Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 6 de abril de 2010


Por fin rematou dance in the vampire bund, así que é hora de facer a crítica. Teño que dicir que desta temporada que acaba de rematar foi o anime que máis me chamou e o único xunto con railgun que seguín habitualmente.Cómpre salientar que o manga é mellor nalgúns aspectos, coma que non hai censura, pero que este anime tamén é mellor que o manga nalgúns puntos coma no ritmo que lle impoñen á serie, adaptando os capítulos do manga de forma que só aparezan as partes interesantes
ARGUMENTO: Ben este anime vai da historia da princesa Mina, a reina dos vampiros cun aspecto de nena pequena e a súa relación con Akira, o seu fiel servinte, do clan de Gaia. Akira perdeu a memoria e non recorda quen é Mina pero recupéraa e logo faise gardaespaldas de Mina , aínda que nalgúns momentos non está dacordo coas súas decisións.
Dito así parece unha típica serie de vampiros e homes lobo, pero certamente dalle un novo aire ao xénero, innova nalgúns aspctos e dalle a suficiente frescura para que normalmente sexa entretida, aína que hai momentos nos que roza o tedio.
É un anime cunha cantidade inxente de diálogos, a acción existe, pero en parte debido ao xa escrito argumento do manga e en parte porque SHAFT(o estudo que o animou) non tiña demasiados cartos a cantidade de escenas de acción non é moi elevada. Nótase isto último en cousas coma que ao ir retrasados nuun capítulo emitiron un de resumo de todo o anteior e que nos capítulos nos que acontece unha batalla ao final do capítulo a animación antes da mesma baixa considerábelmente de nivel.
Esta historia vampírica céntrase no triánglo amoroso Mina, Akira e Yuki, nas aventuras e desventuras que sofren os personaxes.Outro punto de interés é tamén o papel de Mina, coma a reina dos vampiros ten que presonar ao goberno e facer actos pouco nobles para poder construir o seu Bund(sería algo así coma distrito especial) e conseguir un lugar para que os vampiros poidan vivir, polo que abundan as conspiracións. Non só políticas, senón que hai faccións dos vampiros que non están dacordo co goberno da princesa, polo que intentan asasinala.
A animación é bastante boa, hai momentos en que é realmente boa, áinda que se nota a falta de presuposto polo que mencioniei antes. Ceo que con máis presuposto, disfrutaríamos dun anime cunha maior calidade visual, aínda que por outra banda cecáis seería malo isto último porque se centrarían menos en desenvolver a historia.
Respecto ao apartado sonoro, debo dicir que tanto opening coma ending son bos, e que as melodías que acompañan a serie no transcurso das batallas están perfectamente acopladas, danlle un  aire gótico que cadra perfectamente e fai que nos metamos máis en situación.
En contra do que se poida pensar pola imaxe, está altamente censurada e as escenas nas que algún s personaxe sae espido ou hai sangu eson escasas e tratan por tódolos medio sque teñen de eliminalas da trama .
 En resumo, Dance in the vampire bund é un anime oi recomendable, de temática vapírica aínda que con novidades o que é de agradecer.


Nota: 6

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //