Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 5 de novembro de 2010



NOME: Because I'm the goddess (Kamisama Damono)
Nº CAPS: 19(Completa)
Nº TOMOS: 3
AUTOR. Shamneko
XÉNERO: ecchi, romance, comedia, magical girls

Because I'm the Godess é un manga bastante lixeiro deler, con situación cómicas e ecchis que están bastante ben. Basicamente vai de que unha especie de deidade chega á Terra e ten como misión conseguir unhs espírios escuros que habitan no corazón das persoas , xa que se os consegue todos será unha deusa completa.Así, conta coa axuda de Aoi, un rapaz que acaba convertíndose no seu esclavo e que a axuda a loitar xa que pode ser usado como arma coa maxia de pandora.
Así, atopámonos ante unha obra nin demasiado longa nin demasiado curta, a historia ten a duración xusta o que é de agradecer.Ademáis, non decae , é dicir, se che gusta gústache desde o principio ata o final, non ten altibaixos así moi notábeis.
O punto máis forte serían as situación cómico-ecchi entre o protagnoista e a deusa , que son moi graciosas, aínda que ten algunha que outra escena de pelexas non son nada do outro mundo xa que ese tampouco é o obxectivo principal do manga.
Se falamos de como remata, creo que é un final bo, se deixar cabos soltos.Isto non quere dicir que non deixen unha sensación de continuará(coma case tódolos manga) pero polo menos resolve.E iso xa é moito.

Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //