Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 4 de novembro de 2011


Sharp Like An Edge Of A Samurai Sword ....
E aquí chega Samurai Champloo! Non podo dicir que é o anime definitivo, pero sí podo dicir que está na lista dos meus mellores animes con cousas como Death Note. Ahí queda iso XD.
É un anime que soe provocar na xente dous tipos de conclusións bastante diferenciadas: ou é horríbel, unha bazofia sen sentido que non é máis que xente pintando o parvo sen ton nen son OU o que eu e outros moitos pensamos: a quen se lle ocorrese a idea de mesturar hip-hop con pelexas de samurais .....fenómen@ XD.



ARGUMENTO
A historia sitúase no período Edo(1603-1868) en Xapón, unha época escura na que Xapón tiña unha política que prohibía calquera tipo de relación coa xente do extranxeiro , impedindo incluso que os barcos extranxeiros comerciasen nos portos xaponeses.
Non obstante, faise un gran contraste entre ese ambiente "retro" e cousas modernas, como son por exemplo o beatbox, o rap, os grafitis, o hip-hop, etc. Isto fai deste anime unha mestura de dúas épocas distintas que para min é un gran acerto , xa que non se mesturan de xeito separado senón que forman máis ben unha amalgama na que predominan as cousas do período Edo.

Vale, así, de que vai a historia? É a historia dunha viaxe ao estilo das road movies , que os tres protagonistas realizan.
Fu, unha rapaza orfa que vive cos seus tíos sempre tivo unha idea na cabeza: ir en busca daquel que chaman o Samurai dos xirasois, pero nunca se deu decidido dado que a viaxe sería longa e perigosa para unha moza coma ela. Sen embargo, por cousas do destino coñece a Mugen, un samurai con pintas bastante modernistas, de carácter salvaxe e que pelexa usando unha mestura de ataques coa espada e algo así como breakdance e Jin, o samurai errante, un fuxitivo que matou ao mestre do seu dojo e agora anda a recorrer o mundo. Así, Jin e Mugen rematan presos e van ser executados pero Fu sálvaos(daquela maneira XD). O caso é que lles propón un trato: fará unha tirada dunha moeda ao aire, se sae cara acompáñana na viaxe para buscar ao Samurai dos xirasois e se sae cruz poden facer o que queiran(ou ao revés , non o recordo XD). O caso é que a sorte di que teñen que acompañala na viaxe e así comeza esta aventura.

Hai personaxes e feitos reais aínda que están adaptados, coma por exemplo a aparición de Mariya Enshirou ou as pinturas Ukiyo-e .
Na serie predomina o humor e a acción, sendo a maioría dos caps dirixidos cara esta fin aínda que non falta o drama, sobre todo nos momentos finais e reflexións sobre diversos temas, coma a relixión(fálase do cristianismo, que daquela era perseguido;tamén de certas "persoas" que ven Mugen cando está apunto de morrer) ou o senso da vida mesma. Hai unha frase moi boa sobre isto no op da serie: The ultimate reward is honor not awards , que siñifica, a mellor recompensa é o honor e non os premios, algo que se tende a esquecer.


O final do anime....bueno, non podo definilo como un bad ending, pero despois dunha das últimas conversas que teñen os protagonistas o destino dos mesmos non é o que un espera.




PERSONAXES
Hai un número importante de personaxes , sobre todo secundarios. A tónica dos capítulos facilita a inclusión de subtramas dentro da viaxe principal de buscar ao samurai que recende coma os xirasoles, polo que hai moitos personaxes que son importantes nun capítulo pero que nunca máis volven aparecer. Así, falarei do trío principal e comentarei un pouco a outros personaxes que me parezan relevantes.

Mugen: moitas veces co sobrenome de vagabundo, Mugen é un personaxe landrán, bruto e sen modais, que nunca foi a un dojo para aprender a loitar pero sen embargo faino bastante ben usando un estilo que combina movementos de breakdance con ataques de espada. Cómpre salientar que é alguén que a pesar de non notárselle demasiado músculo ten un forza lendaria, sendo capaz de romper rocas xigantes cunha pelora de béisbol XD.
A súa espada non é o prototipo de katana xaponesa e achégase maís a un estilo europeo aínda que moito máis lixeira cas deste tipo.Así, é unha espada máis ou menos longa e delgada, con dobre fío e fácilmente manexábel.


Jin: co sobrenome de samurai errante, é o típico gentleman xaponés que procura seguir o código de honor dos samurai o máis que pode, tendo especial predilección en axudar a damiselas en apuros. É un bishonen(home moi guapo), polo menos para Fu, quen sempre anda a dicir que é moito mellor que Mugen.
A pesar do anterior, está buscado polo goberno xa que asasinou ao mestre do seu dojo por motivos que non se coñecen ao comezo da historia pero que despois si.
O seu estilo de loita é máis tradicionalista, usando unha katana tradicional xaponesa con filo por un lado só, sendo un arma moi rápida que xunto coa velocidade de Jin convírtese nun arma temíbel.
Mugen e Jin téñense respeito dado que ven que son excelentes guerreiros polo que deciden ter unha pelexa a morte á final da súa viaxe.

Fuu: adolescente de 15 anos que perdeu á súa nai recentemente e que cando coñece a Jin e a Mugen atopa a forza necesaria para emprender a viaxe en busca do samurai dos xirasoles.
É unha rapaza de bo corazón que sempre axuda aos débiles no que pode .
Como capacidade especial, pódese destacar a súa habilidade para comer , xa que pode comer maís que un cento de persoas a pesar do seu corpo esbelto.
Sempre a acompaña un esquío voador chamado Momo, que é extraordinariamente listo e que se pode comunicar mediante xestos con Fuu.

Os anteriores son os trío protagonista. Hai algúns personaxes que me pareceron especialmente interesantes, tal sexa o caso de certa muller coa que teñer que pelexar en certo momento que a pesar de ser cega é unha excelente loitadora, certo samurai que é xardineiro e probábelmente un dos máis poderosos de todo o anime, algúns secundarios que aparecen no capítulo no que xogan ao béisbol,.....Hai moitos, pero a maioría aparecen nun só capítulo polo que é difícil quedarse con todos XD.






ANIMACIÓN E BSO

Para comprender o estilo de animación, tanto no deseño de personaxes coma de escenarios é necesario ter en conta que está baseado no hip-hop, polo que os movementos son moi fluídos, tal se estivesen bailando a pesar de que os seus movementos non son de baile . As cores axudan a dar esa sensación de dinamismo, cun deseño de personaxes realista no que non se enfatiza o busto das féminas e cun traballo de deseño de vestuario e armas bastante currado.
Este anime está moi ben pero polo que o espectador o recordará, sobre todo, é pola música. Un brilante opening serve para introducir cada capítulo, de estilo rap e cunha boa letra, ademáis de detalles coma o de substituír os beep que soan ao censurar por sons de rap e outros efectos así.




CONCLUSIÓN

Mola.Moito.Un must-see en toda regla aínda que non che guste o xénero dos samurais ou penses que cousas tan diferentes é imposíbel que liguen ben. Equivócaste XD.

Nota: 9.25

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //