Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :luns, 22 de agosto de 2011
Esta película conta cal foi a primeira aventura que o Profesor e Luke correron xuntos. Para os que non estén moi postos no tema, Hershel Layton é un profesor de arqueoloxía e erudito que se dedica a resolver puzles e atrapar aos malvados e Luke é o seu aprendiz, quen ten a habilidade de falar cos animais.
Así, Luke é o profesor rememoran mediante un flahsback cal foi a súa primeira aventura. Todo se remonta a cando o profesor recibe certa invitación dunha ex-alumna súa chamada Janice, quen é cantante de ópera polo que son invitados a unha ópera. Sen embargo, Janice dilles que a verdadeira razón pola que os chamou é que pensa que unha amiga súa se reencarnou nunha nena pequena.
Así, Luke e o Profesor son arrastrados a unha aventura con moitos puzles , acción , e en resumo ao estilo Layton.
A película como película de animación está ben , e se temos en contra os xogos podo dicir que capta bastante ben a esencia dos mesmos aínda que debo dicir que o argumento é floxo en comparación co argumento dos xogos da ds.
Vin a película en audios español de españa e as voces son as mesmas que no xogo, un gran acerto xa que é un elenco excelente aínda que se perda o acento británico de Layton da versión inglesa.
Seguindo coa música, soan tódalas melodías míticas dos xogos , gran acerto.
En resumo, é unha pelíxula de animación que non é gostará aos amantes da saga de videoxogos, senón tamén a quen lle guste o anime en xeral.
Nota: 7.5
- Back to Home »
- Anime , Layton , Nota entre 7 e 8 , videoxogos »
- Recomendación: Professor Layton and the Eternal Diva