Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 27 de outubro de 2011



Tío namorase de si mesmo vestido de tía...WTF!?
Si, certamente, este manga ten unha paranoia de argumento que da bastante xogo dramático e non recorre ao típico humor ecchi fácil. É unha obra de corte seinen , destinada claramente a un público adulto polo seu intrísneco argumento e os seus personaxes ben definidos(especialmente o protagonista) que intentan escpar dos clichés. Así, de que vai?

Bueno, pois este manga é un crossdressing. Así, conta a historia dun rapaz que a pesar de que non lle gustaba vestirse de muller , unha vez que é obrigado a facelo comeza a gustarlle e convírtese nun hábito que segue mantendo na súa época de istituto, época onde comeza o manga.
O protagonista divide a súa personalidade en dous, algo así como un trastorno de personalidade múltiple, tendo a súa personalidade masculina que lle gustan as rapazas e a súa personalidade feminina que se dedica a axudar a rapazas e incluso se namora de rapaces(hai que ter en conta que o seu "disfraz" suponse que é perfecto e case ninguén o da recoñecido en todo o manga).
Esa personalidade dual provócalle un gran conflicto interno ao protagonista que se prantexa quen é el realmente, polo que pouco a pouco decide alonxarse do seu "eu" feminino pero non lle será fácil.
Neste manga tamén se trata o tema do amor adolescente e amor infantil, xa que hai certa rapaza que ao comezar o manga é moi pequena que está namorada do protagonista e este ódiase a si mesmo por querer facer o amor cunha cría polo que busca unha moza da súa idade para desafogarse, quen non é máis que un xoguete para el.Ela sábeo, pero aínda así, non soporta a idea de que o protagonista a deixe polo que compite coa nena a ver quen remata con Nori(o protagonista).


É un manga cun alto contido dramático, que explora a complexidade das relacións humanas e as súas consecuencias, presentando trastornos de personalidade, traumas infantís, amor platónico,........
Non é o típico manga, pero debo dicir que me gustou bastante a pesar de que a trama é un pouco "complicada" e por momentos chega a volverse incluso "aburrida".
É un slice of life, polo que realmente non hai demasiado desenvolvemento da historia e o final mesmo non se pode considerar puramente un final(é aberto XD).


En resumo, vale a pena fixarse nas súas virtudes que o converten nun manga que a pesar de que pode parecer aburrido ten un trasfondo dramático único que o fará interesante.

PD1: O título non é ao azar e o de  Yubisaki Milk Tea descúbrese , pero moi avanzado o manga.
PD2: Ten esceas de sexo explícito así como outras actividades sexuais, especialmente nos últimos capítulos.


Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //