Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 17 de febreiro de 2012


Hoxe non falaremos de anime como tal, aínda que así de animación. Así, comentarei esta película de animación en 3 dimensións baseada no célebre personaxe de Hergé ,Tintín. Así, de que vai esta película?

Esta película sitúase aos comezos da historia de Tintín, cando este comeza a ser coñecido polas hazañas como reporteiro en París.
A historia comeza cando Tintín sae a pasear xunto co seu cadelo Milú e atopa certo posto de antigüidades. Nel ven algo que lle chama a atención, unha maqueta dun barco moi ben feita, chea de detalles. Acto seguido, decide comprar a maqueta a pesar das insistencias dun home que intenta recomprar a maqueta a Tintín, sen que esta ceda. 
O anterior é o detonante dunha cadea de acontecementos que levará a Tintín por todo o mundo, xa que ese barco contén unha das pistas necesarias para topar un gran tesouro.
Na aventura acompañará a Tintín a partir de certo punto da historia o capitán Hadoc, quen se mostra retratado coma un home arisco e insociábel, con problemas co alcohol e que perdeu a chaveta pero que logo de deixar o alcohol decide axudar a Tintín no seu propósito.


A nivel artístico é unha película sublime: as luces e as sombras están moi ben detalladas e serven para realzar os rostros d@s personaxes nos momentos precisos.
Se falamos de deseño de personaxes, atoparémonos con que non só de todo fieis ao estilo mostrado por Hergé, sobre todo Tintín, aínda que unha vez afeitos ao cambio nótase que se puxo moito empeño en capturar as expresións dos personaxes en cada momento, sendo especialmente boas as expresións de tristeza.
A película desenvólvese en moitos escenarios diferentes, dende pequenas habitacións de París ata amplos desertos no Sáhara, non perdendo o seu selo de calidade en ningún momento mostrándonos construcións realistas cunha física ben lograda, como se observa por exemplo no caso de explosións de fachadas.


 En resumo, unha película imprescindíbel para todo fan de Tintín e para o público en xeral, cun deseño de personaxes e de escenarios brilante e cunha historia adaptada dun comic dun xeito máis que satisfactorio.


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //