Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 30 de outubro de 2011


Vale, na primeira entrega comentei un pouco o que me pareceu a tempada un e tal así que agora vouvos mostrar uns vídeos de youtube(en inglés, si, pero poñerei un pouco de que van XD) que mostran os extras desta primeira tempada,algunha entrevista,.....COMEZAMOS!Imos primeiro con Chuck Extra, Extras do DVD da primeira tempada de Chuck.Vai o link de cada un a youtube e unha pequena descripción do que falan, non son transcripcións, só pequenos resumos (Perdón por faltas de ortografía e sobre todo de puntuación, cecáis os textos sexan un pouco inconexos por momentos pero fan ben o papel de resumir un pouco do que falan XD):
:

PARTE 1http://youtu.be/9S7mAAKCW4w




Primeiro preséntanse (bromas sobre quen é cada un XD) Zachary Levi di que van falar un pouco sobre a serie e sobre os actores.
Falan sobre o club(pub ou así) visto no piloto onde Chuck e Sarah van na súa primeira cita . Din que algo pouco coñecido é que había outra personaxe no show que era veciña de Chuck e un posíbel interés amoroso e que CHuck estaría no club para impresionar a dita muller(creo entender que se chamaría Keila ou algo así XD)
Pero din que con Sarah foi suficiente á fin.
Din a escea captura bastante ben a esencia do show dado que CHuck ten cara de : "a miña vida cambiou e agora é pura diversión XD"
mentres Sarah se carga a algunhas persoas con coitelos voadores ao despiste(grandísima escea XD) .
Logo falan do que lles mola Chuck vs thw undercover lover(din que é gracioso, de acción, falan da escea na que Chuck e Casey pelexan atados un ao outro espalda con espalda e Zachary di que estivo xenial LOL
Di que cambiaron un pouco a escea co final ese de saltar polo balcón.




PARTE 2
http://youtu.be/_AmrQkKSvpo

Comezan falando de Chuck vs the Nemesis  rinse do que fai Morgan na escea que mostran. 
Din que tiveron que contratar moitos extras para o Black Friday para que parecera realista.
Falan tamén do momento no que Anna Wu tira da alarma de incendios e todos saen da tenda ante a desesperación de Big Mike, que din que é unha gran actuación.
Zachary di que escahca a rir cando ve a Morgan Saltar da mesa do compra máis XD.
Logo falan de Chuck vs the imported Salami
Din que ela(Yvonne) estaba nerviosa pero que aínda así pareceu real o bico que se deron. 
Alaban a actuación de Zachary Levi nese momento.
Vacilan a Zachary sobre o movemento que fai ao bicar a Sarah Walker e Zachary conta que Yvonne pensa que o fixo intencionadamente pero Chuck di que non e que influiu o famento que estaba e que pasaba por alí alguén con comida XDDDDDDD.


PARTE 3
http://youtu.be/NBlaybwGs_k
Comezan falando de Chuck vs the Tango, que din que o capítulo era un intento de meter un pouco de acción no Buy More. Un bo intento XD.
Falan do personaxe asiático (que non recordo como se chama), vacilando de como era un gran inimigo e tal XD(Recordo que ese personaxe era un asiático que traballaba de director adxunto no Buy More i era un inimigo porque non lle deixaba montala aos colegas de Chuck XD).
Logo falan de Lorena que fixo de Malena e din Damn girl! XDDDD
Falan do momento no que parece que Chuck gaña deixando pechado ao matón e logo non e así, pecha os seus ollos e prepárase para o peor....pero Casey sálvao XD.
Logo ven o episodio Chuck vs The Sandstorm(capítulo do disfraz ese XD). Compara un pouco con certo episodio de OC XD.
Falan dos disfraces de Yvonne e Sarah Lancaster(Sarah e a irmá de Chuck respectivamente).


PARTE 4
http://youtu.be/pqhu6RYFV-Y

Comezan falando de Chuck vs the undercover lover, de que hai un pouco de pelexa entre Captain Awesome e Ellie, dos problemas de parella. Falan do papel de Morgan como psicólogo escoitando a Ellie e ao Capitán. Zachary di que os guionistas fixeron un estupendo traballo poñendo esa presión alí.
Estes, comentan que Morgan intenta axudalos realmente, que a pesar de que lle gusta Ellie intenta ser un gentlemen a pesar de todo.
Logo dalan de Chuck vs the Marlin, do graciosos de que Jeff e Lester, da súa dinámica especialmente nese episodio. Zachary di que o facían tan ben que lle resultaba difícil miralos aos ollos porque escachaba de risa XD.
Poñendo Casey no Buy More é un acerto, polo tema de traballar con geeks coma eles.
Logo comentan que na comedia é importante manteñerse fresco, porque hai actores que se volven moi repetitivos, buscando novos modos de facer comedia modificando aquí e alí; que é moi difícil ser gracioso cada vez. O actor que fai de Morgan fai un chiste sobre cando contan algo gracioso e ninguén se ri e imita o son  dun grilo XD e comenta o aliviado que se sinte cando oe o Corten! depois diso.


PARTE 5
http://youtu.be/S1IHdQfFwJQ
Falan de Chuck vs The Marlin, da oportunidade que supuxo para mostrar un pouco do Buy More.Zachary Levy di que foi divertido rodar no Buy More así xa que lle recordou aos días nos que non hai escola pero ti vas e topas o sitio vacio , non sabes cara onde ir XD.
Logo ven Chuck vs the Nemesis, falan do que o actor que fai de Bryce Larking ten todo, é guapo, ten bo corpo,etc. Incluso di que é un gran tío XD. Continúan falando disto cando rememoran a escea na que están todos á mesa na cena e que foi unha escea moi dificil de rodar, con todo o elenco xunto cos seus pequenos momentos, algo bastante divertido. Todo iso fixo centrarse no tema de que son unha familia, un tema moi importante no show.
Lofo falan do Piloto, o primeiro da serie. Os guionistas din que foi bastante difícil decidir como comezar a serie, se con acción, con festa,.... que o tema é que tivera que ver cos personaxes, non coa serie realmente.
Falan da escea (primeira) do show na que Chuck e Morgan están no segundo piso. Foi como unha introdución din.

PARTE 6
http://youtu.be/S1IHdQfFwJQ
Falan do episodio piloto, do fantásticas que era a banda de mexicanos XD. Zachary que eran moi profesionais, especialmente o do baixo. O que fai de Morgan di que lle gusta a escea tamén XD.
Logo falan da escea na que Chuck e Sarah falan na súa "cita".
Logo falan de Chuck vs the sandworm , da escea onde hai unha persecución e Chuck remata saíndo despedido no asento XDDDD. Zachary di que aquelo parecía transformers XDD. Zachary di que se nota que é fake pero que o traballo final foi moi bo .
En conclusión , Chuck di que eles gañan e os creadores din que llo deixan á audiencia XD. Logo agradecen por ver o extra do DVD e tal XD


E XA ESTÁ. Nin vos podedes imaxinar o tempo que leva isto en borrador...ou si XD. O caso é que aquí remata o post de extras da season 1. Acaba de comezar a season 5, así que antes de que remate procurarei comentar algo das temporadas 2,3 e 4 poñendo algún extra pero nun só post ou en dous como moito(si , tiña pensado un post por temporada pero creo que será mellor escribir algo máis resumido e facer unha especie de mestura XD).Ata máis ver!




Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //