decide que é hora de buscarse un novo traballo. A súa moza déixao e síntese bastante perdido, así que pide consello á súa aneki(irmá maior), quen lle recomenda que non se rinda.
Neste momento o manga da un xiro de 360 grados e pasamos dos sorrisos ás lagrimas, cando nun repentino accidente de coche a súa aneki e o home desta morren de xeito tráxico. Rikitaro está destrozado por ese feito pero ten que sobrepoñerse dado que se ten que encargar do seu sobriño Aozora, fillo da aneki falecida e que agora está só no mundo.
Despois de moitos fracasos entrevistas de traballo, unha oportunidade chama á súa porta: un reality onde dous homes normais son entrenados por un boxeador profesional e rematan competindo nun campeonato. Rikitaro non o pensa e métese no programa pra poder manter a Aozora.
Nese punto, basicamente, comeza a historia do manga. Logo móstranse diversas pelexas, moi realistas e de debuxo exquisito(coma o manga en xeral) , con caras e expresións dos personaxes realistas. Por outra banda, exclarécese a verdade en torno ao accidente da aneki de Rikitaro ao mesmo tempo.
Como conclusión, dicir que é un manga que é interesante porque trata ao boxeo non coma un deporte, senón coma unha profesión, onde os protagonistas teñen unha vida aparte do mesmo. Ademáis, as pelexas son moi realistas, nótase que hai moito traballo de documentación detrás. Manga altamente recomendado , a única pega pra min e que se volve demasiado predecíbel no seu último terzo(en total son 106 capítulos).
Nota: 8
- Back to Home »
- boxeo , Manga , Nota entre 8 e 9 , RRR , seinen »
- Recomendación: RRR