Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 3 de febreiro de 2012


Cun argumento relativamente interesante( a pesar dos clichés que ten) , este manga é unha boa opción dado que a non hai demasiados mangas que tratean o mesmo tema ca este en concreto.

Así, este shojo conta a historia dunha rapaza chamada Mikoto Inui, quen vive co seu avó rico , dado que os seus pais xa morreron. Así, o seu avó está preocupado polo seu futuro polo que fai que vaia a un omiai(reunión na que se coñecen as dúas persoas dun matrimonio concertado , aínda que as persoas poden decidir non casarse despois do omiai) . Mikoto é moi reticente a ir pero cando vai atópase con que o seu futuro home resulta ser un aposto rapaz de idade similar á súa propia(ela é unha adolescente) que é moi simpatico, de xeito que Mikoto namórase del ao instante. Sen embargo, logo de que se fagan noivos, Mikoto descubre que o rapaz só está con ela polos cartos e este amenázaa por se lle ocorre contar a verdade. Como arranxará Mikoto este problema? Conseguirá atopar o amor? Le o manga e descúbreo!


Pareceume relativamente interesante a volta que lle dan ao mítico tema de "home rico cásase con muller pobre " , e teño que dicir que o manga é bastante gracioso , ten do un debuxo aceptábel. Pola súa duración(5 capítulos(4 e un extra)) , é unha obra perfecta para ler nun momento de aburrimento, unha leitura sinxela e relativamente entretida. 

Nota: 5.55


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //